A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2025, a través da Orde do 19 de decembro de 2024 as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2025).
Por Resolución do 14 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, publicase a Resolución do 11 de abril de 2025 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 19 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril de 2025).
O artigo 17 da orde de convocatoria establece a data límite para a presentación da xustificación dos gastos e do cumprimento das accións do proxecto subvencionado para o día 8 de novembro de 2025.
Así mesmo, no dito artigo 17 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.
Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.
O artigo 17.5 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.
Así mesmo, o artigo 15 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 4 de decembro de 2025, no cal se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.
2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño e co artigo 45 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.
3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas
Convocatoria: Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).
Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de xullo de 2024.
Data do acto: 4 de decembro de 2025.
Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.
Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño e co artigo 45 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Relación de expedientes:
|
Nº expte. |
Solicitante |
NIF da entidade |
Documentación requirida |
|
BS320A 2025/006 |
Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal |
G27727593 |
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a) |
|
BS320A 2025/017 |
Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra |
G36704195 |
– Memoria explicativa das actividades realizadas (artigo 17.2.a): revisar a mención á consellería responsable da orde |
|
BS320A 2025/023 |
Concello de Padrón |
P1506600D |
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a) |
|
BS320A 2025/028 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a) |
|
BS320A 2025/029 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a) |
|
BS320A 2025/035 |
Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado |
P3604200J |
– Memoria explicativa (artigo 17.3.a) |
|
BS320A 2025/037 |
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental |
G15983570 |
– Memoria explicativa das actividades realizadas (artigo 17.2.a) |
|
BS320A 2025/041 |
Asociación Altaír Galiza |
G27439124 |
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a) |
|
BS320A 2025/043 |
Asociación Grupo Scout Ilex |
G32466187 |
– Memoria económica: engadir os pagamentos ás persoas voluntarias |
|
BS320A 2025/047 |
Asociación Sustinea |
G32422834 |
– Memoria explicativa das actividades realizadas (artigo 17.2.a) – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a) |
|
BS320A 2025/054 |
Concello de Mos |
P3603300I |
– Informe de Intervención (artigo 17.3.d.1º.3) |
