DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64453

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2025, a través da Orde do 24 de marzo de 2025, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior (Diario Oficial de Galicia número 66, do 4 de abril).

Por Resolución do 22 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, publicase a Resolución do 21 de xullo de 2025 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 24 de marzo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 144, do 30 de xullo).

Por Resolución do 27 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, publícase a Resolución do 26 de agosto de 2025, de concesión complementaria para o procedemento BS508C de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior (Diario Oficial de Galicia número 170, do 4 de setembro).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece a data límite para a presentación da xustificación dos gastos e do cumprimento das accións do proxecto subvencionado para o día 8 de novembro de 2025.

Así mesmo, no dito artigo 17 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 17.5 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá á entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 4 de decembro de 2025, no que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025.

Data do acto: 4 de decembro de 2025.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº expte.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508C 2025/001

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

– Certificado das horas e dos días de voluntariado de Rosa nos proxectos de Voluntariado Sénior e Talento Interxeracional
– Xustificante de pagamento dos gastos do voluntario Xosé Manuel

BS508C 2025/015

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a)

BS508C 2025/028

Concello de Mos

P3603300I

– Informe de Intervención (artigo 17.4.d.1º.3)
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a)

BS508C 2025/037

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Memoria explicativa (artigo 17.3.a)
– Seguros de responsabilidade civil e de accidentes das persoas voluntarias (artigo 4.1.c)
– Informe de Intervención: revisar sumatorio.
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a)

BS508C 2025/040

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

– Memoria explicativa das actividades realizadas (artigo 17.2.a.)
– Memoria económica (artigo 17.2.b)
– Anexo II (artigo 17.2.c)
– Anexo IV, xunto coa documentación establecida no artigo 17.2.d)

BS508C 2025/044

Asociación Altaír Galiza

G27439124

– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a)