DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64868

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e ás asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR321A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Segundo o artigo 11 da Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025, publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación, o que producirá os efectos da notificación.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

RESOLVE:

Dar publicidade á Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e ás asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR321A), que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015)
Silvester José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandería Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR321A).

b) Financiamento das axudas con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.712C.481.1 (proxecto 2013.00635).

c) Crédito orzamentario: 700.000 euros.

d) Establecemento da contía da axuda:

1. Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:

a. Partida 1: para subvencionar as organizacións profesionais agrarias, dotado co 80 % do crédito.

b. Partida 2: para subvencionar as asociacións agrarias, dotado co 20 % restante do crédito.

Porén, os fondos asignados poderán transvasarse parcialmente dunha partida á outra, se é que nunha delas non se consumen completamente.

2. A contía das axudas consistirá nunha prima base de 20.000 €, que se incrementará consonte os seguintes valores, en canto non se esgote o orzamento da partida correspondente:

a. Organizacións profesionais agrarias que tramitaron máis do 2 % de solicitudes PAC de Galicia da campaña 2025 e outras asociacións agrarias que tramitaron máis do 1 % destas solicitudes: 50 € por cada solicitude tramitada a partir destes limiares, ata un máximo de 150.000 €.

b. Entidades con máis dun representante nos consellos reguladores de Galicia: 5.000 € por cada representante a partir do sexto no caso das organizacións profesionais agrarias e do primeiro no caso das outras asociacións agrarias, ata un máximo de 100.000 €.

c. Entidades con máis dunha oficina de atención permanente ao público en Galicia (cinco días á semana durante un ano no período do artigo 5): 10.000 € por cada oficina adicional, ata un máximo de 50.000 €. As oficinas situadas no mesmo concello terán a consideración dunha única oficina para os efectos desta orde.

Ao resto dos fondos dispoñibles aplicarase o rateo ata esgotar o orzamento.

3. Cada unha das partidas do punto 1 terá un rateo independente.

4. O importe das axudas non poderá ser superior ao custo das actividades subvencionables.

e) A finalidade das axudas concedidas é a realización de actividades de representación e de formación das persoas asociadas das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e das agricultoras galegas en xeral.

f) Entidades beneficiarias:

1

Organizacións

profesionais

agrarias

S.U. PAC 2025

Custos

xustificados

Nº de representantes

Nº de oficinas

Prima base

Prima PAC

Prima de

representantes

Prima de

oficina

Prima total

xustificada

Custos non

cubertos

Rateo sobre custos non

cubertos

Rateo sobre a prima total xustificada

Total

UUAA

4.443

417.224,56 €

22

7

20.000,00 €

150.000,00 €

85.000,00 €

50.000,00 €

305.000,00 €

112.224,56 €

298.106,29 €

298.106,29 €

Asaga

243

229.978,62 €

29

4

20.000,00 €

100.000,00 €

30.000,00 €

150.000,00 €

79.978,62 €

146.609,65 €

146.609,65 €

SLG

1.108

157.543,07 €

8

15

20.000,00 €

32.950,00 €

15.000,00 €

50.000,00 €

117.950,00 €

39.593,07 €

115.284,06 €

115.284,06 €

Subtotal

5.794

804.746,25 €

572.950,00 €

231.796,25 €

560.000,00 €

560.000,00 €

Sobrante para ratear

% de rateo sobre a prima total de custos xustificados

97,739767868051

2

Asociacións

agrarias

S.U. PAC 2025

Custos

xustificados

Nº de representantes

Nº de oficinas

Prima base

Prima PAC

Prima de

representantes

Prima de oficina

Prima total

xustificada

Custos non

cubertos

Rateo sobre

custos non

cubertos

Rateo sobre a prima total xustificada

Total

Agromacen

566

158.719,72 €

0

1

20.000,00 €

17.100,00 €

37.100,00 €

121.619,72 €

18.577,52 €

55.677,52 €

Xeagro

487

144.312,21 €

0

2

20.000,00 €

13.150,00 €

10.000,00 €

43.150,00 €

101.162,21 €

15.452,62 €

58.602,62 €

Xeruga

264

46.352,43 €

0

1

20.000,00 €

2.000,00 €

22.000,00 €

24.352,43 €

3.719,86 €

25.719,86 €

Subtotal

1.317

349.384,36 €

102.250,00 €

247.134,36 €

37.750,00 €

140.000,00 €

Total

7.111

1.154.130,61 €

Sobrante para ratear

37.750,00 €

% de rateo sobre os

custos non cubertos

15,2750916545963

Total 2025

22.443

Total

700.000,00 €

g) Solicitudes denegadas:

Expediente

NIF

Nome

Causa da denegación

MR321A_2025_005

F70509096

Asociación de Amistad con China

Incumpre o artigo 4.3

h) Recursos administrativos:

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública,s ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.