Conforme o disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, no artigo 20 da Lei 31/2022, do 24 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 (BOE núm. 308, do 24 de decembro), prorrogado no ano 2024, e que continúan na mesma situación actualmente, o artigo 12.Un da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (DOG núm. 251, do 31 de decembro de 2024), disponse: «Durante o ano 2025, só se poderá proceder no sector público delimitado no artigo anterior, e no marco do disposto ao respecto na lexislación básica estatal, á incorporación de novo persoal con suxeición aos límites e aos requisitos establecidos na normativa básica que se estableza ao respecto e, en particular, no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos»,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar a oferta de emprego público do persoal docente e investigador da Universidade de Vigo para o ano 2025.
Segundo. Esta oferta de emprego público inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo.
Terceiro. As convocatorias dos concursos de acceso derivadas desta oferta publicaranse no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, para garantir a publicidade exixida nos artigos 71.1 e 86.1 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e executaranse dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 12 de decembro de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
Manuel Joaquín Reigosa Roger
P.S. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Mª Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
ANEXO I
Oferta de emprego público do persoal docente investigador da Universidade de Vigo para o ano 2025
Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios:
|
Categoría |
Prazas |
|
Profesorado catedrático de universidade |
1 praza (15 %) destinada á incorporación de persoal investigador doutor que obtivese o certificado R3 de conformidade co artigo 22.3 da Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, ou superase unha avaliación equivalente á do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (I3) |
|
Categoría |
Prazas |
|
Profesorado titular de universidade |
39 (9 prazas (15 %) destinaranse á incorporación de persoal investigador doutor que obtivese o certificado R3, de conformidade con artigo 22.3 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, ou superase unha avaliación equivalente á do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (I3)) |
Persoal docente e investigador permanente laboral:
|
Categoría |
Prazas |
|
Profesor permanente laboral |
32 |
Quenda de promoción interna:
En aplicación do disposto no artigo 71.2 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, inclúense na OEP para o ano 2025 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:
|
Categoría |
Prazas |
|
Catedrático/a de universidade |
30 |
