DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO referente á convocatoria e ás bases para cubrir en propiedade unha praza de coordinador/a de protección civil.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 117, do 20 de xuño de 2025, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, en quenda restrinxida de promoción interna, dunha praza de coordinador/a de protección civil, persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2025.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña número 151, do 11 de agosto de 2025, e número 218, do 13 de novembro de 2025, aparecen publicadas emendas das ditas bases reguladoras.

As instancias en que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 13 de novembro de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente