O 16 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J) e o 30 de outubro de 2025 publicouse a Resolución do 27 de outubro de 2025 pola que se amplía tanto o prazo de execución das actuacións como o de xustificación establecidos pola Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J), en virtude da cal se amplía o prazo de execución e xustificación ata o 30 de xuño de 2026.
Mediante Resolución do 4 de decembro de 2025 reaxústanse as anualidades da dita convocatoria.
O artigo 2.6 das bases reguladoras establecidas pola Resolución do 4 de abril de 2024 establece a posibilidade de ampliar excepcionalmente o orzamento dispoñible para o financiamento da resolución en determinados supostos, de acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Dado o elevado volume de solicitudes de subvencións presentadas e resoltas e coa finalidade de facer partícipes da subvención ao maior número de persoas beneficiarias posibles, cómpre ampliar na contía de 1.417.523,22 €, con remanentes procedentes do crédito inicial previsto para a convocatoria de subvencións para a adquisición de bicicletas e patinetes eléctricos, así como para a dotación de estacións de reparación e puntos de recarga, no territorio das Rutas do Viño de Galicia, o importe do crédito destinado ás axudas da liña 1 que se poderán conceder ao abeiro da referida resolución, ao tempo que se pasa parte dos importes inicialmente previstos nas liñas 2 e 4, que non se van executar, ás liñas 1 e 3, todo isto de acordo co establecido na acta do 24 de outubro de 2025 da Comisión Bilateral entre a Secretaría de Estado de Turismo e a Comunidade Autónoma de Galicia, ao tratarse dunha convocatoria financiada pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Segundo o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
RESOLVO:
Artigo único
1. Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J), na contía de 1.417.523,22 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, proxecto 2022 00001. Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 3.708.000,00 €.
|
Crédito |
Liña |
Importe anualidade |
||
|
2024 |
2025 |
2026 |
||
|
Inicial reaxustado |
1 |
107.020,49 € |
0,00 € |
1.437.856,29 € |
|
Inicial reaxustado |
2 |
0,00 € |
0,00 € |
320.000,00 € |
|
Inicial reaxustado |
3 |
0,00 € |
0,00 € |
120.000,00 € |
|
Inicial reaxustado |
4 |
0,00 € |
0,00 € |
305.600,00 € |
|
Total anual inicial reaxustado |
107.020,49 € |
0,00 € |
2.183.456,29 € |
|
|
Inicial reaxustado + ampliación |
1 |
107.020,49 € |
0,00 € |
3.192.979,51 € |
|
Inicial reaxustado + ampliación |
2 |
0,00 € |
0,00 € |
20.000,00 € |
|
Inicial reaxustado + ampliación |
3 |
0,00 € |
0,00 € |
200.000,00 € |
|
Inicial reaxustado + ampliación |
4 |
0,00 € |
0,00 € |
188.000,00 € |
|
Total anual final (inicial reaxustado + ampliación) |
107.020,49 € |
0,00 € |
3.600.979,51 € |
|
|
Crédito total final (inicial reaxustado + ampliación) |
3.708.000,00 € |
|||
2. Esta modificación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
