DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66017

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2025 pola que se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

O 17 de novembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

A Resolución do 3 de xullo de 2024 (DOG núm. 133, do 10 de xullo) amplía o crédito orzamentario existente na Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

A Resolución do 27 de outubro de 2025 (DOG núm. 210, do 30 de outubro) amplía tanto o prazo de execución das actuacións como o de xustificación establecidos pola Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto, ata o o día 30 de maio de 2026.

Unha vez ampliado o prazo de presentación de execución e xustificación, e logo de estudar as solicitudes presentadas ata o momento, comprobouse que é preciso minorar o crédito previsto para as anualidades 2024 e 2025 e incrementar o importe que se minora na anualidade 2026.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito dispoñible establecido no artigo 2 das bases reguladoras da Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H), modificada pola resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario existente, que terá a seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

2024

2025

2026

04.A2.761A.770.0

0,00

165.477,55 €

5.191.626,23 €

Tendo en conta o reaxuste de anualidades, o crédito resultante tería a seguinte distribución:

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Liña 1

0,00 €

165.477,55 €

3.643.072,34 €

Liña 2

0,00 €

0,00 €

1.237.859,40 €

Liña 3

0,00 €

0,00 €

310.694,49 €

0,00 €

165.477,55 €

5.191.626,23 €

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 44 e 45.3 LPACAP.

Terceiro. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia