Esta Axencia, á vista do escrito presentado por Bankinter, S.A. en que se comunica que, con data do 1 de abril de 2025, se produciu a fusión por absorción de Evo Banco, S.A.U., por parte de Bankinter, S.A, e culminou o proceso de integración tecnolóxica con data do 11 de xullo de 2025, desaparecendo esta como entidade activa desde o punto de vista operativo.
RESOLVE:
Cancelar a autorización concedida a entidade Evo Banco, S.A.U., como entidade colaboradora na xestión recadatoria dos tributos e outros ingresos de dereito público, con suxeición ao establecido no artigo 17 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo.
Contra esta resolución poderase interpoñer, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e o artigo 5.6.d) do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, recurso de alzada ante o presidente da Axencia Tributaria de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025
Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia
