Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución ditada pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador número PO-03101-O-2024, instruído por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunícaselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025
Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
