DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 5 de decembro de 2025, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditada en expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente XC-04611-O-2023).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada ditada pola directora xeral de Mobilidade, no expediente sancionador número XC-04611-O-2023, tramitado por infracción da normativa reguladora do transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

Contra a resolución do recurso de alzada, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025

Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

XC-04611-O-2023

4697-KJM

Y7115529X

Atenuante-Realizar transporte público de

mercadorías en vehículo lixeiro carecendo

de título habilitante.

24.7.2023; 16.45; N-6; 579,05

Art. 141.25 en relación

co artigo 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 €

Desestimado