DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66031

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2025 pola que se integra a persoal coa categoría de profesores/as contratados/as doutores/as na categoría de profesores/as permanentes laborais.

A disposición transitoria quinta da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU), establece no seu punto 4 que «Os profesores e profesoras que, á entrada en vigor desta lei orgánica, dispoñan dun contrato de profesor/a contratado/a doutor/a manterán os dereitos e deberes recollidos no contrato mencionado. Logo de solicitude, os profesores/as contratados/as doutores/as poderanse integrar na modalidade de profesores/as permanentes laborais, nas mesmas prazas que ocupen, e computándose como data de ingreso a que tivesen na modalidade de orixe».

Solicitada polas persoas recollidas no anexo, todas elas profesores/as contratados/as doutores/as, a súa integración na categoría de profesores/as permanentes laborais, esta Reitoría, conforme o procedemento establecido polo Acordo do Consello de Goberno do 29 de outubro de 2024, no uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica do sistema universitario e demais disposicións concordantes, resolve integralas na categoría de profesores/as permanentes laborais, quedando adscritas ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro que estivese na súa categoría de orixe, cos efectos da data que se indica no anexo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, ante o reitor. Neste caso non se poderá acudir á vía xudicial ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 15 de decembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Miguel Cuevas Alonso.

DNI ***9031**.

Data de efectos: 1.7.2016.

Mónica Valderrama Santomé.

DNI: ***4504**.

Data de efectos: 9.5.2008.