DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66029

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2025 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedráticas e catedráticos de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 4 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria, este reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2C/25

María Victoria

González González

***0567**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Fisioloxía Vexetal

Bioloxía Funcional

Santiago de Compostela

A00824

13C/25

Ana Daría

Ruiz González

***0665**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Enxeñaría Agroforestal

Enxeñaría Agroforestal

Lugo

A00835

23C/25

Marcos Carmelo

Valcárcel Díaz

***0616**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Xeografía Física

Xeografía

Santiago de Compostela

A00845

25C/25

Marta

Cendón Fernández

***5648**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Historia da Arte

Historia da Arte

Santiago de Compostela

A00847

26C/25

Mª del Pilar

Salgado Rodríguez

***1776**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Matemática Aplicada

Matemática Aplicada

Santiago de Compostela

A00848

47C/25

Juan Antonio

Corrales Ramón

***0166**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Lugo

A00868