DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66028

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (animalario da Facultade de Bioloxía), grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 11 de novembro de 2025 (DOG do 21 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas (2) prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (animalario da Facultade de Bioloxía), grupo III, pola quenda de promoción interna. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela