Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do luns 15 de decembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 64198, onde di:
«De conformidade co establecido na Resolución do 19 de decembro de 2022, pola que se aproba a oferta de emprego público de persoal técnico, de xestión e de administración de servizos (PTXAS) para o ano 2022,...».
Debe dicir:
«De conformidade co establecido na Resolución do 19 de decembro de 2022 e na Resolución do 24 de maio de 2023, polas que se aproban as ofertas de emprego público de persoal técnico, de xestión e de administración de servizos (PTXAS) para os anos 2022 e 2023,...».
Na páxina 64200, punto 2.1, letra f), onde di:
«f) Ser funcionario/a de carreira da escala técnica (técnico/a de laboratorio), subescala de mecánica, subgrupo C1 da Universidade da Coruña».
Debe dicir:
«f) Ser funcionario/a de carreira da escala técnica (técnico/a de laboratorio), subescala de química, subgrupo C1, da Universidade da Coruña».
Na páxina 64212, apartado «A) Experiencia: ata un máximo de 16 puntos», onde di:
• «Por servizos prestados na Universidade da Coruña e noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino, ambos da escala xeral administrativa, auxiliar administrativo ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo III en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata a fin do prazo de presentación de solicitudes, valorarase 0,8 puntos por ano (0,066 por mes completo)».
Debe dicir:
«Por servizos prestados na Universidade da Coruña e noutras administracións públicas como funcionario/a de carreira ou interino/a, ambos da escala técnica de técnico/a de química e técnico/a de laboratorio (subescala en química), ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo III en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata a fin do prazo de presentación de solicitudes, valorarase 0,8 puntos por ano (0,066 por mes completo)».
