Mediante a Orde do 21 de maio de 2025 (DOG núm. 105, do 4 de xuño), pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencia xuvenís dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apróbase a convocatoria para a adxudicación de prazas e bolsas a través dos seguintes procedementos:
a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.
b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.
O día 22 de outubro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de outubro de 2025, pola que se acordou a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes para a cobertura de prazas e bolsas vacantes no procedemento regulado pola Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D) e convocado mediante a Resolución do 5 de xuño de 2025, pola que se procede á convocatoria de prazas e bolsas nas residencia xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D), DOG núm. 118, do 23 de xuño, para o curso académico 2025/26.
O número de novas prazas convocadas en residencias xuvenís e a súa distribución por residencias é o seguinte:
|
Concello |
Residencia |
Nº de prazas BS303B (persoas estudantes non bolseiras) |
Nº de prazas BS303C (persoas estudantes |
Nº de prazas BS303D (persoas traballadoras) |
Total |
|
Lugo |
Centro Residencial Xuvenil Lug |
3 |
1 |
6 |
10 |
|
Ourense |
Florentino López Cuevillas |
2 |
0 |
0 |
2 |
De conformidade co artigo 13 da Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D), a resolución de adxudicación de prazas, a relación definitiva de persoas beneficiarias das bolsas e a lista de agarda coas puntuacións obtidas, correspóndelle á persoa titular do departamento territorial da provincia onde radique a residencia xuvenil, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Tras a instrución do procedemento, o 10 de decembro de 2025, emítese a resolución de adxudicación de prazas vacantes ofertadas para a Residencia Xuvenil Lug I de Lugo.
Así mesmo, o artigo 14 da Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións destes procedementos. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da resolución que finaliza o procedemento de concesión para o curso 2025/26 de prazas e bolsas nas residencias xuvenís correspondente ao Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (códigos de procedementos BS303B, BS303C e BS303D), que se recollen nos anexos á resolución.
Segundo. Comunicar que a resolución de concesión de prazas e bolsas, que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza, órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO A
Complexo Residencial Xuvenil Lug I (Lugo)
Resolución do 10 de decembro de 2025, ditada nos procedementos BS303B, BS303C e BS303D de concesión de prazas e bolsas, do Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas e a relación de persoas inadmitidas no Complexo Residencial Xuvenil Lug I para o curso académico 2025/26, para as prazas vacantes.
Publicada o 22 de outubro de 2025 no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de outubro de 2025, pola que se acorda a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes para a cobertura de prazas e bolsas vacantes no procedemento regulado pola Orde do 21 de maio de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D) e convocado mediante a Resolución do 5 de xuño de 2025, pola que se procede á convocatoria de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D), Diario Oficial de Galicia número 118, do 23 de xuño, para o curso académico 2025/26, e tendo en conta os seguintes
Antecedentes
Primeiro. Unha vez examinadas as solicitudes presentadas para o Complexo Residencial Xuvenil Lug I, de conformidade co artigo 2 da orde, das cinco solicitudes presentadas para un total de dez prazas/bolsas, son admitidas a trámite e avaliadas pola comisión de cualificación catro solicitudes, das que unha corresponde ao procedemento BS303B para persoas estudantes e catro ao procedemento BS303C para persoas estudantes colaboradoras bolseiras. Do resultado da baremación, a comisión de cualificación eleva o informe ao órgano instrutor.
Para o procedemento BS303C desestímase unha solicitude por incumprimento dos requisitos do artigo 4.3.d) da orde de convocatoria.
Segundo O órgano instrutor, con base no informe da comisión cualificadora, tendo en conta as prazas e bolsas ofertadas na convocatoria e o resultado da instrución, eleva a súa proposta de adxudicación de prazas para estudantes, prazas/bolsas para persoas estudantes colaboradoras bolseiras, persoas en lista de agarda e solicitudes desestimadas.
Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto nos artigos 9 e 11 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, este departamento territorial,
RESOLVE:
Primeiro. A vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria, así mesmo, segundo o establecido no artigo 13 adxudícanse as prazas para o Complexo Residencial Xuvenil Lug I para o curso académico 2025/26, para o procedemento BS303B, persoas estudantes non bolseiras, coa orde e puntuación que figura no anexo I.
Segundo. Á vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria, así mesmo, segundo ao establecido no artigo 13 adxudícanse as prazas/bolsas para o Complexo Residencial Xuvenil Lug I para o curso académico 2025/26, para o procedemento BS303C, persoas estudantes colaboradoras bolseiras coa orde e puntuación que figura no anexo II.
Así mesmo, inadmítese a solicitude que se relacionan no anexo III, polos motivos indicados neste.
Terceiro. Non se presentan solicitudes de prazas para o Complexo Residencial Xuvenil Lug I para o curso académico 2025/26, para o procedemento BS303D, persoas traballadoras.
Neste procedemento, as seis prazas non cubertas para persoas traballadoras ofertáronse no procedemento BS303B para persoas estudantes non bolseiras co resultado que figura para o dito procedemento.
Cuarto. De conformidade co artigo 15, as persoas estudantes beneficiarias das prazas e as persoas beneficiarias estudantes colaboradoras bolseiras, deberán entregar a documentación indicada no número 1 deste artigo.
Ademais, as persoas beneficiarias de prazas para estudantes colaboradoras bolseiras, persoas estudantes non bolseiras e persoas traballadoras, unha vez comunicada a admisión farán entrega dunha mensualidade completa en concepto de reserva de praza consonte ao estipulado no artigo 15.1 e) da orde.
As persoas beneficiarias estudantes colaboradoras bolseiras deberán achegar a memoria final de conformidade co disposto no artigo 24, xustificación da axuda, da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 21 de maio de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería no mes seguinte ao remate da bolsa.
Quinto. De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicaranse as resolucións deste procedemento no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, http://xuventude.xunta.gal con carácter complementario.
Sexto. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 10 de decembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; P.D. (Disposición adicional segunda da Orde do 21.5.2025; DOG núm. 105, do 4 de xuño); Manuel Antonio Fernández Piñeiro, director territorial de Lugo.
ANEXO I
Procedemento BS303B
(persoas estudantes non bolseiras)
Lista de solicitudes estimadas
|
Nº de orde |
Nº de expediente |
Apelidos e nome |
DNI |
Puntuación |
|
1 |
2025/1 |
Areán Martínez, Alberto |
***0815** |
14,00 |
ANEXO II
Procedemento BS303C
(persoas estudantes colaboradoras bolseiras)
Lista de solicitudes estimadas
|
Nº de orde |
Nº expediente |
Apelidos e nome |
DNI |
Puntuación |
|
1 |
2025/3 |
González López, Blanca |
***9999** |
27,80 |
|
2 |
2025/4 |
López López, Adrián |
***6120** |
27,70 |
|
3 |
2025/1 |
Nogueira Fuertes, María Xoana |
***8547** |
18,65 |
ANEXO III
Procedemento BS303C
(persoas estudantes colaboradoras bolseiras)
Listado de solicitudes inadmitidas
|
Nº de orde |
Nº expediente |
Apelidos e nome |
DNI |
Causa |
|
1 |
2025/2 |
Varela Lareo, Hugo |
***9184** |
4.3.d) |
