A Orde do 2 de xullo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2025/26 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C), establece no seu artigo 2 que ás axudas obxecto desta convocatoria se destina un orzamento total de 47.097.512 euros, coa seguinte desagregación:
|
Aplicación orzamentaria |
Código do proxecto |
Ano 2025 |
Ano 2026 |
Total |
|
08.02.312B.470.2 |
2020.00052 |
12.837.990 € |
22.466.483 € |
35.304.473 € |
|
08.02.312B.481.3 |
2020.00052 |
4.288.377 € |
7.504.662 € |
11.793.039 € |
|
Total |
17.126.367 € |
29.971.145 € |
47.097.512 € |
|
A dita orde sinala, no seu artigo 2.2, que o crédito consignado nas aplicacións orzamentarias indicadas na anterior táboa terán excepcionalmente a consideración de créditos ampliables, tal e como se establece no artigo 7.Un.s) da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Dada a insuficiencia de crédito da Orde do 2 de xullo de 2025, e debido ao aumento do número de nenos/as beneficiarios da gratuidade da atención educativa, cómpre incrementar a aplicación orzamentaria 08.02.312B.481.3 en 75.582,84 euros para o ano 2025, para atender todo o alumnado que solicita praza nas escolas 0-3 da Comunidade Autónoma.
Con este incremento preténdese dar cumprimento a un dos obxectivos do Programa de apoio á natalidade posto en marcha pola Xunta de Galicia, que é o de facilitarlle á cidadanía o acceso a recursos de educación infantil de calidade e constituír, estes recursos, un piar esencial para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,
RESOLVO:
Artigo único. Incremento dos créditos
Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 2 de xullo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2025/26 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C).
O importe total do dito incremento, que se realizará na aplicación orzamentaria 08.02.312B.481.3 na anualidade 2025, é o seguinte:
|
Código do proxecto |
Ano 2025 |
|
2020-00052 |
75.582,84 € |
A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
