DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66156

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2025 pola que se realiza unha redistribución entre créditos orzamentarios da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR342C).

No Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 24 de xaneiro de 2025, publicouse a Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR342C).

O artigo 3 da dita orde establece os créditos que financian as axudas do Plan Galicia emprega, con cargo aos correspondentes fondos dotados no orzamento de gastos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O crédito total, por importe de 19.700.000 €, desagrégase nas seguintes aplicacións e proxectos orzamentarios:

Colectivo a que se dirixe a axuda

Dotación
de crédito

Tipo
de fondo

Código
de proxecto

Aplicación
orzamentaria

A. Persoas mozas

2.500.000 €

Fondo propio

2016 00308

14.02.322C 470.3

1.000.000 €

Fondo finalista

2023 00120

14.02.322C 470.3

B. Mulleres

7.000.000 €

Fondo finalista

2016 00313

14.02.322C 470.3

C. Persoas paradas de longa duración

2.000.000 €

Fondo finalista

2016 00316

14.02.322C.470.4

D. Persoas de 52 anos ou máis

E. Persoas emigrantes retornadas e estranxeiras

2.000.000 €

Fondo propio

2023 00126

14.02.322C 470.3

F. Mulleres en ocupacións masculinizadas (anexo II)

1.700.000 €

Fondo propio

2024 00192

14.02.322C 470.3

G. Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

3.000.000 €

Fondo finalista

2016 00309

14.02.322C 470.9

Ademais, no caso de que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro:

Colectivo ao que se dirixe a axuda

Dotación de crédito

Tipo
de fondo

Código

de proxecto

Aplicación
orzamentaria

A. Persoas mozas

B. Mulleres

C. Persoas paradas de longa duración

D. Persoas de 52 anos ou máis

E. Persoas emigrantes retornadas ou estranxeiras

F. Mulleres en ocupacións masculinizadas

G. Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

500.000 €

Fondo finalista

2023 00101

14.02.322C.481.9

Conforme o artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, pódese alterar a distribución entre distintos créditos sen modificar a contía total máxima, e a redistribución precisará unicamente das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación desta modificación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes do Programa Galicia emprega 2025, o pasado 30 de setembro, revisáronse as solicitudes e concedéronse aquelas que cumprían os requisitos recollidos nas bases reguladoras destas axudas. A concesión realizouse segundo a diferente natureza xurídica das entidades solicitantes por cada unha das partidas orzamentarias, por orde de entrada das solicitudes con expediente completo.

O remanente de crédito existente pode empregarse para atender as seguintes solicitudes, segundo a natureza xurídica da persoa ou entidade solicitante e o colectivo de pertenza da persoa traballadora contratada.

O artigo 4.6 da orde que regula o Programa Galicia emprega establece que «Dentro de cada provincia, os créditos sobrantes dun código de proxecto poderán ser empregados noutro, logo das modificacións orzamentarias que procedan e unha vez publicada a reasignación de créditos no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, de existiren remanentes nun departamento territorial, unha vez atendidas todas as solicitudes que cumpran os requisitos, poderán redistribuírse nos restantes departamentos territoriais, respectando a prelación de solicitudes».

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Redistribución dos créditos

Redistribuír os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, segundo se expresa na seguinte táboa:

Colectivo a que se dirixe a axuda

Orzamento inicial

Redistribución

Orzamento final

Código
de proxecto

Aplicación
orzamentaria

A. Persoas mozas

2.500.000 €

672.300,00 €

3.172.300,00 €

2016 00308

14.02.322C 470.3

1.000.000 €

+343.595,50 €

1.343.595,50 €

2023 00120

14.02.322C 470.3

B. Mulleres

7.000.000 €

+150,00 €

7.000.150,00 €

2016 00313

14.02.322C 470.3

C. Persoas paradas de longa duración

2.000.000 €

+175.400,00 €

2.175.400,00 €

2016 00316

14.02.322C.470.4

D. Persoas de 52 anos ou máis

E. Persoas emigrantes retornadas e estranxeiras

2.000.000 €

-146.300,00 €

1.853.700,00 €

2023 00126

14.02.322C 470.3

F. Mulleres en ocupacións masculinizadas (anexo II)

1.700.000 €

-526.000,00 €

1.174.000,00 €

2024 00192

14.02.322C 470.3

G. Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

3.000.000 €

-447.445,50 €

2.552.554,50 €

2016 00309

14.02.322C 470.9

Colectivo a que se dirixe a axuda

Orzamento inicial

Redistribución

Orzamento final

Código
de proxecto

Aplicación
orzamentaria

A. Persoas mozas

B. Mulleres

C. Persoas parada de longa duración

D. Persoas de 52 anos ou máis

E. Persoas emigrantes retornadas ou estranxeiras

F. Mulleres en ocupacións masculinizadas

G. Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

500.000 €

-71.700,00 €

428.300,00 €

2023 00101

14.02.322C.481.9

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais