De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 7 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Este reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efecto a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de remate da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo Docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
|
11T/25 |
Mª Begoña |
López Portas |
***2798** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Dereito Constitucional |
Dereito Público e Teoría do Estado |
Santiago de Compostela |
C02069 |
|
20T/25 |
Ada María |
Pérez Pico |
***4461** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Lugo |
C02078 |
|
24T/25 |
Raquel |
Dosil Lago |
***9591** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Linguaxes e Sistemas Informáticos |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
C02082 |
|
25T/25 |
David |
Mera Pérez |
***0148** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Linguaxes e Sistemas Informáticos |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
C02083 |
|
41T/25 |
Montserrat |
Capelán Fernández |
***2819** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Música |
Historia da Arte |
Santiago de Compostela |
C02099 |
|
67T/25 |
Pablo |
Aguiar Fernández |
***7163** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Radioloxía e Medicina Física |
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina |
Santiago de Compostela |
C02125 |
