DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2025/100-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado en novembro de 2025 na Coruña polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado número 2745 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOEIG), e visado polo citado colexio profesional o día 2.12.2025 co número 20253255.

Solicitante: Eléctrica de Alberguería, S.A.; NIF: A32025199.

Domicilio: rúa Martínez Padín, 4, porta 15, 32004 Ourense.

Denominación: reforma do CT Aserradero.

Situación: lugar da Veiga, concello da Veiga.

Orzamento: 32.830,82 €.

Características técnicas:

• Substitución do transformador denominado CT Aserradero (expediente IN407A 2002/036-3) mediante a instalación dunha nova máquina de 315 kVA e r/t: 15.000/400-230 V, e substitución completa da aparellaxe existente mediante a instalación dunha cela modular de liña e unha cela de protección de trafo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG número 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de decembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense