DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 2025 Páx. 67380

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 18 de decembro de 2025 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023/24, convocados pola Orde do 10 de setembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 22 de setembro).

A Orde do 10 de setembro de 2025 (DOG núm. 182, do 22 de setembro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023/24, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023/24, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Disposición adicional terceira; Orde do 10.9.2025;
DOG núm. 182, do 22 de setembro)
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023/24

inscrición

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2524000461

Rosal Rodríguez, Bruno

Actividades físicas e deportivas

15005749

CIFP Universidade Laboral

1.000 €

2561000199

Ledo Cores, Jesús Ángel

Administración e xestión

27015311

IES A Pinguela

1.000 €

2568000289

López Vázquez, Alberto

Agraria

15032391

CIFP Santiago

1.000 €

2512000363

Vieitez Otero, Daniel

Artes gráficas

36006419

CIFP Montecelo

1.000 €

2505000308

López Rodríguez, Iria

Comercio e márketing

36011622

CPR Aloya

1.000 €

2540000329

Fernández Vinseiro, Nerea

Edificación e obra civil

15024513

CIFP Someso

1.000 €

2579000123

Íñigo Espiga, Pablo

Electricidade e electrónica

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

1.000 €

2573000360

García López, Eva María

Enerxía e auga

15006754

CIFP Ferrolterra

1.000 €

2567000298

Mato Mato, Beatriz

Fabricación mecánica

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

1.000 €

2582000151

López Couceiro, Pablo

Hostalaría e turismo

15025682

CIFP Fraga do Eume

1.000 €

2530000280

Alonso Bustamante, Maritxu

Imaxe e son

15027800

CIFP Imaxe e Son

1.000 €

2528000127

Santos Rodas, María

Imaxe persoal

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

1.000 €

2590000327

Blanco Tilves, Emilio

Industrias alimentarias

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

1.000 €

2593000377

Correa Segade, Cristina

Informática e comunicacións

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

1.000 €

2547000200

Expósito Pontide, Andrés

Instalación e mantemento

27006528

CIFP As Mercedes

1.000 €

2568000371

Montero Pena, Rubén

Madeira, moble e cortiza

15006754

CIFP Ferrolterra

1.000 €

2524000191

Yáñez Saá, Diego

Marítimo-pesqueira

15005749

CIFP Universidade Laboral

1.000 €

2559000277

Neiro Vidal, Celia

Química

15027770

IES A Sardiñeira

1.000 €

2500000305

Pampín Gómez, Carla

Sanidade

36017430

IES Ricardo Mella

1.000 €

2544000413

Castro Rodríguez, Miguel

Seguridade e medio ambiente

36007552

CIFP A Granxa

1.000 €

2560000225

López López, Lucía

Servizos socioculturais e á comunidade

27020793

CIFP Porta da Auga

1.000 €

2505000221

Dacal Rodríguez, Adolfo

Téxtil, confección e pel

36013448

CIFP Manuel Antonio

1.000 €

2520000388

Penalonga Chento, Cristina

Transporte e mantemento de vehículos

27006528

CIFP As Mercedes

1.000 €