Expediente: IN407A 2025/335-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT O Cruceiro (Oroso).
Concello: Oroso.
1. Características técnicas:
• Centro de transformación compacto de manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.
• O entroncamento coa rede existente realizarase na instalación LMT SIG802 (expediente 531/07), con condutor LA-56. Este entroncamento realizarase no apoio existente do tipo HVH-2500-15 con matrícula AE49V8OT//12-17-1. No dito apoio desmontarase o punto de manobra existente con matrícula 15HVX4 e instalarase un reconectador e un paso aéreo-subterráneo para enlazar coa LMTS.
• Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV1×150 mm² Al, con orixe no PAS que se vai instalar no apoio existente do tipo HVH-2500-15 con matrícula AE49V8OT//12-17-1 e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 0,715 km.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG número 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 11 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Oroso
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Abelleiros, 15 15061A501025140001QU |
Urbana |
– Marisol Miras Mouro – Visitación Mouro Negreira |
CT + acceso |
33.5 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie da servidume aérea en m2.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
