De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (Exp. 2098-2024) Resolución de inicio O.E. do 19.11.2025 |
36043A026004800000JG (Polígono 26-parcela 480) |
Covelo Ponte Caldelas |
José Álvarez Riveiro |
|
Orde de execución (Exp. 2100-2024) Resolución de inicio O.E. do 19.11.2025 |
36043A026004570000JR (Polígono 26-parcela 457) |
Covelo Ponte Caldelas |
Fabiana López Peleteiro |
|
Orde de execución (Exp. 2481-2025) Resolución de inicio O.E. do 28.11.2025 |
36043A022001910000JG (Polígono 22-parcela 191) |
Buchabade Ponte Caldelas |
María Esmeralda Catarino Juncal |
|
Orde de execución (Exp. 2482-2025) Resolución de inicio O.E. do 28.11.2025 |
36043A022001920000JQ (Polígono 22-parcela 192) |
Buchabade Ponte Caldelas |
Isidro Rodríguez Franco |
|
Orde de execución (Exp. 2484-2025) Resolución de inicio O.E. do 28.11.2025 |
36043A022019020000JM (Polígono 22-parcela 1902) |
Buchabade Ponte Caldelas |
En investigación |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionaren a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin se comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa, a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítalle a este concello a execución subsidiaria, en caso de incumprimento, dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.
O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 3 de decembro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
