De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
10.9.2024 |
32089A00801241 |
Correxais (San Pedro), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 008 01241 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01100180 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 011 00180 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01100256 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 011 00256 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01100281 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 011 00281 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200057 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00057 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200076 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00076 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200079 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00079 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200445 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00445 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200446 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00446 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200447 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00447 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01200451 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 012 00451 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A01300529 |
San Miguel do Outeiro (Santo Antonio), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 013 00529 |
Descoñecida |
|
10.9.2024 |
32089A02000013 |
Arcos (San Lourenzo), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 020 00013 |
Descoñecida |
|
11.9.2024 |
32089A02601574 |
San Vicente de Leira (San Vicente), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 026 01574 |
Descoñecida |
|
11.9.2024 |
32089A02601594 |
San Vicente de Leira (San Vicente), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 026 01594 |
Descoñecida |
|
11.9.2024 |
32089A02601685 |
San Vicente de Leira (San Vicente), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 026 01685 |
Descoñecida |
|
11.9.2024 |
32089A02601686 |
San Vicente de Leira (San Vicente), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 026 01686 |
Descoñecida |
|
11.9.2024 |
32089A02800933 |
Cernego (San Víctor), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 028 00933 |
Descoñecida |
|
11.9.2024 |
32089A02900369 |
Cernego (San Víctor), Vilamartín de Valdeorras, Ourense 029 00369 |
Descoñecida |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que nas actas de inspección de referencia se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademáis, no caso de persistiren no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben poderase proceder á execución subsidiaria a través da realización, por parte da Administración, das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Estimación prezo por ha |
Liquidación provisional |
|
2024/32089A00801241 |
32089A00801241 |
0,0140 |
2.056,00 € |
28,83 € |
|
2024/32089A01100180 |
32089A01100180 |
0,0851 |
2.056,00 € |
174,89 € |
|
2024/32089A01100256 |
32089A01100256 |
0,4070 |
2.056,00 € |
836,86 € |
|
2024/32089A01100281 |
32089A01100281 |
0,0096 |
2.056,00 € |
19,83 € |
|
2024/32089A01200057 |
32089A01200057 |
0,2306 |
874,91 € |
201,72 € |
|
2024/32089A01200076 |
32089A01200076 |
0,0175 |
2.056,00 € |
36,07 € |
|
2024/32089A01200079 |
32089A01200079 |
0,0012 |
2.056,00 € |
2,39 € |
|
2024/32089A01200445 |
32089A01200445 |
0,1678 |
3.953,15 € |
663,23 € |
|
2024/32089A01200446 |
32089A01200446 |
0,2133 |
3.953,15 € |
843,27 € |
|
2024/32089A01200447 |
32089A01200447 |
0,3777 |
3.953,15 € |
1.493,26 € |
|
2024/32089A01200451 |
32089A01200451 |
0,0061 |
3.953,15 € |
24,15 € |
|
2024/32089A01300529 |
32089A01300529 |
0,0395 |
3.953,15 € |
156,07 € |
|
2024/32089A02000013 |
32089A02000013 |
0,0638 |
2.056,00 € |
131,14 € |
|
2024/32089A02601574 |
32089A02601574 |
0,0129 |
2.056,00 € |
26,43 € |
|
2024/32089A02601594 |
32089A02601594 |
0,0337 |
3.545,82 € |
119,38 € |
|
2024/32089A02601685 |
32089A02601685 |
0,0079 |
3.545,82 € |
28,00 € |
|
2024/32089A02601686 |
32089A02601686 |
0,0040 |
3.545,82 € |
14,16 € |
|
2024/32089A02800933 |
32089A02800933 |
0,0028 |
2.056,00 € |
5,86 € |
|
2024/32089A02900369 |
32089A02900369 |
0,0218 |
2.056,00 € |
44,76 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Vilamartín de Valdeorras, 1 de decembro de 2025
Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde
