O Decreto 34/2021, do 11 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm. 40, do 1 de marzo), crea no Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio. Na disposición transitoria primeira do dito decreto regúlase a ordenación do persoal estatutario fixo adscrito ás actuais unidades de hospitalización a domicilio, establecendo a obriga de realizar con carácter transitorio e excepcional unha convocatoria diferenciada e específica para o acceso, polo sistema de concurso, á categoría e ás prazas concretas de persoal médico de hospitalización a domicilio, nos termos previstos no artigo 34 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e do artigo 25.3 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Logo da negociación das bases e das prazas que se van ofertar no concurso no seo da Mesa Sectorial de Sanidade, coa aprobación das organizacións CIG, CC.OO., CSIF e UGT, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 19 do Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 27 de maio), e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, este centro directivo resolve convocar concurso específico para o ingreso na categoría e praza de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde de conformidade coas seguintes bases:
I. Normas xerais.
1.1. Prazas.
1.1.1. Convócase concurso específico para o ingreso na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio. Esta convocatoria diferenciada para o acceso, polo sistema de concurso, realízase no seo da implantación da categoría.
1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica no anexo I, con expresión diferenciada do centro en que se convoca.
II. Requisitos.
2.1. As persoas interesadas en participar no proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal estatutario fixo na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:
1. Ter a condición de persoal estatutario fixo nalgunha categoría de persoal médico, na actualidade e na data de entrada en vigor do Decreto 34/2021, do 11 de febreiro de 2021, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde.
2. Desempeñar ou ter desempeñado no Servizo Galego de Saúde, na data de entrada en vigor do Decreto 34/2021 ou con anterioridade, as funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio.
3. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia. Ter destino definitivo no centro (área ou distrito) en que se oferta a praza.
4. Titulación: estar en posesión da titulación de licenciado ou graduado en Medicina e título oficial de médico/a especialista; ou ben, posuír a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde, ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes da resolución de convocatoria.
5. Estar en posesión do permiso de conducir da clase B ou equivalente.
No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nos puntos 1 a 4 desta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.
2.2. Rexistro electrónico dos requisitos de participación. As persoas interesadas en participaren no concurso deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nestas bases. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) na parte Fides/expedient-e/Sección de Procesos
2.3. Prazo e procedemento de solicitude de participación.
2.3.1. O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2.3.2. Cada concursante deberá cubrir a solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo III e que logo de confirmada deberá presentar por rexistro electrónico no prazo indicado no punto anterior.
Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase un certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.
2.3.3. As solicitudes de participación no concurso dirixiranse á unidade de validación en que o aspirante ten o seu destino definitivo, elixíndoa no propio formulario electrónico de inscrición que se presentará por rexistro electrónico. Deberá rexistrar a titulación requirida para participar no concurso no sistema informático Fides/expedient-e e achegar xunto coa solicitude de participación, e dentro do prazo de presentación de instancias, fotocopia compulsada dalgún dos títulos exixidos para a participación no concurso específico ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos no anexo IV, así como fotocopia compulsada do carné de conducir da clase B ou equivalente.
O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando esta conste como validada (V) en Fides/expedient-e.
2.3.4. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso.
2.3.5. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.
2.3.6. A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.
III. Méritos.
3.1. Méritos que se valoran.
Os méritos que se terán en conta no proceso de concurso serán os recollidos no anexo II e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nestas bases.
3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.
3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:
As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo III destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.
Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, deberá rexistrar no sistema Fides/Expediente-e os méritos que posúe para os efectos da súa valoración no concurso. Logo do seu rexistro electrónico, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe «informe».
A solicitude de validación para este proceso dirixirase preferentemente á unidade de validación da área sanitaria en que ten o seu destino definitivo o/a aspirante e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo, electrónico ou presencial no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos que se indican no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo IV. Só se admitirá como medio de acreditación válido o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.
3.2.3. Non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración no proceso, ningunha documentación acreditativa de novos méritos, aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo IV e constando documentalmente ter sido solicitada polo/a interesado/a ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, non fose recepcionada polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.
Fóra deste suposto e prazo, non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.
3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s, agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.
É responsabilidade do/da aspirante a actualización de méritos consonte a data de referencia do proceso mediante a presentación de novos certificados. No suposto de que non se produza tal actualización só se terán en conta os achegados inicialmente.
3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo IV.
3.2.6. Os aspirantes que, con anterioridade á data de publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo IV dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no procedemento.
3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:
– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.
– A formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
3.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.
Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático na data de finalización do prazo de presentación de instancias non serán obxecto de valoración.
3.2.9. Para os efectos da obtención da puntuación polo coñecemento da lingua galega, aqueles/as aspirantes que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar unha copia compulsada del dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.
As persoas aspirantes que non acheguen a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base non obterán puntuación ningunha polo coñecemento da lingua galega.
IV. Procedemento de desenvolvemento do concurso.
4.1. Procedemento descentralizado.
4.1.1. Os procesos tramitaranse de maneira descentralizada en cada unha das áreas sanitarias, sen prexuízo das competencias de ordenación temporal que se reserva o órgano convocante.
4.1.2. A xerencia da área sanitaria en que se convoquen prazas é o órgano competente para a tramitación de todo o procedemento desde a publicación das listaxes de admitidos/as e excluídos/as ata a proposta de nomeamento dos seleccionados ao órgano convocante.
4.2. Listaxes de admitidos/as e excluídos/as.
4.2.1. Cada un dos xerentes/as das áreas sanitarias, expirado o prazo de presentación de solicitudes, publicará na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas, resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as.
4.2.2. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, e dirixirán as reclamacións á xerencia correspondente.
Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.
4.2.3. Non se poderá emendar o rexistro fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución do xerente/a de área sanitaria, pola cal se aprobe a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas.
4.3. Comisións avaliadoras.
4.3.1. Logo de publicados as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as, cada un dos xerentes/as das áreas sanitarias en que se oferten prazas procederá a nomear os membros titulares e suplentes das comisións avaliadoras do concurso (unha por área sanitaria), e publicarase a súa composición na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas.
Corresponden ás comisións avaliadoras as funcións relativas á cualificación dos/das aspirantes, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do concurso.
4.3.2 As comisións terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na sede da xerencia de área sanitaria en que se constitúan.
4.3.3. As comisións estarán compostas por tres membros, e deberase designar o mesmo número de membros suplentes. O presidente da comisión será un/ha directivo/a de área médica. Un membro da comisión será persoal facultativo da área sanitaria en que se oferten as prazas, con titulación nalgunha das especialidades que se requiren para o acceso á categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio, e un profesional da categoría de grupo técnico da función administrativa que asumirá as funcións de secretario/a da comisión.
De conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, sen que se poida exercer en representación ou pola conta de ninguén.
O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.
Os membros das comisións terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema Nacional de Saúde, en praza ou categoría para a cal se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á esixida para o ingreso.
4.3.4. Os/as membros das comisións deberán absterse de intervir, notificándoo ao órgano que o nomea, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.
Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros da comisión cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
De producirse algunha modificación na composición da comisión, esta será publicada na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas.
Resultarán de aplicación á constitución e funcionamento dos órganos de selección as disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro.
4.3.5. Os acordos das comisións que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4.4. Procedemento de selección.
4.4.1. De acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 34/2021, do 11 de febreiro, o sistema de selección será o de concurso. Só se poderá acceder a prazas ofertadas no centro (área ou distrito) en que o aspirante ten o destino definitivo nos termos en que se define no anexo I.
4.4.2. As comisións poderán requirir, de oficio, dos/das aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación.
4.4.3. Realizada polas comisións a baremación correspondente, publicarase na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total do concurso.
Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
4.4.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio pola comisión algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, a comisión practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas do concurso. A comisión publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro, a baremación definitiva con indicación da puntuación definitiva obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total do concurso.
4.4.5. En caso de producirse empate nas puntuacións dos aspirantes, o desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen a maior puntuación na epígrafe de experiencia (28 puntos), e sucesivamente en cada unha das epígrafes do baremo de experiencia pola súa orde. Continuarase o desempate pola maior puntuación en cada unha das epígrafes e subepígrafes do baremo pola súa orde. Logo decidirá a maior idade do/da aspirante. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/da aspirante co primeiro apelido máis próximo á letra que resulte do sorteo para participar en procesos selectivos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, vixente no momento de publicación desta resolución de convocatoria.
4.4.6. A comisión avaliadora realizará proposta de persoas aspirantes seleccionadas á xerencia correspondente que dará traslado á autoridade convocante, ordenadas pola orde de puntuación acadada no proceso, de maior a menor puntuación. En ningún suposto poderá realizar proposta de persoas seleccionadas nun número superior ao de prazas convocadas.
V. Nomeamento.
5.1. A Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomea como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde e a correspondente asignación de destino. O nomeamento terá efecto o día seguinte ao da publicación da mencionada resolución no Diario Oficial de Galicia.
Non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que, no momento de expedirse o correspondente nomeamento, se encontren en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.
Os/as profesionais nomeados/as que veñan prestando servizos nas unidades correspondentes en desenvolvemento das actividades propias da especialidade permanecerán no dito destino na condición en que os veñan desenvolvendo.
As persoas aspirantes que obteñan praza no concurso poderán solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.
VI. Norma derradeira.
6.1. O establecido nesta resolución vincula a Administración, as comisións encargadas de valorar o concurso e os/as que participen nel.
6.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polas comisións, pola autoridade convocante, poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
6.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Prazas e titulación
|
Categoría |
Subgrupo |
Centro |
Nº de prazas |
Titulación |
|
Médico/a de hospitalización a domicilio |
A1 |
Distrito da Coruña |
3 |
Título universitario oficial de graduado/a ou licenciado/a en medicina, xuntamente con algún título oficial de médica/o especialista; ou ben, de ser o caso, a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde. *Permiso de conducir da clase B ou equivalente. |
|
Área Sanitaria de Ferrol |
1 |
|||
|
Distrito de Santiago |
2 |
|||
|
Distrito da Barbanza |
1 |
|||
|
Distrito de Lugo |
5 |
|||
|
Distrito da Mariña |
3 |
|||
|
Distrito de Monforte |
1 |
|||
|
Distrito de Ourense |
3 |
|||
|
Distrito do Salnés |
1 |
|||
|
Área Sanitaria de Vigo |
3 |
ANEXO II
Baremo
Baremo máximo 40 puntos.
70 % experiencia (28)/20 % formación (8)/10 % docencia, investigación e innovación sanitaria (4).
1. Experiencia: 70 % (28 puntos).
– Por cada mes completo de servizos prestados nas unidades de hospitalización a domicilio, en desenvolvemento das actividades propias da categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,30 puntos/mes.
– Por cada mes completo de servizos prestados, nas categorías de médico/a de familia de atención primaria, médico/a de urxencias hospitalarias, ou facultativo especialista de área nas especialidades de medicina interna ou xeriatría, en unidades asistenciais distintas ás de hospitalización a domicilio; en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,15 puntos/mes.
– Por cada mes completo de servizos prestados, noutra categoría/especialidade de persoal licenciado sanitario distinta das previstas nas epígrafes anteriores, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,075 puntos/mes.
Os servizos prestados por persoal facultativo especialista, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias nos hospitais dos distritos sanitarios da Barbanza, Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín, O Barco de Valdeorras e O Salnés, computarán o triplo da puntuación.
Normas xerais de valoración.
Primeira
Os meses serán computados por días naturais.
Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada parte do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.
En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural poderá valorarse por riba da puntuación establecida para o dito período dun mes.
En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas epígrafes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.
Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no dito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente se poderá valorar un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.
Segunda
Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.
Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.
O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.
Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.
Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.
Terceira
A experiencia nas unidades de hospitalización a domicilio valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título dalgunha das especialidades exixidas para o acceso ou, de ser o caso, desde a obtención da certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde
A experiencia profesional como especialista valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título da respectiva especialidade.
Os servizos prestados polos/as especialistas con título expedido por terceiros países valoraranse desde a data de homologación do título da especialidade polo ministerio competente.
Os servizos prestados como especialistas de cota terán a mesma valoración que os prestados como facultativo especialista de área.
A antigüidade como especialista de quen accedera ao título en virtude do Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, valorará, segundo o disposto na Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, a totalidade do exercicio profesional efectivo do/da interesado/a dentro do campo propio e específico da especialidade, descontando de tal exercicio e no seu período inicial o 170 % do período de formación establecido para a dita especialidade en España. O indicado desconto non se producirá respecto de quen obtivese o título de especialista de acordo co previsto na disposición adicional terceira do Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro.
2. Formación: 20 % (8 puntos).
2.1. Formación académica.
A) Grao:
1. Licenciatura:
Plan antigo:
– Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.
– Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.
– Por cada notable: 0,10 puntos.
Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.
A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.
Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.
Plan novo:
A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:
0,10 Cn + 0,25 Cs +0,50 Cmh
Ca + Cn + Cs + Cmh
As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.
Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.
A puntuación resultante expresarase con dous decimais.
Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.
2. Exame de grao ou memoria de licenciatura: 0,30 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra 0,15 puntos máis).
3. Premio extraordinario: 0,30 puntos.
B) Posgrao.
1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1 punto.
2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 3 puntos.
3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,30 puntos.
4. Por cada máster universitario oficial (Espazo Europeo de Educación Superior, EEES) no ámbito das ciencias da saúde, que se encontre debidamente acreditado e inscrito no RUCT: 1 punto.
A titulación de máster débea rexistrar o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.
Os puntos b.1) e b.2) son excluíntes entre si.
2.2. Formación continuada e especializada.
2.2.1. Formación continuada.
a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a actividades formativas acreditadas por algún dos órganos acreditadores que integran o Sistema Acreditador da Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, polo Consello Europeo de Acreditación da Educación Médica Continuada (EACCME) ou a Asociación Médica Americana (AMA), impartidos por calquera entidade ou organismo público ou privado, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio ou que estean dirixidos directamente a calquera das categorías/especialidades cuxo título é requisito para o acceso á categoría.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio ou que estean dirixidos directamente a calquera das categorías/especialidades cuxo título é requisito para o acceso á categoría.
c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio ou que estean dirixidos directamente a calquera das categorías/especialidades cuxo título é requisito para o acceso á categoría.
Valoración:
– Por crédito CFC: 0,05 puntos.
– Por crédito EACCME/AMA PRA categoría 1: 0,007 puntos.
– Por hora: 0,005 puntos.
d) Pola superación da actividade formativa impartida polas universidades, coa condición de título propio (máster universitario, experto universitario, especialista universitario), no ámbito das ciencias da saúde:
– En caso de estar computado en créditos ECT: 0,025 puntos/crédito.
– En caso de estar computado só en horas: 0,0025 puntos/hora.
A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os anteditos cursos de formación continuada será de 0,02 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio ou de calquera das especialidades cuxo título é requisito para o acceso á categoría.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. Se a actividade formativa consta acreditada en créditos EACCME ou AMA PRA e créditos CFC, valorarase coa puntuación asignada a estes últimos.
Non se valorarán os cursos realizados durante o período de especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.
Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.
Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados polos órganos acreditadores que forman o sistema acreditador da formación continuada do Sistema Nacional de Saúde.
2.2.2. Formación especializada.
a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, dalgunha especialidade cuxo título é requisito para o acceso á categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio, en España ou nun país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade a que se presente e co título validado polo ministerio competente: 2,5 puntos.
b) Por ter obtido un título de especialista dalgunha especialidade cuxo título é requisito para o acceso á categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio, como consecuencia de ter accedido, con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, a unha praza de especialista en formación, convocada pola algunha das administracións públicas ou institucións sanitarias concertadas con estas e que acrediten ter realizado de xeito ininterrompido e baixo un mesmo réxime docente os anos de formación establecidos para a correspondente especialidade, mediante nomeamento ou contrato de bolsa docente expedido pola devandita Administración que implique relación profesional retribuída periodicamente con cargo aos seus orzamentos: 2,5 puntos.
A puntuación das alíneas a) e b) son excluíntes entre si.
c) Por ter completado o período como residente do programa MIR doutra especialidade a aquela cuxo título é requisito para o acceso á categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as doutra especialidade distinta a aquela cuxo título é requisito para o acceso á categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio e co título validado polo ministerio competente: 1 punto.
As epígrafes de formación académica e formación continuada (e formación especializada) deste baremo, asígnaselle unha puntuación máxima de 6 puntos.
2.2.3. Coñecemento da lingua galega.
Por ter obtido o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos cales se lles asignarán 2 puntos.
3. Docencia, Investigación e Innovación sanitaria: (10 %) (4 puntos).
a) Actividade docente.
a.1) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,2 puntos/curso académico, ata un máximo de 1 punto.
a.2) Docencia de formación sanitaria especializada ata un máximo de 1,5 puntos:
– Xefe/a de estudos: 0,375 puntos/ano (ou parte proporcional).
– Coordinador/a docente: 0,333 puntos/ano (ou parte proporcional).
– Titor/a: 0,250 puntos/ano (ou parte proporcional).
– Titor/a de apoio: 0,166 puntos/ano (ou parte proporcional).
– Colaborador/a docente: 0,125 puntos/ano (ou parte proporcional).
Para os efectos deste baremo, o/a colaborador/a docente é o/a profesional dos diferentes dispositivos dunha unidade docente por onde rotan os/as especialistas en formación que, sen ser titor, colabora de forma activa na súa formación, asumindo a orientación, a supervisión e o control das actividades que realicen durante as rotacións.
b) Autoría de traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboas de valoración:
b.1) Revistas científicas.
As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Pubmed, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO e catálogo Latindex. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.
Tales publicacións valoraranse nos seguintes termos:
1º. Artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, metaanálise e guías de práctica clínica) publicados en revistas con factor de impacto do Journal Citation Report (JCR) ou Scimago Journal Range (SJR) na data de publicación da convocatoria: 0,40 puntos.
2º. Artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, metaanálise e guías de práctica clínica) publicados en revistas sen factor de impacto: 0,15 puntos.
3º. Editoriais, cartas, artigos de opinión, técnicas e procedementos, de carácter científico ou de investigación, publicados en revistas con factor de impacto do Journal Citation Report (JCR) ou Scimago Journal Range (SJR) na data de publicación da convocatoria: 0,10 puntos.
Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.
b.2) Libros ou capítulos de libros.
– Capítulo de libro: 0,10 puntos.
– Libro completo: 0,30 puntos.
Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica recoñecida como tal na páxina web do ministerio que teña as competencias en sanidade (ou as súas homólogas en Galicia) ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.
Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.
Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.
Por non reunir a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, publicacións de libros relativos a másters universitarios oficiais, títulos propios, expertos universitarios, especialistas universitarios, TFG (traballo fin de grao), protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así se aprecien pola respectiva comisión avaliadora.
Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra parte do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses de doutoramento.
Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas cales este figure como editor.
No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación da cal, da documentación presentada polo/a aspirante, quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que interveñen un mínimo de catro autores.
Os capítulos de libro en que participen catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.
Normas comúns de valoración de libros e revistas.
– En ningún caso, un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.
– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.
– Debe figurar especificamente na publicación coa consideración de autor/a. Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor/a da publicación, o/a coordinador/a, director/a e outras persoas colaboradoras (grupo de traballo).
c) Premios de investigación:
Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto:
– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.
– Premio de ámbito nacional: 0,10 puntos.
d) Proxectos de investigación:
Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:
a) Como investigador/a principal:
– Proxectos internacionais: 2 puntos.
– Proxectos nacionais:1 punto.
– Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.
b) Como investigador/a colaborador/a:
– Proxectos internacionais: 1 punto.
– Proxectos nacionais: 0,30 puntos.
– Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.
Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:
– Como investigador/a principal: 0,30 puntos.
Os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables.
Non se considerarán parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais nel.
e) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.
Para os efectos deste proceso selectivo, teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.
As estadías clínicas para a mellora de habilidades ou a aprendizaxe de técnicas innovadoras, que consten debidamente acreditadas consonte o Sistema Acreditador da Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, serán obxecto de valoración na epígrafe de formación continuada.
f) Patentes:
– Solicitada e aceptada: 1 punto.
– En explotación: 2 puntos.
En ningún caso un mérito poderá ser obxecto de valoración en dúas partes do baremo.
ANEXO III
Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)
A Oficina Virtual do Profesional (Fides) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais cos cales mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, e configúrase como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.
O acceso a Fides poderase realizar desde:
– Internet.
– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).
1. Acceso desde a internet.
1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.
Os/as profesionais do Servizo Galego de Saúde poderán acceder desta forma a Fides a través do enderezo http://fides.sergas.es
É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).
Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es) ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).
Se o/a usuario/a xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.
Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.
Para a identificación do/da usuario/a mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dunha lectora de tarxetas. Non se requirirá lectoras de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipo.
Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.
Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso específico e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (Fides).
A primeira vez que un/unha profesional acceda con certificado dixital a Fides solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.
1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.
O acceso a Fides desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave365, que lles permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en Fides como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.
Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365
2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.
Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa do citado organismo.
Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de Fides, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso específico.
O acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.
3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.
Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos/das concursantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que hai que achegar.
ANEXO IV
Procedemento de acreditación de méritos
|
a) Formación Académica |
As titulacións académicas oficiais acreditaranse, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio competente ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito. No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro achegarase xunto coa copia compulsada do título tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo ministerio competente español. O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial. A superación dos períodos de docencia e investigación conducentes á adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación científica acreditados como máster oficial e exixibles para poder obter o título de doutor/a consonte o Real decreto 56/2005 e posteriores non poderán ser valorados como máster oficial, ao tratarse dun requisito exixido para a obtención de dita titulación. Supostos específicos. a) A acreditación da formación máster especialista e experto universitario-títulos propios, efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditado a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde. |
|
b) Formación continuada |
a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderáselle requirir á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s. No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou Autonómica de Formación Continuada, deberá constar o logotipo da respectiva comisión e ademais o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007. Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007. Serán válidos ademais aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), xunto co feito de que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección a través dun código QR ou CSV (código seguro de verificación). Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa que conterá toda a información exixida nesta epígrafe. No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas. Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada. Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica. O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade. b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito |
|
c) Formación especializada |
No suposto de titulacións obtidas en España, acreditarase tal mérito mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio competente ou certificación emitida pola respectiva comisión de docencia ou Rexistro Nacional de Especialistas en Formación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de ter completado o período de formación conducente á obtención do título da respectiva especialidade, que deberá indicar a data de superación. No suposto de titulacións obtidas noutros Estados da Unión Europea achegarase xunto coa copia compulsada do título tradución xurada del ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo ministerio competente español. As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada del ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo ministerio competente español. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito. |
|
d) Docencia de formación sanitaria especializada |
Acreditarase mediante certificación asinada pola Comisión de Docencia do centro ou, de ser o caso, comisión de docencia da unidade docente onde se tivese impartido aquela, en que deberá constar expresamente os períodos de desenvolvemento de tal actividade e condición en que se impartiu. A participación como xefe/a de estudos acreditarase mediante certificación asinada polo/a director/a xerente da institución sanitaria correspondente. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito. |
|
e) Docencia universitaria |
A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación expedida polo órgano administrativo competente da respectiva universidade na cal se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento en que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito. |
|
f) Experiencia profesional |
A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial). A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os supostos xunto coa citada documentación deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS. No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso, a experiencia profesional non será obxecto de valoración. No suposto de institucións sanitarias privadas con contrato de servizos públicos (concertadas) ou con autorización de uso deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun contrato de servizos públicos (concerto) ou autorización de uso co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado. No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias. A actividade de investigación acreditarase mediante copia compulsada do contrato ou nomeamento administrativo en que conste a súa vinculación como persoal investigador, datas de inicio e fin e a pertenza ao Sistema Sanitario Público da institución sanitaria por cuxa conta e dependencia se realiza a actividade de investigación. Noutro suposto, tal mérito non será obxecto de valoración. Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro con contrato de servizos públicos (concertado) co Servizo Galego de Saúde. Puntuación específica por conciliación. As situacións de permiso por parto, adopción ou acollemento, permiso do outro/a proxenitor/a por nacemento, acollemento ou adopción de fillo/a, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no Sergas non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións. |
|
g) Publicación de traballos científicos e de investigación |
Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación. Revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO e catálogo Latindex. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivamento de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar a súa condición de autor/a, total de persoas autoras, número de orde da sinatura, número de sinaturas, título da publicación, título da revista, ISSN da Revista, páxina inicial e páxina final e a data de publicación. Na súa falta, pode xustificar documentalmente este mérito, achegando copia compulsada e/ou orixinal das follas de publicación obxecto de validación, onde se especifiquen os aspectos anteriores. Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica recoñecida como tal polo Ministerio de Sanidade (ou homólogas galegas), ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio. Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito. |
|
h) Premios de investigación |
Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito. |
|
i) Proxectos de investigación |
A participación como investigador principal nun proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador ou organismo público competente, en que consten os datos identificativos do interesado e do proxecto en que participa. A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que houbese cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia. No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación, deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal ou organismo público competente que acredite a concesión do proxecto de investigación ao investigador principal así como a identidade dos investigadores colaboradores. No suposto de proxectos competitivos, deberá quedar debidamente acreditada no certificado a concorrencia nunha convocatoria competitiva, pública ou privada. Noutro suposto, non se entenderán debidamente acreditados tales méritos. |
|
j) Estadías formativas |
Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) ou do organismo público concedente da axuda (no caso de estadías financiadas no marco dun programa de Recursos Humanos), en que se faga constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin. Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas durante o período formativo da respectiva especialidade. |
|
k) Patentes |
As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes. As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente. |
|
l) Compulsa de documentos |
As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións. Todas as referencias contidas nestas bases á exixencia de copia compulsada dun documento se fan extensivas, nos mesmos termos, á copia electrónica auténtica. Os documentos en formato dixital teñen que contar con sinatura dixital e/ou CSV (código seguro de verificación) ou código QR, que remitan á URL, onde se permita ao órgano de selección verificar o respectivo documento. |
|
m) Tradución de documentos |
Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse: a) Por tradutor/a xurado/a, debidamente autorizado/a ou inscrito/a en España. b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro. c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento. Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida. |
|
n) Permiso de conducir B |
Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do permiso de conducir correspondente. Deberá rexistrarse en Fides na epígrafe outros méritos. |
