A Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro), establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura.
O Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023, incluíu a oferta de prazas de diversas especialidades de facultativo/a especialista de área e da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, co obxecto de conseguir a incorporación estable de persoal médico nos hospitais dos distritos sanitarios da Barbanza, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras.
Mediante a Resolución do 28 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 231, do 28 de novembro), convocouse o acto telemático de elección de destino para as prazas ofertadas na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.
A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que, de ser o caso, se actualice a relación de seleccionados/as, se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, e se asigne o destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
Ao abeiro da antedita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. En cumprimento da base 9.8 da convocatoria do proceso selectivo, procede excluír da relación de persoas aspirantes seleccionadas a Álvarez-Buylla Falces, Marta, con DNI ***7251**, e a Domínguez Fernández, Rubén, con DNI ***1141**, e quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da participación no mencionado proceso selectivo.
Como consecuencia das renuncias presentadas polos/as referidos/as profesionais, resultan vacantes as seguintes prazas, as cales serán ofertadas nun momento posterior de acordo co que prevé a convocatoria.
|
Centro Directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
Prazas |
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Valdeorras |
Barco de Valdeorras, O |
- |
1 |
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Verín |
Verín |
- |
1 |
Segundo. Publicar no anexo desta resolución a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas neste proceso selectivo e nomealas como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.
Adxudicarlles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no indicado anexo e declarar finalizado para elas o concurso de méritos para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 25 de maio).
Terceiro. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro. No seu artigo 2 incluíronse unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».
Polo tanto, en cumprimento do que dispón o artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:
a) Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.
A prestación de servizos do persoal seleccionado neste concurso, realizado en execución do Decreto 32/2023, do 13 de abril, realizarase en réxime de xornada ordinaria e complementaria (gardas), dentro do respecto ao réxime de xornada que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, sen que resulte de aplicación calquera réxime de exención de gardas por razóns de idade ata que transcorran dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.
A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso ou de forza maior impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.
b) Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.
Aquelas persoas aspirantes que, como consecuencia desta resolución, tomen posesión na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias serán excluídas dos procesos de selección temporal en que estean inscritas no Servizo Galego de Saúde.
Respecto a outros procesos de selección de persoal fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias xa convocados e nos cales estean participando, serán excluídos/as deles no momento en que se produza a dita toma de posesión, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma especialidade na cal xa se acredita a condición de persoal fixo. Trataríase, en concreto, do concurso-oposición convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 188, do 30 de setembro).
Cuarto. En aplicación da base 10.3 da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante seleccionará e nomeará persoal estatutario fixo da categoría a novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría, entre aqueles que teñan elixidos os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non se incorporou ao servizo activo.
Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.
Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se conste rexistrada en Fides/expedient-e e foi debidamente validada.
Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Persoas aspirantes definitivamente seleccionadas, nomeamento e adxudicación de destino
|
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
|
***5424** |
Abad Cives, María Laura |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
Burela |
- |
|
***4858** |
Camba Matos, Sandra |
A.S. da Coruña e Cee |
Hospital Público Virxe da Xunqueira |
Cee |
- |
|
***6641** |
Coutinho dos Santos, Antao Jorge |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Valdeorras |
Barco de Valdeorras, O |
- |
|
***6199** |
Gonzalez Martos, Úrsula María |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
Burela |
- |
|
***1732** |
Mariño Díaz, María Amparo |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Verín |
Verín |
- |
|
***7381** |
Rodríguez Fernández, Cristina |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Verín |
Verín |
- |
|
***6508** |
Viñas Martínez, Daniel |
A.S. da Coruña e Cee |
Hospital Público Virxe da Xunqueira |
Cee |
- |
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro
