DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2026 Páx. 1190

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 9 de xuño de 2025 (DOG do 23 de xuño e BOE do 3 de setembro) convocáronse as probas selectivas para cubrir tres prazas na escala técnica superior de administración da USC, con requisito de idioma, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 1 de outubro de 2025 (DOG do 10 de outubro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas a realizar o segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test) o día 28 de febreiro, ás 10.00 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito (Campus Sur, avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela