En sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 27 de novembro de 2025 aprobouse inicialmente a modificación puntual nº 9 do Plan xeral de ordenación municipal de Tui «Modificación dos usos regulados no Plan xeral para adaptación ao Regulamento de planeamento da Lei do solo de Galicia», de data maio de 2025, redactado por Roberto Aya Duarte, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, con emenda incorporada na propia sesión (expediente 2652/2023).
O interese público da modificación obedece á:
• Necesidade de adaptar á lexislación vixente a totalidade dos usos regulados na normativa do Plan xeral. A falta de actualización das ordenanzas de usos ao Regulamento da Lei do solo produce disfuncións á hora de aplicar a normativa.
• Necesidade da consolidación, mellora, reforzamento e potenciación das infraestruturas hostaleiras existentes nun municipio, con especial relevancia do uso hoteleiro, cunha regulación máis específica e adaptada á lexislación sectorial. Sepáranse os usos comercial e hostaleiro.
De conformidade co artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de Galicia, ábrese o trámite de información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, publicarase anuncio nun dos diarios de maior difusión da provincia e no taboleiro de anuncios municipal. As persoas interesadas poderán presentar alegacións a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
No período de información pública a documentación poderá consultarse de xeito presencial na Oficina de Urbanismo do Concello, durante os días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas, e de xeito electrónico todos os días a través do Portal de transparencia municipal:
https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency
Unha vez dentro débese acceder á carpeta de Urbanismo.
Tui, 17 de decembro de 2025
Enrique Cabaleiro González
Alcalde
