DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2026 Páx. 2763

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de información pública da modificación puntual 02 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Xove, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 15 de decembro de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual 02 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Xove, nos termos que constan na documentación presentada por Alfonso Botana, S.L., titular do NIF B70531595, con data do 19 de marzo de 2025 e rexistro de entrada 2025-E-RE-277.

De conformidade e nos termos establecidos nos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144.6 do seu regulamento, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública comprenderá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, os cales poderán consultarse na seguinte ligazón:

https://xove.sedelectronica.gal/transparency/8988cc46-81dd-4a1a-97db-02ae6d710627/

Por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da LSG e 86.2 do seu regulamento, o acordo de aprobación inicial determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición no ámbito da modificación proposta no caso en que as súas novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde o acordo de aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Xove, 19 de decembro de 2025

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde