DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3152

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Mediante as resolucións do 2 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 128, do 7 de xullo, e Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 11 de xullo) convocáronse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo e enfermeiro/a.

Pola Resolución do 21 de agosto de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 170, do 4 de setembro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, convocouse un concurso-oposición para o ingreso, entre outras, nas categorías de persoal de servizos xerais, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.

A base 6.1 das devanditas resolucións establece que, expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os/as aspirantes exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

De conformidade coa antedita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

Persoal sanitario non facultativo:

Enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.

Persoal de xestión e servizos:

Persoal de servizos xerais.

Nas categorías de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a en farmacia e persoal de servizos xerais tamén figuran as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega na quenda de discapacidade intelectual.

Segundo. A lista coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen enmendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante un escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten na relación publicada.

Cuarto. As persoas aspirantes que optaran na súa solicitude de participación polas quendas de acceso de discapacidade xeral ou discapacidade intelectual, e figuren excluídas nos respectivos listados por non reunir os requisitos de acceso da quenda seleccionada, constarán admitidas na relación definitiva de admitidas, na quenda de acceso libre e de discapacidade xeral, respectivamente, de reunir os restantes requisitos exixidos para estes sistemas de acceso.

De igual forma, as persoas aspirantes que, optando por participar pola quenda de promoción interna, non cumpran os requisitos establecidos na base 2.2.2 serán admitidas de oficio na quenda de acceso libre no caso de reunir os requisitos comúns de acceso da base 2.1.

Quinto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 decembro de 2025

A directora xeral de Recursos Humanos
P.D. (Acordo do 29.12.2025)
Begoña Caamaño del Castillo
Subdirectora xeral de Xestión de Profesionais