Expediente: IN407A 2025/119-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Recuamento LMT e CS avenida San Marcos, nº 112.
Concello: Santiago de Compostela.
Feitos:
1. O día 17 de xuño de 2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de dotar de subministración ao novo centro de seccionamento da TVG, sito na avenida San Marcos, 112, concello de Santiago de Compostela, proxéctase o recuamento dun tramo aéreo da liña de distribución de media tensión SCY832 Lavacolla-Monte do Gozo, 32, procedente da subestación San Caetano, desmantelando o dito tramo e instalando outro de tipo soterrado, que fará entrada e saída no novo centro de seccionamento que se vai instalar e conectándose co tramo soterrado da liña SCY830.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Recuamento LMT e CS avenida San Marcos, nº 112, asinado o día 4.6.2025 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, número de colexiada 2.033 da Coruña.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela, Augas de Galicia e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos por Patrimonio Cultural no prazo outorgado para ese efecto.
No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Santiago e de Augas de Gallicia á solicitude de informe.
4. O día 17.12.2025, emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na avenida San Marcos, 112, do concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS a 20 kV, de 2x397 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe e remate nos empalmes que se van realizar na LMT SCY830, procedente da subestación San Caetano, en arqueta existente, facendo E/S no CS proxectado.
– Desmantelamento do tramo LMTA a 20 kV, de 24 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº D57-17-4 (XS 15HD92) existente da LMT SCY832 Lavacolla-Monte do Gozo, 32, procedente da subestación San Caetano, e remate no apoio nº D57-17-4-1 (XS 15HD93) existente.
– CS en TVG-avenida San Marcos, 112, en configuración 4L (3 TC).
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellos eléctricos que empreguen gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
c) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou ao equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e das normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contados a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 18 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
