DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3178

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2026 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, de dous postos do cadro de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos desta universidade.

Convocada, mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG do 3 de decembro), a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes do cadro de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos desta universidade.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo, este reitorado

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos ás persoas funcionarias que se relacionan:

Denominación do posto

C.D.

Quenda

Campus

Adxudicataria

Secretaría do equipo de goberno

22

Mañá

Vigo

María Belén Jácome Pérez

Secretaría do Vicerreitorado de Ourense

22

Mañá

Ourense

Cristina Gil Ferro

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As persoas funcionarias nomeadas para ocupar estes postos de libre designación poderán ser cesadas discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de xaneiro de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo