DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3296

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

O Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle no seu artigo 69 e seguintes os tipos de intervencións admisibles para o desenvolvemento rural, entre as que figuran as axudas a investimentos.

O Goberno español elaborou o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España, para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C (2025) 5713 final, do 14 de agosto de 2025. Este plan inclúe entre outras as seguintes intervencións:

1. Intervención 6842.1. Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

– Subintervención 68421_04. Proxectos.

2. Intervención 6842.2. Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

– Subintervención 68422_04. Proxectos.

A Consellería do Medio Rural publicou o 5 de xaneiro de 2024 a Orde do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Feader, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024.

A experiencia adquirida na xestión destas axudas, así como diversos cambios normativos, fan necesario introducir algunhas modificacións que afectan principalmente as características das axudas, así como os requisitos dos beneficiarios e investimentos para seren admisibles.

Por todo o indicado, e ante a proximidade do inicio do exercicio orzamentario 2026, procede realizar a convocatoria de axudas previstas para estas intervencións nese ano.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2026. O código do procedemento é o MR340A.

As axudas consistirán en subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para dous tipos de intervencións:

Intervención 6842.1. Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

Intervención 6842.2. Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

En consecuencia, estas bases reguladoras recollen dúas modalidades de axuda, unha por cada intervención.

As solicitudes de axuda poderán incluír soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre si nas condicións indicadas nesta orde. Así, unha única solicitude de axuda pode dar lugar a un ou dous expedientes de axuda distintos en función da modalidade de axuda indicada para cada concepto solicitado.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

Artigo 2. Finalidade e obxectivos

Esta axuda ten como finalidade mellorar os sistemas de transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios mediante dúas modalidades de actuacións:

A) Investimentos dirixidos a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (en diante, GEI) na industria, investimentos en procesamento de biomasa agrícola para produción de enerxía, así como incorporación de enerxías alternativas na industria agroalimentaria (renovables e coxeración), investimentos, en xeral, que permitan mellorar a eficiencia enerxética (intervención 6842.1).

Poderanse apoiar as seguintes categorías de investimentos:

1. Investimentos en mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais.

2. Investimentos na valorización de residuos e materiais de orixe agrícola, gandeira para aumentar a autosuficiencia enerxética.

3. Investimentos para a adopción de fontes renovables de enerxía na industria.

4. Investimentos dirixidos a reducir as emisións de GEI e a unha mellor xestión dos recursos hídricos na industria.

Para poder ser considerados como subvencionables, os investimentos deben cumprir e ir máis aló das normas ou prácticas normais e dos requisitos obrigatorios.

B) Investimentos no ámbito da transformación e da comercialización de produtos agroalimentarios que busquen, entre outros obxectivos, mellorar o rendemento e desenvolvemento económico das empresas; fomentar os produtos de calidade; mellorar a seguridade alimentaria; favorecer a creación de cadeas curtas de comercialización; potenciar a innovación e a transformación dixital, o desenvolvemento de novos produtos, a busca de novos mercados, a valorización de subprodutos agrarios etc. (intervención 6842.2)

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Artigo 4. Investimentos incentivables

1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total destes non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). No caso de que estes produtos non estean incluídos no anexo I do Tratado e co obxecto de cumprir coa normativa europea sobre axudas de Estado, será de aplicación o establecido no artigo 14 (Axudas rexionais ao investimento) do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

3. Non obstante, non serán apoiables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables de cada modalidade de axuda ou do conxunto das dúas sexa inferior a 60.000 €.

b) No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, parte II, do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

c) Os investimentos incluídos no artigo 73.3 do Regulamento (UE) nº 2021/2115.

4. Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.

5. Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

Artigo 5. Contía das subvencións

1. As subvencións consistirán en axudas para a execución de proxectos de investimentos, e poderán acadar as porcentaxes máximas de axuda dos investimentos subvencionables para cada modalidade de axuda indicadas no punto seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante e as características dos produtos. Para determinar o tipo de empresa aplicaranse os criterios establecidos na Recomendación 2003/361/CE da Comisión sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003).

2. As porcentaxes máximas de axuda para cada modalidade de axuda serán as seguintes:

Tipos de produtos finais

Tipo de empresa solicitante

Microempresas e pequenas empresas

Empresas

medianas

Empresas non microempresas,

nin pequenas ou medianas

Incluídos no anexo I do Tratado

50 %

50 %

50 %

Non incluídos no anexo I do Tratado

35 %

25 %

15 %

No caso de que os investimentos se vaian utilizar para obter de forma indiferenciada tanto produtos incluídos no anexo I do Tratado como non incluídos nel, as porcentaxes máximas de axuda indicadas, así como o resto das condicións establecidas no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, aplicaranse soamente a unha parte dos investimentos, determinada pola proporción dos produtos que se obterán non incluídos no anexo I do Tratado con respecto aos totais.

3. A porcentaxe de axuda que lle corresponderá a cada expediente determinarase segundo o seguinte baremo:

Expedientes con investimentos da intervención 6842.1:

Puntuación

% subvención

77 ou máis

50 %

66-76

45 %

55-65

40 %

44-54

35 %

31-43

30 %

20-30

25 %

Menos de 20

0 %

Expedientes con investimentos da intervención 6842.2:

Puntuación

% subvención

86 ou máis

50 %

71-85

45 %

56-70

40 %

46-55

35 %

31-45

30 %

20-30

25 %

Menos de 20

0 %

Á porcentaxe de subvención determinada por estes criterios de puntuación engadirase un 5 % adicional se o solicitante é unha cooperativa agraria galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia. En todo caso, non se superarán os importes e porcentaxes de subvención máximos establecidos no número 2 deste artigo.

4. En calquera caso, o importe da axuda concedida para cada modalidade de axuda mediante esta orde a un proxecto presentado non superará os importes indicados a seguir, aplicables por tramos do investimento subvencionable total, e establecidos en función da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración mencionados no artigo 14:

Investimento subvencionable

(tramos do seu importe total)

Importe máximo de axuda (para cada tramo do investimento total subvencionable)

Puntuación menor de 40 puntos

Puntuación entre 40 e 55 puntos

Importe máx. por tramo

Importe máx. por tramo

Ata 2 mill. €

400.000,00 €

500.000,00 €

Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. €

300.000,00 €

400.000,00 €

Exceso de 4 mill. € ata 6 mill. €

200.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 6 mill. € ata 8 mill. €

200.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 8 mill. € ata 10 mill. €

200.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 10 mill. € ata 12 mill. €

200.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 12 mill. € ata 15 mill. €

200.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 15 mill. € ata 18 mill. €

200.000,00 €

200.000,00 €

Exceso de 18 mill. € ata 21 mill. €

200.000,00 €

200.000,00 €

Exceso de 21 mill. € ata 25 mill. €

200.000,00 €

200.000,00 €

Exceso de 25 mill. € ata 30 mill. €

200.000,00 €

200.000,00 €

Exceso de 30 mill. €

200.000,00 €

200.000,00 €

Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicará ningunha limitación do importe de subvención por tramos de investimento.

4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario en cada modalidade de axuda ou no conxunto das dúas modalidades non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable nesa modalidade ou no conxunto das dúas modalidades non chegue ao importe de 15.000.000 €, e non será superior a 5.000.000 € en cada modalidade de axuda ou no conxunto das dúas modalidades cando o investimento total subvencionable nesa modalidade ou no conxunto das dúas modalidades sexa de 15.000.000 € ou maior.

En todo caso, o importe das subvencións concedidas a un grupo empresarial non poderá superar o importe de sete millóns de euros. Para estes efectos, considerarase como grupo empresarial o conxunto de sociedades que teñan polo menos un dos seguintes vínculos entre si:

a) unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa;

b) unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra sociedade;

c) unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou unha cláusula estatutaria da segunda empresa;

d) unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas nas alíneas a) a d) do parágrafo anterior a través doutra ou outras empresas tamén se considerarán unha única empresa.

5. Cando o importe da subvención que se vaia conceder a un beneficiario supere a contía de 3.000.000 de euros, requirirá autorización previa do Consello da Xunta conforme o establecido no número 2 do artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Requisitos adicionais do solicitante

Para a concesión e/ou pagamento das axudas, o solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:

1. Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito;

b) Tratándose dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando teña desaparecido polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade;

c) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores;

d) Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:

1º. A ratio débeda/capital da empresa fora superior a 7,5, e

2º. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do Ebitda, sexa inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na alínea c) do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non estaren en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos dous últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

2. Non se concederán axudas a solicitantes en que concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

3. No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, deberán acreditar que dispoñen dos contratos escritos establecidos no capítulo II do Real decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo. Esta acreditación deberá facerse cando se solicite a axuda.

Así mesmo, as empresas lácteas que adquiran leite a terceiros deberán cumprir o prazo de pagamento establecido na disposición adicional primeira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Conforme iso, non se concederán nin pagarán axudas a empresas lácteas que teñan pendentes de pagamento compras de leite en que xa se superase o prazo máximo establecido indicado.

4. Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo corra a cargo do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor no caso de falta de pagamento.

A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:

a) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na alínea b) seguinte e con suxeición á súa regulación.

b) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contablen non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, «informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.

Para os efectos desta lei, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, alínea d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

O informe de procedementos acordados deberá realizarse sobre a documentación proporcionada pola sociedade auditada; en concreto, sobre o detalle de facturas pendentes de pagamento a provedores, excluíndo as correspondentes a provedores que formen parte do mesmo grupo de sociedades no sentido do artigo 42 do Código de comercio, nunha data de corte, que se considerará data de referencia e que, como máximo, deberá ser anterior nun mes á emisión do informe

Artigo 7. Requisitos adicionais dos investimentos

Para a concesión e/ou pagamento das axudas, os investimentos e instalacións deberán cumprir os seguintes requisitos adicionais:

1. Os investimentos e instalacións deben cumprir os seguintes requisitos en materia de ambiente:

a) No caso de proxectos de investimento relativos a instalacións xa existentes, o solicitante deberá acreditar para a concesión da axuda que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida, ou ben, no caso de instalacións anteriores á entrada en vigor da devandita lei, que dispón de licenza de actividade.

Cando o proxecto de investimento corresponda a unha nova instalación, o beneficiario deberá acreditar para o pagamento final da axuda que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida.

b) No caso de proxectos de investimento que requiran unha avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade e sentido favorable para o pagamento final da axuda.

Para eses efectos, todas as solicitudes de pagamento final da axuda referentes a proxectos incluídos nalgún dos seguintes casos citados a continuación deberán incluír coa documentación para o pagamento, cando así se indique na resolución de concesión, o informe favorable de avaliación ambiental ou ben un informe da autoridade competente que indique que non é necesario:

1º. Proxectos incluídos no anexo I ou anexo II da Lei 21/2013, ou que supoñan a modificación das características dun proxecto incluído nos referidos anexos.

2º. Proxectos que poidan afectar, directa ou indirectamente espazos protexidos da Rede Natura 2000.

2. Os investimentos e instalacións deben cumprir os seguintes requisitos, de ser o caso, en materia de sanidade e benestar animal:

a) No caso de investimentos relativos a instalacións xa existentes, deberá acreditarse coa solicitude de axuda que as referidas instalacións dispoñen de rexistro sanitario, e que cumpren, de ser de aplicación, a normativa de benestar animal e a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal.

b) Para o pagamento das axudas, o beneficiario deberá acreditar tras a execución dos investimentos que dispón de rexistro sanitario actualizado ou vixente, así como, de ser de aplicación, que cumpre a normativa de benestar animal ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal. Esta acreditación non será exixida no caso de que os investimentos previstos, dadas as súas características, non supoñan unha alteración das actividades da empresa que afecten o rexistro sanitario vixente, ou alteren as condicións relativas ao benestar animal ou á elaboración de produtos para alimentación animal.

A resolución de concesión indicará, se é o caso e expresamente, as acreditacións referidas que será necesario presentar para o pagamento da axuda.

3. Non se concederán axudas a investimentos iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento a data en que se produza, en primeiro lugar, ben o inicio das obras de construción relativas aos investimentos, ou ben o primeiro compromiso xuridicamente vinculante para realizar un pedido de equipamentos ou servizos ou calquera outro compromiso que faga irreversible o proxecto. A compra de terreos, así como os gastos sinalados no número 4.d) do artigo 4 desta orde non será considerado como inicio do investimento sempre que se iniciasen con posterioridade ao dia 1 de xaneiro de 2023.

4. Os investimentos subvencionables deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na anualidade correspondente á convocatoria a que concorre a solicitude, e será establecida en cada convocatoria anual.

5. Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social ou epígrafe do imposto de actividades económicas no momento de emisión da oferta a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo, así como as características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

Artigo 8. Outros requisitos e condicións

1. Se o solicitante está sometido á normativa de contratación pública conforme o disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, deberá acreditar o seu cumprimento na execución dos investimentos subvencionados con anterioridade ao pagamento da axuda.

2. Para a concesión das axudas teranse en conta as restricións de produción e as limitacións de apoio comunitario que existan de acordo coas organizacións comúns de mercado da Unión Europea. Non se concederán axudas que contraveñan prohibicións ou restricións establecidas nestas.

3. De conformidade co previsto no número 4.7.3 do Plan estratéxico da PAC, o beneficiario está obrigado a manter os investimentos cofinanciados durante un período mínimo de 5 anos desde que se efectúe o pagamento final.

Consideráranse incumprimentos do mantemento dos investimentos:

a) O cesamento ou a transferencia dunha actividade produtiva fóra da rexión de nivel NUTS 2 en que recibiu axuda;

b) Un cambio na propiedade dun elemento de infraestrutura que proporcione a unha empresa ou a un organismo público unha vantaxe indebida;

c) Un cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

4. Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin aos seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos a dispoñibilidade da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras. Así mesmo, no caso de novas instalacións, deberase acreditar coa solicitude a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.

5. Non se concederá axuda a investimentos relativos a instalacións xa existentes que non estean inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias.

6. Non se concederán nin pagarán axudas a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Función Pública) e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda e Administración Pública).

7. No caso de solicitudes de subvención en que os produtos finais do proxecto presentado non estean incluídos no anexo I do Tratado, deberán cumprir ademais cos requisitos establecidos no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, e, en particular cos seguintes requisitos adicionais:

a) O beneficiario das axudas deberá achegar unha contribución financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, ben a través dos seus propios recursos, ben mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública.

b) Se o solicitante non é peme, a axuda só se concederá para un investimento inicial que cree unha nova actividade económica na zona de que se trate. Para estes efectos, considerarase como investimento inicial dunha nova actividade económica:

1º. O investimento en activos materiais e inmateriais relacionado cunha das seguintes actividades ou con ambas:

– A creación dun novo establecemento;

– A diversificación da actividade dun establecemento, coa condición de que a nova actividade non sexa unha actividade idéntica nin similar á realizada previamente no establecemento, ou

2º. A adquisición de activos (terreo e/ou edificacións) pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía de non ser adquirido, sempre que a nova actividade que vaia levar a cabo utilizando os activos adquiridos non sexa igual ou similar á realizada no establecemento antes da adquisición.

Considerase a mesma actividade ou unha actividade similar a unha actividade que entra na mesma categoría (código numérico de catro díxitos) da nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Revisión 2, establecida no Regulamento (CE) 1893/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 2006, polo que se establece a nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Revisión 2 e polo que se modifica o Regulamento (CEE) nº 3037/90 do Consello e determinados regulamentos da CE sobre aspectos estatísticos específicos.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De acordo co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

3. As solicitudes de axuda presentadas deberán indicar os investimentos solicitados por cada unha das modalidades de axuda: intervención 6842.1 ou intervención 6842.2. Non se admitirán investimentos que se soliciten polas dúas modalidades ao mesmo tempo.

4. Os solicitantes de axuda soamente poderán presentar en cada convocatoria unha solicitude de axuda para todos os investimentos que vaian desenvolver nun mesmo centro de produción, considerando como tal o conxunto de instalacións localizadas nun mesmo recinto físico. Porén, no caso de investimentos nun mesmo centro de produción que afecten procesos produtivos en que existan liñas de produción diferenciadas para produtos finais do anexo I do Tratado e para fóra do anexo I, poderanse presentar dúas solicitudes diferenciadas polo tipo de produto final obtido, sempre que se cumpran todos os requisitos establecidos.

Artigo 10. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo A1) a seguinte documentación:

a) Anexo A2: memoria, debidamente cuberto.

b) Estudio técnico co contido mínimo indicado no anexo A3

c) Estudio económico co contido mínimo indicado no anexo A4.

d) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar as escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

e) No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos dous últimos anos se son sociedades. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

f) No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas: xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras. Así mesmo, no caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos, identificable mediante a súa referencia catastral.

g) No caso de industrias xa existentes, rexistro sanitario e licenza de actividade do concello ou acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida. No caso de matadoiros e outras actividades relacionadas co manexo de gando vivo, deberase acreditar que se cumpren as normas mínimas relativas ao benestar animal, mediante informe ou certificado actualizado expedido por autoridade competente. No caso de industrias de alimentación animal deberase acreditar que se cumpre a normativa específica sobre elaboración dese tipo de produtos, mediante informe ou certificado actualizado expedido por autoridade competente.

h) No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, acreditación de que dispoñen dos contratos escritos establecidos no capítulo II do Real decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo.

i) Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación ou informe de procedementos acordados emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, relativo ao cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

j) Anexo A5: relación de ofertas solicitadas e elixidas.

k) Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se vaian realizar e incluídas no anexo A5 desta orde.

l) No caso de facturar produtos amparados pola marca de garantía de leite «Galega 100 %» debe presentarse o contrato de licenza de uso, así como acreditación do importe facturado no último ano en produtos amparados nesa marca.

m) No caso de producir produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida, debe achegarse certificado do Consello Regulador correspondente sobre a produción amparada no último ano.

n) No caso de solicitantes que sexan sociedades participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos, certificación do representante da empresa relativa ás materias primas que esta utiliza, que sexan producidas polas explotacións dos seus socios. Así mesmo, os socios deben acreditar a condición de produtor agrario galego mediante a declaración do IRPF do último ano, para o que se deberá dar o consentimento expreso para a súa consulta presentando o anexo A6 cuberto. No caso de non dar autorización, deberá achegarse o documento correspondente.

o) No caso de que os investimentos estean localizados en aldeas modelo, polígonos agroforestais ou agrupacións de xestión conxunta derivadas da aplicación da Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galicia, documentación acreditativa.

p) No caso de proxectos de reacondicionamento e modernización de instalacións deterioradas por desastres naturais, incendios e outras causas de forza maior, documentación acreditativa.

q) No caso de proxectos con investimentos destinados ás seguintes finalidades:

– Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais.

– Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola, gandeira para aumentar a autosuficiencia enerxética.

– Adopción de fontes renovables de enerxía na industria.

– Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

– Mellora da xestión dos recursos hídricos na industria.

– Memoria técnica xustificativa da finalidade indicada.

r) No caso de investimentos para a adopción de fontes renovables de enerxía, certificado ou estudo emitido por un experto independente que acredite que a cantidade de enerxía anual xerada na industria non supera a cantidade de enerxía consumida anualmente nas instalacións obxecto do investimento. Para os efectos de avaliar ese consumo medio anual integraranse os seguintes sumandos:

– Cando existan, os consumos reais medidos en quilovatios hora do establecemento industrial afectado correspondente aos doce meses inmediatamente anteriores ao rexistro da solicitude de axuda.

– As estimacións de incremento de consumo anual nas mesmas unidades derivadas dos investimentos obxecto da solicitude de axuda.

s) No caso de investimentos dirixidos á redución das emisións de GEI, certificado ou estudo emitido por un experto independente que acredite a redución das emisións de GEI que se logrará tras a execución dos investimentos solicitados.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando a solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI ou NIE no caso de persoa física.

b) Declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 2 últimos anos.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.

g) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.

h) Declaracións do IRPF do último ano dos socios de sociedades solicitantes de axuda que declaren estar participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos.

i) Consulta de concesións ampliado.

j) Consulta de axudas do Estado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Tramitación das solicitudes

1. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Os servizos de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural tramitarán as solicitudes presentadas correspondentes aos seus ámbitos xeográficos, realizando as actuacións que consideren necesarias para verificar o cumprimento dos requisitos establecidos. Comprobarán, en particular, que os investimentos teñen viabilidade técnica e económica.

2. Se o solicitante non presenta a documentación requirida no prazo máximo establecido ou se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días. De non facelo así, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Non obstante o disposto nos puntos anteriores deste artigo, dada a natureza deste procedemento como de concorrencia competitiva, non será susceptible de emenda a presentación fóra do prazo indicado na convocatoria da seguinte documentación, considerada como mínimo imprescindible para a tramitación da solicitude de axuda:

a) Anexo A1 de solicitude da axuda.

b) Anexo A2 de memoria cuberto adecuadamente e que inclúa, en particular, a relación pormenorizada dos investimentos previstos para cada intervención co seu importe sinalados no seu número 9.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta información. Nestes casos emitirase resolución de inadmisión. Así mesmo, non se admitirá con posterioridade ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita axuda que supoña o aumento do seu importe ou a inclusión de novos elementos ou gastos.

4. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Artigo 14. Avaliación e selección das solicitudes de subvencións

1. Os expedientes de cada modalidade de axuda serán avaliados conforme os seguintes criterios de valoración:

– Expedientes con investimentos da intervención 6842.1: os sinalados nos anexos III, V, VI e VII desta orde.

– Expedientes con investimentos da intervención 6842.2: os sinalados nos anexos IV, V, VI e VII desta orde.

O encargado da avaliación será un órgano colexiado, que estará presidido pola persoa titular da Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias, e integrado por dous funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior á de xefe de sección. Este órgano colexiado elaborará unha lista con todos os expedientes de axuda para cada modalidade que reúnan os requisitos para a concesión de axuda, ordenados de maior a menor puntuación. A subvención que se conceda a cada un deles farase seguindo a orde establecida e conforme o baremo establecido no artigo 5.

2. No caso de que o orzamento dispoñible para cada modalidade de axuda non chegue para aprobar todas as solicitudes, non se subvencionarán as de menor puntuación. Para eses efectos, no caso de empate na puntuación utilizarase os seguintes criterios de desempate:

a) Expedientes con investimentos da intervención 6842.1:

A maior puntuación obtida no criterio de valoración 1 (Actividade prioritaria) do anexo III. No caso de persistir o empate utilizaranse como criterios sucesivos de desempate a maior puntuación obtida nos criterios de valoración do 2 ao 5, por esa orde. Se aínda persistise o empate, utilizarase como criterio adicional de desempate o maior investimento subvencionable.

b) Expedientes con investimentos da intervención 6842.2:

A maior puntuación obtida no criterio de valoración 1 (Actividade prioritaria) do anexo IV. No caso de persistir o empate utilizaranse como criterios sucesivos de desempate a maior puntuación obtida nos criterios de valoración do 2 ao 7, por esa orde. Se aínda persistise o empate, utilizarase como criterio adicional de desempate o maior investimento subvencionable.

En todo caso, se a axuda que lle corresponde ao último expediente de solicitude de axuda que se aprobe en aplicación dos criterios de prioridade citados para cada modalidade de axuda é inferior a cinco mil euros, non se concederá ningunha axuda ao referido expediente de solicitude de axuda.

Artigo 15. Resolución

1. A resolución dos expedientes corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, por proposta do órgano instrutor do procedemento.

2. As solicitudes serán resoltas nun prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o interesado reciba comunicación expresa, poderá entender desestimada a súa petición por silencio administrativo.

3. As resolucións de concesión indicarán os investimentos considerados como subvencionables dentro de cada modalidade de axuda solicitada, así como as condicións xerais e particulares que se deben cumprir para poder percibir a axuda concedida. A resolución sinalará especificamente a anualización aprobada para a execución dos investimentos para cada modalidade de axuda.

As anualidades establecidas indicarán o investimento que se debe executar e pagar en cada unha delas, así como a data límite establecida para presentar a documentación acreditativa correspondente e cumprir outras condicións establecidas, se é o caso. O número de anualidades así como o investimento que se executará en cada unha delas establecerase conforme a previsión de execución presentada coa solicitude de axuda e as dispoñibilidades orzamentarias. O número máximo de anualidades en que poderá executarse o investimento aprobado será de tres correlativas, e a derradeira delas incluirá o investimento necesario para permitir percibir como mínimo o 20 % da subvención total concedida.

A resolución sinalará tamén a data máxima para xustificar o investimento, incluída a súa facturación e pagamento efectivo, así como a presentación da documentación necesaria para tramitar o cobramento da subvención correspondente. Esta data será cando menos posterior en dez días á data prevista no calendario presentado, sen que en ningún caso se supere en cada anualidade a data do 10 de outubro. Non obstante, excepcionalmente, no caso de que a resolución de concesión das axudas sexa posterior ao día 1 de setembro de 2026, a data máxima para xustificar o investimento na primeira anualidade poderá ser posterior á referida data do 10 de outubro, sen que se supere o día 29 de decembro de 2026. En todo caso, a referida data máxima de xustificación figurará expresamente indicada na resolución de concesión.

A resolución poderá incluír a obriga de executar investimentos indicados na solicitude presentada que, aínda que non sexan considerados subvencionables, sexan necesarios para o correcto desenvolvemento do proxecto aprobado.

Artigo 16. Pagamento das subvencións

1. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Xustificación dos gastos efectuados mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil, xunto cunha relación destes seguindo o modelo incluído como anexo B.1. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo, que deberá realizarse a través de entidades financeiras. O pagamento efectivo acreditarase presentando a copia do documento de pagamento (cheque, orde de transferencia, letra de cambio etc.), xunto co extracto ou certificado bancario que xustifique inequivocamente o seu cargo na conta bancaria do beneficiario. Non se admitirá como xustificante do pagamento a simple certificación da empresa facturante de ter cobrado o seu importe, agás de forma excepcional no caso de gastos inferiores a 300 euros.

b) Declaración do beneficiario relativa ao financiamento dos gastos efectuados segundo o modelo B2. No caso de financiamento mediante créditos ou préstamos deberá presentarse, ademais, copia da escritura de formalización destes, así como un certificado da entidade financeira en que indique se o préstamo procede de fondos públicos e se ten algún tipo de axuda. Nese sentido, para o cálculo das axudas implícitas nos préstamos procedentes de fondos públicos seguiranse, cando procedan, os criterios establecidos na Comunicación 2008/C14/02 da Comisión, relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e actualización.

c) Relación das diferenzas existentes entre os traballos previstos e os realizados, seguindo o modelo do anexo B3. Ademais, no caso de modificacións que afecten os conceptos e elementos subvencionados, deberá presentarse o anexo A5, no cal se indicará para cada elemento novo as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se é o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa, así como a copia de todas as ofertas solicitadas. A aceptación destas modificacións estará suxeita ao cumprimento deste requisito, así como ao establecido nos artigos 18 e 19.

d) Análise das diferenzas cuantitativas entre os investimentos previstos e os efectuados, seguindo o modelo incluído como anexo B4.

e) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, conforme o modelo establecido no anexo B5, e achegando no caso de concesión copia da resolución correspondente.

f) No caso de adquisición de terreos e edificacións, deberase achegar, ademais, un certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, en que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.

g) Comunicación relativa á inscrición dos investimentos no Rexistro de Industrias Agrarias.

h) Informe favorable de avaliación do impacto ambiental, ou informe da autoridade competente en que se indique que o referido proxecto non a precisa, cando así se indique na resolución de concesión.

i) No caso de investimentos correspondentes a unha nova instalación, acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida.

j) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

2. As facturas xustificativas dos gastos realizados deberán incluír a relación detallada dos conceptos facturados e, no caso de maquinaria e equipamentos, deberán indicar, ademais das súas características, a marca, o modelo e o número de serie da súa placa identificativa.

3. O beneficiario deberá xustificar o investimento conforme a anualización establecida na resolución de concesión e solicitar os correspondentes pagamentos da axuda, que poderán ser pagamentos á conta ou totais.

Os pagamentos anteriores ao pagamento final terán o carácter de pagamentos á conta. Cando se tramite un pagamentos á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar, con anterioridade ao pagamento da axuda, unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobada a realización da actividade para a cal se concedeu a subvención.

En todo caso, a data máxima para presentar a solicitude de pagamentos á conta non superará a data máxima de xustificación de cada anualidade establecida na resolución de concesión.

4. Con carácter excepcional e por resolución motivada da Consellería, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50 % da subvención. Nese caso será necesario presentar unha garantía constituída mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades anticipadas e será liberada unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o cal se concedeu a subvención. A data máxima para presentar a solicitude de anticipo non superará a data do 10 de outubro de 2026.

5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

6. A Consellería comprobará que a solicitude de pagamento cumpre os requisitos para aboar a subvención concedida. A comprobación incluirá como mínimo unha inspección in situ dos investimentos realizados para cada expediente de axuda. Non se admitirán como subvencionables os conceptos e elementos dos investimentos xustificados en que se comprobe cando se realice a inspección in situ para o pagamento final da axuda, que non están en condicións de poder funcionar.

7. As propostas de pagamento das axudas por parte do órgano xestor acomodaranse ás dispoñibilidades económicas existentes en cada momento, derivadas das transferencias de fondos do Feader e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que se reciban.

8. A solicitude de pagamento presentada polo beneficiario será examinada e determinaranse os importes subvencionables e os que non o son. Ademais, fixará o seguinte:

a) O importe pagadoiro á persoa beneficiaria en función da solicitude de pagamento e a resolución de concesión. No caso de que o primeiro sexa superior ao segundo, o importe solicitado axustarase ao límite da concesión.

b) O importe pagadoiro á persoa beneficiaria tras o exame da subvencionabilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado conforme a alínea a) supera o importe fixado conforme a alínea b) en máis dun 10 %, aplicarase unha penalización ao importe fixado conforme a alínea b). O importe da penalización será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis aló do importe solicitado.

Artigo 17. Modificacións

Unha vez aprobada unha solicitude de subvención, a admisibilidade de cambios de beneficiario, localización do investimento, importe e características dos conceptos e elementos subvencionados, e prazos de execución e xustificación, estará suxeita ás seguintes condicións:

1. Modificación do beneficiario. Será admisible nos seguintes supostos:

a) Cando se trate dun simple cambio de denominación da empresa.

b) Cando o novo beneficiario sexa resultante dun proceso de fusión.

c) Cando se trate dunha transformación do tipo de sociedade conforme o establecido no Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se adoptan e prorrogan determinadas medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína, de apoio á reconstrución da illa de La Palma e a outras situacións de vulnerabilidade; de transposición de directivas da Unión Europea en materia de modificacións estruturais de sociedades mercantís e conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores, e de execución e cumprimento do dereito da Unión Europea.

En todo caso, para ser admisibles estas modificacións débense cumprir o resto dos requisitos establecidos para que un solicitante poida ser beneficiario das axudas. A modificación do beneficiario poderá dar lugar á modificación da axuda concedida se afecta a puntuación obtida polo expediente en aplicación dos criterios de priorización establecidos. En ningún caso a modificación do beneficiario poderá dar lugar ao aumento da axuda concedida.

2. Non se admitirán modificacións que supoñan o cambio de localización dos investimentos aprobados.

3. Modificación do importe dos investimentos subvencionados:

a) Non se admitirá o incremento do importe total do investimento considerado como subvencionable en cada modalidade de axuda.

b) Será admisible a redución do importe total do investimento considerado como subvencionable na resolución de concesión para cada modalidade de axuda se non supera o 40 % do seu valor.

c) Non se admitirán modificacións que supoñan incrementos do custo unitario dos conceptos e elementos subvencionados.

d) Non se admitirán modificacións que supoñan incrementos do importe do investimento subvencionable correspondente aos conceptos de urbanización e construcións en cada modalidade de axuda.

4. Modificación das características dos conceptos e elementos subvencionados.

Serán admisibles sempre que o seu importe non supere o 20 % do investimento total subvencionable aprobado na resolución de concesión para cada modalidade de axuda e o beneficiario xustifique a realización nos prazos establecidos de conceptos e elementos subvencionados coincidentes cos aprobados para cada modalidade de axuda que representen como mínimo o 60 % do importe do investimento subvencionable aprobado para a referida modalidade de axuda. Para estes efectos, considerarase que os conceptos e elementos subvencionados realizados polo beneficiario son coincidentes cos aprobados cando realizan as mesmas funcións.

En todo caso, para ser admisibles estas modificacións débense cumprir o resto dos requisitos establecidos, e en particular o indicado no número 5 do artigo 7, referente á solicitude previa de tres ofertas. Se a modificación supón una alteración das condicións tidas en conta para a valoración da solicitude, conforme os criterios sinalados no artigo 14, farase unha nova valoración que poderá dar lugar á redución ou perda da subvención concedida.

5. Modificación dos prazos de execución e xustificación.

Non será admisible a modificación do número de anualidades nin do investimento correspondente a cada unha delas para cada modalidade de axuda. Tampouco serán admisibles ampliacións dos prazos de execución e xustificación establecidos para cada anualidade na resolución de concesión.

Independentemente do citado nos puntos anteriores deste artigo, a Consellería poderá excepcionalmente aprobar modificacións da resolución de concesión que non se axusten ás condicións indicadas nos puntos anteriores, por causas de forza maior ou por circunstancias excepcionais, conforme o establecido no artigo 3 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1306/2013.

En todo caso, as solicitudes de modificación deben ser presentadas polos beneficiarios antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade, ser prexuízo do disposto no artigo 59 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009 polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia. Así mesmo, para a tramitación e resolución das modificacións teranse en conta as condicións establecidas no artigo 35 do citado regulamento.

Artigo 18. Incumprimentos

1. Se o beneficiario da subvención cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos e elementos dos investimentos aprobados nos prazos establecidos, e cumprindo co resto dos requisitos establecidos, aboarase a totalidade da subvención concedida. En calquera outro caso, considerarase que existe un incumprimento, que poderá ser parcial ou total.

2. Considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario non realice ou xustifique nos prazos establecidos a totalidade do importe do investimento subvencionado, e o importe dos conceptos e elementos xustificados admisibles coincidentes cos aprobados represente como mínimo o 60 % do importe total do investimento subvencionable aprobado para cada modalidade de axuda, e se cumpra co resto dos requisitos establecidos.

Nese caso, sen prexuízo do establecido no número 3.e) deste artigo, aboarase a parte proporcional da subvención correspondente ao investimento admisible para cada modalidade de axuda, que poderá incluír a substitución de conceptos ou elementos subvencionados por outros diferentes (ata o límite do 20 % do investimento subvencionable aprobado na modalidade de axuda na resolución de concesión) se estes manteñen os obxectivos do proxecto e cumpren os requisitos establecidos nesta orde e, en particular, o establecido no número 5 do artigo 7, referente á solicitude previa de tres ofertas.

3. Considerarase que existe un incumprimento total nos seguintes casos:

a) Cando o investimento xustificado polo beneficiario e admisible como subvencionable para cada modalidade de axuda correspondente á primeira anualidade sexa inferior ao mínimo executable exixido para esa anualidade na modalidade de axuda correspondente.

b) Cando o importe total dos gastos e elementos admisibles realizados e xustificados polo beneficiario que sexan coincidentes cos aprobados para cada modalidade de axuda non acade como mínimo o 60 % do investimento total subvencionable aprobado na modalidade de axuda correspondente.

c) Cando exista un cambio de localización dos investimentos obxecto de axuda.

d) Cando o investimento total subvencionable realizado non chegue a 60.000 €.

e) Cando se modifique calquera outra característica do beneficiario ou do proxecto aprobado que supoña o incumprimento dalgún requisito para a concesión da axuda.

No caso de incumprimento total, o beneficiario non cobrará ningunha axuda e deberá devolver, se é o caso, os importes xa percibidos.

4. Considerarase, así mesmo, que existe un incumprimento cando o beneficiario non dispoña nos prazos establecidos na resolución de concesión dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais. Neste caso, o incumprimento dará lugar á perda do dereito ao cobramento de ata o 100 % da axuda concedida, co reintegro, se é o caso, dos importes xa percibidos. Para estes efectos, aplicaranse os seguintes criterios:

a) No caso de proxectos con axuda concedida que, finalizado o prazo máximo permitido para a súa execución e xustificación, teñan executados e pagados os investimentos pero carezan dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional dun mes contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto.

Neste caso de incumprimento parcial, aplicaranse á axuda que corresponda aboar ao beneficiario as penalizacións seguintes:

– No caso de tratarse da falta dun só documento e de ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 1 % do importe que se pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o cal se solicita axuda.

– No caso de tratarse da falta de máis dun documento ou de non ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 2 % do importe que se pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o cal se solicita axuda.

b) No caso de proxectos con axuda concedida que, finalizado o prazo máximo permitido para a súa execución e xustificación, teñan executados e pagados os investimentos pero carezan dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional de entre un e catro meses contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto.

Neste caso de incumprimento parcial, aplicaranse á axuda que corresponda abonar ao beneficiario as penalizacións seguintes:

– No caso de tratarse da falta dun so documento e de ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 5 % do importe que se pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o cal se solicita axuda.

– No caso de tratarse da falta de máis dun documento ou de non ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 10 % do importe que se pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o cal se solicita axuda.

c) No caso de proxectos en que, transcorrido o prazo máximo adicional de catro meses contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto, non estea presentada toda a documentación exixida na resolución de concesión para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento total e o beneficiario perderá o dereito ao cobramento da totalidade da axuda concedida e deberá reintegrar, se é o caso, as cantidades xa percibidas.

5. En todo caso, será de aplicación o establecido na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, e no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 19. Reintegro das axudas, infraccións e sancións

1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto, se é o caso, cos xuros de demora, nos supostos sinalados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular, procederá o reintegro total ou parcial da axuda percibida, no caso de incumprimento da obriga de xustificación ou doutras obrigas derivadas da concesión da subvención.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, e na normativa comunitaria aplicable, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

3. Será, así mesmo, de aplicación o establecido na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, e no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 20. Seguimento e control

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas incompatibles outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, ao reintegro total ou parcial da subvención concedida.

2. Os órganos da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias encargados da tramitación do procedemento poderán exixir aos solicitantes ou beneficiarios calquera documentación complementaria necesaria para comprobar o cumprimento dos requisitos necesarios para a concesión e/ou pagamento das axudas.

3. Os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas, e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

4. O beneficiario da axuda deberá levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

Artigo 21. Compatibilidade

1. Conforme o establecido no artigo 36 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, no marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.

2. No caso de investimentos subvencionables derivados da destrución ou desaparición de elementos do inmobilizado material da empresa, cuberta por pólizas de seguro, o importe das indemnizacións recibidas por ese concepto sumado ás axudas concedidas non poderá superar o importe do investimento subvencionable.

3. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Medidas informativas e publicitarias

A resolución de concesión informará os beneficiarios de que a subvención procede dun programa cofinanciado polo Feader.

Os beneficiarios das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 6 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 2022/129, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC, e demais normas de aplicación.

En particular, os beneficiarios deberán dar a coñecer a axuda concedida consonte as regras indicadas no anexo II, Publicidade das axudas.

De conformidade co artigo 99 do Regulamento (UE) 2021/2116, infórmanse as persoas interesadas da publicación dos datos que lles concirnen na lista de operacións seleccionadas para recibir axuda do Feader segundo o previsto no artigo 49 do Regulamento 2021/1060 e de que os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión.

Artigo 23. Devolución voluntaria da axuda recibida

As persoas beneficiarias que pretendan devolver voluntariamente as axudas concedidas, deberán presentar unha solicitude de devolución voluntaria segundo o modelo que figura como anexo B6, xunto co certificado bancario de devolución da axuda concedida.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Réxime de recursos

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, para os actos non expresos.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

Artigo 26. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. En todo caso, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as resolucións de concesión das axudas consistentes en subvencións por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva.

Artigo 27. Medidas antifraude

1. De conformidade co Regulamento (UE) 2021/2116, toda persoa ou entidade que reciba fondos da Unión debe cooperar na protección dos intereses financeiros desta.

2. A aceptación da axuda implica a obriga de asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito do Feader.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da canle de denuncias da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

Artigo 28. Cumprimento da normativa sobre axudas públicas

1. As axudas establecidas nesta orde cofinanciadas polo Feader ampáranse na seguinte normativa:

– Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados.

– Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

– Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

– Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

– Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión do 21 de decembro de 2021 polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

– Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

– Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

– Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023-2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

– Plan galego de controis, intervencións PEPAC 2023-2027-réxime Feader non SIXC.

– Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade.

2. Así mesmo, no caso de subvencións a empresas referentes a investimentos nos cales os produtos finais non estean incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado, están amparadas no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Diario Oficial de la Unión Europea L 187, do 26.6.2014).

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para 2026

Artigo 29. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para os investimentos de transformación e comercialización dos produtos agrarios cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2026.

Artigo 30. Condicións e finalidade

1. Para poder acceder a estas axudas, o solicitante deberá cumprir os requisitos establecidos nesta orde.

2. A modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.1 ten por finalidade incentivar os investimentos en instalacións situadas en Galicia dirixidos a reducir as emisións de GEI en industria, en procesamento de biomasa agrícola para produción de enerxía, así como incorporación de enerxías alternativas na industria agroalimentaria: renovables (solar, térmica, eólica, fotovoltaica, biomasa e biogás) e coxeración, investimentos, en xeral, que permitan mellorar a eficiencia enerxética.

A modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.2 ten por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.

3. A concesión das axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.

Artigo 31. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras.

Artigo 32. Execución

Os investimentos obxecto das axudas deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na anualidade 2026 do 20 % do total subvencionable aprobado para cada modalidade de axuda.

Artigo 33. Financiamento

1. As subvencións previstas nesta orde para a modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.1 financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.741A.770.0 e proxecto 2026 00070 do proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 cunha dotación de 3.168.000 €, así como para o exercicio 2027, cunha dotación de 3.564.000 €, e para o exercicio 2028 cunha dotación de 1.188.000 €.

As subvencións previstas nesta orde para a modalidade de axuda correspondente á intervención 6842.2 financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.741A.770.0 e proxecto 2023 00154 do proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 cunha dotación de 4.401.799 €, así como para o exercicio 2027, cunha dotación de 4.952.024 €, e para o exercicio 2028 cunha dotación de 1.650.675 €.

Estas axudas están financiadas polo Feader nun 60 %, pola Xunta de Galicia nun 28 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 12 %, e corresponden ás seguintes intervencións e subintervencións recollidas no Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España:

– Intervención 6842.1. Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

– Subintervención 68421_04. Proxectos.

– Intervención 6842.2. Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

– Subintervención 68422_04. Proxectos.

3. Esta orde tramítase conforme o establecido no artigo 25 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que permite aprobar unha convocatoria de axudas nun exercicio orzamentario anterior ao da súa resolución cando existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma, e conforme o establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, modificada respectivamente pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001, relativas á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2026.

Así mesmo, a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4. Os importes establecidos nesta orde poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional primeira

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I

Investimentos non auxiliables

A. Actividades non amparables.

Non se considerarán subvencionables os investimentos referentes ás seguintes actividades:

1. As relativas á produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros, así como as realizadas nunha explotación agraria necesarias para preparar un produto animal ou vexetal sen procesar para a súa primeira venda.

2. Investimentos relativos a actividades de venda polo miúdo. Porén, serán admisibles os investimentos en locais e equipamentos que formen parte de instalacións industriais de transformación de produtos agrarios destinadas a súa venda directa. Serán, así mesmo, admisibles os investimentos en instalacións de elaboración de comida preparada destinada a ser subministrada maioritariamente a eventos ou restauración colectiva, pero non a venda directa a consumidores finais.

3. Investimentos relativos a actividades de venda por xunto. Non terán esa consideración as actividades acreditadas que inclúan procesos de selección, clasificación e/ou envasado de produtos agrarios.

4. No sector do leite de vaca e dos seus produtos derivados, os investimentos en novas instalacións dedicadas á recollida e refrixeración de leite, ou á elaboración e/ou envasado de leite UHT e esterilizado, salvo que procedan dun traslado que comporte o peche doutras instalacións existentes e con actividade en 1.1.2015 en Galicia dedicadas a esas actividades.

5. No sector da alimentación animal, os investimentos en instalacións dedicadas á elaboración de produtos para animais de compañía e cría de peixes, así como en novas fábricas de pensos, salvo que se dediquen á elaboración de produtos ecolóxicos ou que comporten o peche doutras instalacións existentes e con actividade en 1.1.2015 en Galicia dedicadas a esa actividade.

Independentemente do citado, no caso de fábricas ou liñas de elaboración de mesturas húmidas para alimentación de ruminantes, soamente serán subvencionables os investimentos desenvolvidos por cooperativas de produtores para os seus socios.

6. No sector cárnico, os investimentos en novos matadoiros de gando porcino, bovino e polos, salvo que deriven do traslado doutro matadoiro existente en 1.1.2015 en Galicia, que se dediquen á produción ecolóxica ou que formen parte dun proxecto de elaboración de produtos cárnicos ou que promovan o desenvolvemento gandeiro dunha zona con deficiente servizo de sacrificio.

7. No sector vitivinícola, os investimentos subvencionables de importe igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII da parte II do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

8. Non se subvencionarán investimentos que incrementen a produción, superando restricións de produción ou limitacións respecto da axuda comunitaria a instalacións de transformación, impostas por unha organización común de mercado, réximes de axuda directa inclusive, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

9. Non se subvencionarán proxectos de organizacións de produtores de froitas e hortalizas (OPFH) cando o investimento subvencionable non supere 60.000 €, xa que nese caso o proxecto é subvencionable a través dos programas operativos establecidos especificamente para este tipo de organizacións na OCM de froitas e hortalizas.

B. Conceptos non amparables.

Non se considerarán subvencionables:

1. Investimentos sen viabilidade técnica ou económica, así como desenvolvidos por empresas que carezan de capacidade financeira suficiente para a súa realización.

2. Investimentos relativos ao cumprimento de normas comunitarias.

3. Investimentos de simple reparación do inmobilizado da industria, así como de reposición ou simple substitución de equipamentos e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria que amplíen a capacidade de produción en máis dun 25 % ou que introduzan cambios fundamentais na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente. Non serán subvencionables os investimentos que substitúan outros subvencionados con anterioridade en que aínda non pasaran 5 anos desde a súa adquisición, aínda que estes supoñan unha mellora.

En todo caso, para determinar o importe admitido como subvencionable, restaráselle ao importe de adquisición do novo equipamento o importe de venda do equipamento substituído, de ser o caso.

4. Investimentos en maquinaria e equipamentos de tecnoloxía non contrastada, que non cumpra os requisitos legais, ou adquiridos a empresas que non teñan entre o seu obxecto social a súa fabricación ou venda.

5. Investimentos necesarios para a posta en marcha de proxectos subvencionados anteriormente ao abeiro desta liña de axudas.

6. Investimentos non relacionados directamente coas actividades (subvencionables) desenvolvidas polo solicitante.

7. Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vaia desenvolver a empresa a curto prazo. Nese caso admitirase como subvencionable o importe correspondente ao investimento coa capacidade ou dimensionamento axustado.

8. No caso de compra de terreos, o importe subvencionable admisible será inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

9. A compra de locais ou edificios que vaian ser derrubados, que recibiran nos dez últimos anos algunha subvención pública, ou que formen parte de instalacións existentes con actividade. Tampouco serán subvencionables os investimentos en reforma de locais que foran subvencionados anteriormente por esta consellería en que aínda non pasaran 5 anos desde a súa finalización.

10. Obras de ornamentación e equipamentos de recreo (xardinaría, bar e semellantes).

11. Investimentos relacionados con medidas de seguridade tales como alarmas, sistemas antirroubo, barreiras de seguridade e similares.

12. Investimentos relativos á promoción e publicidade, como elaboración de vídeos, páxinas web, rotulación, proxectores etc., salvo os indicados expresamente a epígrafe C.IV deste anexo.

13. Mobiliario de oficina. Non teñen esa consideración as instalacións telefónicas fixas, fax e ordenadores, incluídos os programas informáticos. Admítense a adquisición de equipamentos de laboratorio se son específicos, pero non o material funxible.

14. Adquisición de ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, tabletas, TPV e outros equipos similares.

15. Compra de material normalmente amortizable nun ano (botellas, embalaxes, material funxible de laboratorio e semellantes). Considérase que as tarimas, caixóns-tarima e caixas de campo teñen unha duración de vida superior a un ano e, polo tanto, son auxiliables, coa condición de que se trate dunha primeira adquisición ou dunha adquisición suplementaria, proporcional a unha ampliación prevista, e de que non sexan vendidas coa mercadoría. Tampouco serán auxiliables outros investimentos que figuren na contabilidade como gastos.

16. Compra e instalacións de maquinaria e equipamentos de segunda man. Tampouco serán subvencionables os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou localización en que se vai realizar o proxecto.

17. Reparacións e obras de mantemento, incluso no caso de operacións feitas sobre maquinaria instalada para ampliar a súa capacidade ou mellorar as prestacións.

18. O imposto do valor engadido (IVE) e calquera outro imposto.

19. Os gastos de aluguer de equipamentos e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing). Porén, os investimentos en maquinaria e equipamentos financiados mediante leasing poden ser auxiliables se existe un compromiso de adquisición do ben ao finalizar o contrato de leasing e, en todo caso, dentro do prazo previsto para a execución do proxecto. Outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, non serán subvencionables.

Así mesmo, non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo.

20. Os investimentos realizados que non sexan propiedade do beneficiario da axuda. En particular non se considerarán subvencionables investimentos realizados para os que exista unha reserva de dominio ou cesión de uso a favor de terceiros, ou figuras xurídicas similares.

21. A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia. Non obstante, os materiais adquiridos polo beneficiario para a execución de investimentos en obra civil e instalacións serán admisibles se se acredita documentalmente o cumprimento das seguintes condicións:

a) A súa adquisición e pagamento conforme os criterios xerais establecidos na orde.

b) O seu uso exclusivo para a execución dos referidos investimentos.

22. A compra e/ou carrozado de vehículos de transporte exterior.

23. Os investimentos para a xeración de enerxías renovables soamente serán subvencionables cando a enerxía producida se destine exclusivamente ao autoconsumo. Ademais, no caso de investimentos para a xeración de enerxías renovables, deberanse respectar o criterios de sustentabilidade de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro establecidos na Directiva de enerxías renovables 2018/2001.

24. Investimentos en urbanización exterior aos edificios de fabricación, salvo que formen parte dun proxecto que inclúa aumento da superficie edificada. Nese caso serán subvencionables en función da nova superficie construída e conforme os módulos establecidos. Tampouco serán subvencionables os investimentos realizados fóra do recinto da industria.

25. Os gastos correspondentes a facturas que non estean pagadas na súa totalidade na data máxima establecida na resolución de concesión para a xustificación dos gastos realizados. Non obstante, no caso de facturas de prestación de servizos en que figuren retencións de importes para o seu ingreso na Administración tributaria, se o referido ingreso non está efectuado no prazo de xustificación sinalado na resolución de concesión, o importe restante da factura poderá ser considerado como admisible se cumpre o resto dos requisitos establecidos.

26. Calquera outro investimento incluído no artigo 73.3 do Regulamento (UE) nº 2021/2115.

27. O importe dos investimentos e conceptos que superen os módulos máximos e limitacións establecidos no punto seguinte.

C. Conceptos con módulos e outras limitacións.

I. Urbanización:

Soamente se admitirán investimentos en peche da parcela, explanacións e firmes, coas seguintes limitacións en todo caso:

– En peches, o perímetro máximo subvencionable será o equivalente (igual valor) ao dobre da superficie cuberta nova subvencionable, cun custo máximo admisible de 30 €/ml, incluídos os elementos singulares.

– En explanacións e firmes, a superficie máxima atendible será igual á superficie construída nova subvencionable, cun custo máximo admisible de 25 €/m2, incluídos todos os elementos e conceptos.

II. Edificacións de nova construción e ampliación das existentes.

Aplicaranse módulos máximos de investimento subvencionable (€/m2 construído e atendible) aplicable ao custo total de execución do investimento en obra civil, excluídas instalacións, e incluídas as divisións interiores con todos os seus elementos, independentemente do material utilizado. Incluirá tamén os locais climatizados (ata 0 ºC), pero non as instalacións e equipamentos de frío ou calor.

O importe dos módulos será:

1. Módulo A: 380 euros/m2 construído, aplicable ás novas industrias con altos requirimentos sanitarios e de climatización de locais (industrias cárnicas, lácteas, do pan e derivados e instalacións de subprodutos). Aplicarase tamén ás industrias xa existentes que fagan edificacións para ampliación de zonas de fabricación e novas liñas con altos requirimentos sanitarios e de climatización (zonas de envasado de produtos etc.).

2. Módulo B: 340 euros/m2 construído, aplicable ás novas industrias con requirimentos medios (resto das agroindustrias), así como industrias xa existentes que fagan edificacións de ampliación de actividade con requirimentos sanitarios e de climatización medios.

3. Módulo C: 290 euros/m2 construído, aplicable a industrias xa existentes que fagan edificacións sinxelas destinadas ao almacenamento de materias primas, produtos finais, vehículos etc., sen especiais requirimentos sanitarios nin de climatización.

Estes módulos poderán incrementarse ata 60 €/m2 no caso de edificacións que requiran, polos equipamentos utilizados, unha altura de beiril superior a 6 metros ou, no caso de varias plantas, unha altura libre entre plantas superior a 6 metros. Este incremento será tamén aplicable no caso de edificacións localizadas en áreas de protección especial, onde sexa exixible o emprego de elementos construtivos que harmonicen e se integren coa contorna.

O importe destes módulos aplicarase tamén como investimento máximo para subvencionar para a adquisición de edificacións, incluído o seu acondicionamento ou reforma.

III. Acondicionamentos en edificacións existentes.

Aplicarase un módulo máximo de investimento subvencionable de 280 €/m2 útil aplicable ao custo total de execución do investimento en obra civil.

IV. Outras limitacións aplicables a zonas e equipamentos específicos.

1. No caso de oficinas, aseos, vestiarios, comedores e outros locais e equipamentos para o persoal subvencionables, a superficie admisible avaliarase conforme o número de traballadores da empresa que os vaian utilizar.

2. No caso de áreas dedicadas a salas de conferencias, catas, e outras relacionadas coa promoción e mellora da produción e comercialización das producións, a superficie máxima subvencionable será de 100 m2, sen que en ningún caso supere o 15 % da superficie restante subvencionable da industria incluída na solicitude de axuda.

3. No caso de superficies dedicadas especificamente dentro dunha industria á exposición e venda polo miúdo dos produtos da empresa, a superficie máxima subvencionable será de 50 m2, sen que en ningún caso supere o 15 % da superficie restante subvencionable da industria incluída na solicitude de axuda.

V. Outros gastos.

Non serán admisibles os gastos relativos á modificación, actualización ou modernización de aplicacións ou sistemas informáticos xa existentes dentro da estrutura operativa da empresa. Polo tanto, non será subvencionable a adquisición de novas versións de aplicacións e sistemas informáticos que xa existan nas instalacións da empresa solicitante. En todo caso, os gastos na adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos non poderán superar o 30 % do investimento subvencionable total admisible.

Os gastos en estudos de viabilidade técnica e económica serán admisibles sempre que o estudo se presente coa solicitude e estea asinado por profesional competente, e, en todo caso, o importe máximo admisible será de 1.700 €. Non serán, porén, admisibles se se subvencionan os honorarios de proxecto e a dirección de obra nun importe superior á contía sinalada.

Para os honorarios de proxecto e dirección de obra admitirase como máximo subvencionable a suma de:

– 10 % do orzamento en obra civil.

– 5 % do orzamento en instalacións básicas e especiais.

– 1 % da maquinaria e equipamentos. Non se considerará incluído neste punto o software.

Previamente ao cálculo, aplicaranse a cada grupo de partidas (partidas ao 10 %, 5 % e 1 %) os coeficientes correctores seguintes:

Investimento subvencionable considerado

Coeficiente

Correspondencia

Ata 150.000 €

1

150.000

Exceso de 150.000-300.000 €

0,8

120.000

Exceso de 300.000-600.000 €

0,4

120.000

Exceso de 600.000-3.000.000 €

0,2

480.000

Exceso de 3.000.000 €

0,1

Non se terán en conta para os efectos do cálculo os orzamentos en activos considerados non subvencionables. O resultado redondearase por defecto nas centenas. En todo caso, o proxecto e dirección de obra debe estar realizado por técnico competente.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO A3

Estudo técnico

Constará como mínimo de:

1. Proxecto, anteproxecto ou memoria técnica:

Incluirá unha memoria explicativa dos obxectivos do proxecto, cunha xustificación razoada dos investimentos que é necesario acometer para conseguir eses fins.

A iso xuntarase unha relación desagregada e cuantificada dos investimentos en:

1.1. Urbanización: indicando dimensións, características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.2. Construcións: indicando dimensións e características (distribución de superficies e destino destas, xustificación do dimensionamento), medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.3. Instalacións: indicando dimensións e características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra, para cada tipo de instalación (auga, electricidade, vapor, depuración e tratamento de residuos, frío etc.).

1.4. Maquinaria e equipamentos: indicando para cada liña de produción as características técnicas de cada elemento, así como o seu custo.

1.5. Estudos, proxecto, dirección de obra, e adquisición de patentes e licenzas: características e custos.

Incluirá, así mesmo, un resumo do orzamento previsto por conceptos en que se indique para cada concepto a modalidade de axuda solicitada.

Nos capítulos de edificios e construcións, instalacións e maquinaria indicarase a súa localización mediante os planos que se consideren necesarios. O dimensionamento e uso dos locais e superficies construídas deben xustificarse.

No caso de proxectos con investimentos destinado ás seguintes finalidades:

– Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais.

– Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola.

– Adopción de fontes renovables de enerxía.

– Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

– Mellora da xestión dos recursos hídricos.

Deberá xustificarse tecnicamente o destino dos investimentos á finalidade indicada.

2. Planos.

Polo menos os seguintes:

– Plano de situación e localización.

– Plano en que se especifiquen, se é o caso, as actuacións previstas en urbanización, delimitando con precisión as superficies de actuación.

– Plano xeral do conxunto de obras e instalacións básicas, antes e despois do investimento.

– Plano de distribución da maquinaria e outras instalacións, antes e despois do investimento.

– Planos acotados de seccións e alzados antes e despois do investimento.

3. Xustificación dos investimentos.

Para o investimento obxecto da axuda, xustificarase o custo previsto da seguinte forma:

– Urbanización, construcións e instalacións: factura pro forma ou orzamento de empresa construtora ou instaladora e desagregado por unidades de obra.

– Maquinaria, equipamentos e outros conceptos: ofertas ou facturas pro forma dos subministradores.

Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo. As ofertas solicitadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público, nin co solicitante.

– Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada debe incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo, así como as características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, e así se xustifique, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe de taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos incluídos nunha solicitude de axuda en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

En todo caso, o solicitante presentará todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar, xunto cun cadro resumo asinado e que figura como anexo A5, no cal se indicarán para cada elemento as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se é o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa.

ANEXO A4

Estudo económico

Constará como mínimo de:

1. Situación actual.

Descrición resumida de actividades desenvolvidas.

Indicar o tipo de empresa (micro/pequena/mediana/non peme) tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124, do 20.5.2003) e no artigo 2 desta orde. Conforme iso, para a súa determinación terase en conta a súa facturación, balance (no caso de sociedades) e número de empregados, calculados, sen prexuízo do sinalado na Recomendación 2003/361/CE, da seguinte forma:

• Se a empresa non participa nin está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.

• Se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial ás cales se sumarán, se é o caso:

– Os datos das empresas en que participa e/ou está participada en máis dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

– A parte proporcional (á participación) dos datos das empresas en que participa e/ou están participadas nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

Se a empresa é de nova constitución, os datos que se considerarán serán os previsionais.

En todo caso, se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, deben indicarse expresamente as empresas en que participa e/ou está participada, así como as porcentaxes de participación e os datos de facturación, balance e número de empregados desas empresas. Deberá xuntarse, ademais, a fotocopia das contas desas empresas presentadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao último ano, salvo no caso de que o solicitante se declare non peme.

– No caso de sociedades diferentes a SAT ou cooperativas de produtores, participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos que sexan titulares de explotacións agrarias con ingresos anuais derivados delas de, polo menos 6.000 €, e que representen como mínimo o 25 % do total dos seus ingresos, deberase presentar a xustificación da inscrición das explotacións no Reaga, así como a fotocopia das súas declaracións da renda do último ano, ou autorización para a súa consulta. Neste caso débese, ademais, indicar a relación de todos os socios da empresa coas súas porcentaxes de participación.

– Produción: descrición do proceso. Capacidade de produción (referirase a capacidade inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias, de ser o caso). Instalacións e tecnoloxía dispoñible. Produtos vendidos: debe incluírse unha relación pormenorizada destes indicando tipos, cantidades e prezos de venda.

Se a actividade desenvolvida nas instalacións corresponde á transformación e/ou envasado de produtos agrarios con procedencia maioritaria (máis do 50 %) acreditada de explotacións agrarias localizadas en Galicia, encadrada na alínea k) Outros sectores diferentes aos indicados anteriormente, da lista de actividades prioritarias incluídas no anexo V desta orde, xuntarase a referida acreditación.

No caso de facturar produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida, indicaranse tipos, cantidades e prezos de venda. Debe xuntarse, ademais, certificado do consello regulador correspondente sobre a produción amparado no último ano.

No caso de facturar produtos amparados pola marca de garantía de leite «Galega 100 %» indicaranse tipos, cantidades e prezos de venda. Debe xuntarse, ademais, fotocopia do contrato de licenza de uso, así como acreditación do importe facturado no último ano en produtos amparados nesa marca.

– Comercialización: indicaran se para cada tipo de produto os seus destinos e os principais canais de comercialización.

– Materias primas utilizadas: debe incluírse unha relación pormenorizada destas indicando tipos, cantidades e prezos de compra. Esta relación debe incluír especificamente, de ser o caso, as materias primas non agrarias utilizadas.

– No caso de materia prima propia ou dos socios da empresa ou cooperativa, indicaranse cantidades e porcentaxe sobre o total de materias primas utilizadas. Ademais, no caso de que o solicitante sexa unha persoa física, deberá presentar a xustificación da inscrición da súa explotación no Reaga.

– Outros consumos do proceso produtivo, indicando os prezos de compra.

– Persoal: relación dos traballadores existentes por categorías laborais e o período de ocupación (días/ano). Custo total.

– Outros gastos de explotación: servizos, gastos financeiros, amortizacións, subministracións...).

Xuntarase balance e contas de resultados dos dous últimos anos. No caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos dous anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

2. Situación tras o investimento.

– Indicarase en que medida o investimento afectará a capacidade de produción, tecnoloxía utilizada, producións, materias primas utilizadas, relación con produtores, comercialización, persoal contratado. Realizarase unha análise comparativa tendo en conta a situación inicial presentada no número 1 e a incidencia dos investimentos sobre as materias primas utilizadas e os produtos transformados/comercializados.

– No caso de novas industrias, indicaranse expresamente as previsións a curto prazo nas relacións cos produtores galegos (materias primas agrarias de procedencia galega, contratos escritos ou homologados previstos).

– No caso de novos produtos, xustificarase ou explicarase a súa viabilidade comercial derivada das demandas do mercado.

– Contas de explotación previsionais para os tres exercicios consecutivos desde o remate dos investimentos. Estimaranse as variacións previsibles como consecuencia dos investimentos e respecto da situación actual nos seguintes aspectos:

– Vendas: volume e estimación xustificada do prezo probable da venda.

– Custos: compras de materias primas.

– Gastos variables: persoal, subministracións e servizos, portes etc.

– Previsión de balances (en sociedades) e contas de resultados para os vindeiros tres anos.

3. Financiamento dos investimentos.

Recursos propios. Subvencións. Créditos e préstamos, indicando a repaartición dos distintos préstamos subscritos ou que se pretendan subscribir cos seus respectivos tipos de xuro e prazos en anos. Outras fontes de financiamento.

No caso de novas actividades, capital circulante necesario: existencias de insumos, produtos en curso e produtos finais. Caixa e bancos. Provedores e clientes. Fondo de manobra.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Publicidade das axudas

1. Obrigas dos beneficiarios.

As persoas beneficiarias das intervencións do PEPAC en Galicia, independentemente da súa natureza pública ou privada, deberán dar a coñecer a axuda consonte as seguintes regras:

1º. Con carácter xeral, todas as actividades de información e publicidade que leven a cabo os beneficiarios deberán destacar o apoio dos fondos á operación incorporando:

a) O logotipo da Xunta de Galicia.

b) O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea», que figurará sen abreviar.

c) O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d) Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

2º. Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais, deberá incorporar ademais do disposto no número 1, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcionada ao nivel da axuda, e indicará os seus obxectivos e resultados.

3º. No caso de operacións consistentes no financiamento de infraestruturas ou actividades de construción, que se beneficien dunha axuda superior a 500.000 € en gasto público total ou no caso de axuda en forma de instrumentos financeiros, incluído o financiamento de capital circulante, que supere o citado importe, o beneficiario deberá colocar unha placa ou valo publicitario resistente, coas características especificadas na número 3.2, nun lugar ben visible para o público e desde o inicio da execución física das operacións ou da instalación dos equipamentos adquiridos.

4º. No caso de investimentos cunha axuda pública total superior aos 50.000 €, o beneficiario deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa explicativa ou unha pantalla electrónica equivalente.

5º. Cando varias operacións teñan lugar no mesmo lugar e estean apoiadas polo mesmo ou por diferentes instrumentos de financiamento, ou cando se proporcione financiamento adicional para a mesma operación nunha data posterior, bastará coa exhibición dunha placa, valo ou cartel.

6º. Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben no cal, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha localización adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por adhesivos ou impresións.

2. Signos de identidade.

a) Logotipo autonómico.

O conxunto do escudo e a Xunta de Galicia, coa súa tipografía corporativa (Xunta Sans), constitúen a marca gráfica principal.

Posto que na xestión dos fondos Feader participan diferentes consellerías e entidades públicas autonómicas, empregarase o logotipo xenérico da Xunta de Galicia, sen mención da consellería ou entidade.

missing image file

Para garantir a visibilización e lexibilidade da marca, esta deberá ter unha altura mínima de 7 mm/20 px e contará cunha área de protección ao redor dela en que non poderá incluírse outro elemento. Esta zona de protección tomará como referencia a altura do escudo:

missing image file

A versión da marca principal aplicarase en cor sempre que se poida e só sobre fondos brancos.

A versión en negativo non sofre ningún tipo de variación, só o cambio de cor a branco.

Na versión en cor, o símbolo corporativo é cian 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos. Na versión en branco e negro, o símbolo corporativo é negro 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos.

b) Unión Europea.

a. O emblema.

O emblema consiste nunha bandeira rectangular, en que, sobre un fondo de cor azul, doce estrelas douradas de cinco puntas, cuxas puntas non se tocan entre si, forman un círculo, que representa a unión dos pobos de Europa.

missing image file

A lonxitude da bandeira equivale a unha vez e media a súa altura. As doce estrelas douradas equidistantes forman un círculo imaxinario cuxo centro se sitúa no punto de intersección das diagonais do rectángulo.

missing image file

O raio do círculo equivale a un terzo da altura da bandeira. Cada unha das estrelas de cinco puntas está situada na circunferencia dun círculo imaxinario cuxo raio equivale a 1/18 da altura da bandeira. Todas as estrelas están en posición vertical, isto é, cunha punta dirixida cara arriba e outras dúas sobre unha liña recta imaxinaria, perpendicular á hasta da bandeira. A disposición das estrelas correspóndese coa das horas na esfera dun reloxo e o seu número é invariable.

As cores do emblema son o Pantone Reflex Blue para a superficie do rectángulo e o Pantone Yellow para as estrelas.

Cando se imprime en cuadricromía, empregaranse as catro cores desta para obter as dúas cores normalizadas. O Pantone Yellow obtense utilizando un 100 % de Process Yellow. A mestura dun 100 % de Process Cyan e un 80 % de Process Magenta permite obter unha cor moi próxima ao Pantone Reflex Blue.

Na paleta empregada na web, o Pantone Reflex Blue corresponde á cor RGB: 0/51/153 (hexadecimal: 003399), e o Pantone Yellow, á cor RGB: 255/204/0 (hexadecimal: FFCC00).

Se só se pode reproducir en monocromía:

Se a única cor dispoñible é o negro, deberá delimitarse a superficie do rectángulo cun bordo negro e estampar as estrelas, tamén en negro, sobre fondo branco.

missing image file

Se o azul (Reflex Blue) é a única cor dispoñible, empregarase esta como cor de fondo ao 100 %, e reproduciranse as estrelas en negativo branco.

missing image file

Debe garantirse un contraste suficiente entre o emblema europeo e o fondo. Por isto, o emblema debe reproducirse preferentemente sobre fondo branco, evitando cores variadas, especialmente as que non combinen ben co azul.

missing image file

Cando non sexa posible evitar un fondo de cor, rodearase o rectángulo cun bordo branco de grosor equivalente a un 1/25 da altura do rectángulo e as estrelas tamén irán en branco.

missing image file

b. Combinación do emblema europeo coa declaración de financiamento.

A declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea» figurará sen abreviar e xunto ao emblema. Empregarase o tipo de letra Tahoma. O tamaño deberá ser proporcional ao tamaño do emblema. A cor da letra será azul réflex, negra ou branca, en función do fondo. Non se utilizará a cursiva, subliñado nin outros efectos.

A posición do texto con respecto ao emblema será tal que non interfira en modo ningún con el.

A. Opción horizontal.

missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, ou con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles:

missing image file

Se só hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

B. Opción vertical.

missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, ou con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles.

missing image file

Se só hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

C. Opción bilingüe.

missing image file

Non se recomenda o uso dunha versión bilingüe cando o emblema europeo é pequeno.

A altura mínima do emblema para esta versión debe ser de 2 cm.

missing image file

c. Área de protección.

A área de protección non debe reproducir outros textos, logotipos, imaxes nin ningún outro elemento visual que poida comprometer a boa lexibilidade do emblema europeo.

missing image file

d. Tamaño mínimo.

A altura mínima do emblema europeo debe ser de 1 cm.

Cando se empregue a declaración de financiamento da UE en tamaño pequeno, recoméndase empregar a versión horizontal.

missing image file

e. O que non se debe facer.

O emblema non se poderá modificar nin combinar con ningún outro logotipo, elemento gráfico ou texto. No caso de exhibir outros logotipos ademais do emblema, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura ou anchura, que o maior dos demais logotipos. Á parte do emblema, non se empregará ningunha outra identidade visual ou logotipo para poñer de relevo a axuda da Unión.

Non engada outros elementos gráficos.

Non faga o texto desproporcionadamente máis grande ou máis pequeno.

Non empregue outro tipo de letra que non sexa Arial, Auto, Calibri, Garamond, Tahoma, Trebuchet, Ubuntu ou Verdana.

Non empregue ningún efecto do tipo de letra escollido.

Non empregue cores distintas ao Reflex Blue, o branco ou o negro.

Non modifique a proporción do texto. Non escriba as siglas <UE>. Sempre debe escribirse na súa forma completa: Unión Europea.

Non o escriba todo en maiúsculas.

Non substitúa o emblema europeo polo logotipo da Comisión Europea.

Non substitúa o emblema europeo por ningún outro elemento gráfico.

Non modifique o emblema europeo.

Non engada a denominación do programa á declaración de financiamento.

Non escriba a denominación do programa en conxunción co emblema europeo.

Non engada elementos gráficos coa denominación do programa da UE.

Para información relacionada co uso do emblema europeo:

https://europa.eu/european-union/abouteuropa/legal_notices_en#emblem

c) Logotipo do Ministerio.

A súa utilización vai asociada a aquelas intervencións en que existe financiamento por parte do Ministerio.

Empregarase o logotipo composto polo Escudo de España, xunto coa denominación «Gobierno de España» e a do «Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación», usando a tipografía Gill Sans, con forma envolvente en cor de fondo amarela, para soportes gráficos (cartel, prensa etc.), tal e como figura abaixo:

missing image file

Para soportes dixitais (páxinas web, banners etc.) empregarase o seguinte logotipo:

missing image file

d) Orde e disposición de lemas e emblemas.

Os emblemas deberán estar aliñados en calquera caso e deberán ter dimensións homoxéneas.

A marca da Xunta de Galicia colorase sempre á esquerda e separarase do resto de elementos por unha distancia mínima igual á lonxitude da marca principal.

A separación entre o resto de marcas será igual ao ancho do escudo.

No caso de convivencia con outras institucións de rango superior, aplicarase o mesmo criterio que no punto anterior, aínda que axustándose ao que establezan os manuais de marcas desas institucións.

e) Recomendacións.

Cando se reproduzan os emblemas é importante ter presentes as seguintes recomendacións:

• Non distorsionar a imaxe, coidando que as escalas horizontal e vertical sexan as regulamentarias.

• Non xirar as imaxes, prestando especial atención á correcta orientación das estrelas.

• Non modificar as proporcións que os distintos elementos deben respectar entre si.

O aquí recollido sobre o uso de logotipos deberá respectar en todo caso os posibles cambios de denominación das unidades ministeriais ou autonómicas citadas.

Será de aplicación o disposto no manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia e na normativa de aplicación vixente en cada momento.

3. Modelos.

a) Cuestións comúns.

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar adaptaranse ao disposto nesta epígrafe.

A parte destinada ao emblema da Unión Europea e a declaración, a denominación do fondo, o plan estratéxico, ademais da descrición do proxecto ou operación, debería ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

O logotipo da Xunta de Galicia ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu arredor da metade do ancho do escudo.

O título do proxecto que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título. Os modelos expostos recollen o contido mínimo, porén, o instrumento empregado debería recoller toda a información posible, tendo en conta o seu tamaño.

O resto de logos deberán situarse na parte inferior do cartel cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

Cores e tipo de letra:

Cor fondo 1

RGB: 0/123/196

Pantone 7461 C

Cor fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra declaración, Feader e PEPAC

Tahoma

Dimensións:

Valo

Placa

Cartel

Dimensión mínima (A)

140 cm

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non é admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Os elementos publicitarios deben manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

b) Valo publicitario:

missing image file

c) Placa:

missing image file

d) Cartel:

missing image file

e) Adhesivos ou etiquetas:

missing image file

ANEXO III

Criterios de valoración (modalidade de axuda correspondente
á intervención 6842.1)

Criterios de valoración

Puntuación

Parcial

Máxima

1. Actividade prioritaria

1.1. A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 1 no anexo V desta orde.

22

22

1.2. A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 2 no anexo V desta orde.

14

1.3. A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 3 no anexo V desta orde.

8

2. Beneficio a produtores

2.1. O solicitante é unha cooperativa agraria galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

22

22

2.2. O solicitante é unha sociedade participada entre un 10 % e un 50 % por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

15

2.3. O solicitante é unha sociedade agraria de transformación (SAT) galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por SAT galegas, ou

12

2.4. O solicitante é un produtor agrario galego ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos, das materias primas que utiliza a industria transformadora/comercializadora obxecto da solicitude de axuda presentada. Para estes efectos, considerarase produtor agrario galego a persoa física ou xurídica titular dunha explotación agraria que obteña ingresos anuais derivados da súa actividade de, polo menos, 6.000 €.

3. Zonas de montaña e despoboadas

3.1. Investimentos localizados en concellos de montaña conforme o anexo da Directiva 86/466/CEE relativa á lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas conforme a Directiva 75/268/CEE (España) e que figura no anexo V desta orde.

18

18

3.2. Investimentos localizados en concellos non de montaña cunha densidade de poboación (2014) inferior a 200 habitantes/km2 (anexo VI desta orde), así como noutros concellos das provincias de Lugo e Ourense.

11

4. Produtos de calidade (*)

4.1. O solicitante facturou no último ano produtos amparados pola denominación Agricultura Ecolóxica de Galicia por un importe superior a 100.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

14

14

4.2. O solicitante facturou no último ano produtos incluídos nalgún réxime de calidade recoñecido por norma comunitaria por un importe superior a 100.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

6

4.3. O solicitante facturou no último ano produtos amparados pola marca de garantía de leite «Galega 100 %» por un importe superior a 5.000.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

4

4.4. O solicitante facturou no último ano produtos amparados polo logotipo «Raza Autóctona» criados en Galicia, por un importe superior a 50.000 € ou ao 10 % da súa facturación total.

4

5. Proxectos de pequenas instalacións de uso colectivo

Proxectos cun investimento subvencionable non superior a 500.000 €, de sociedades de produtores agrarios para a creación ou mellora de instalacións de transformación de produtos agrarios, destinadas a dar servizo aos seus socios para a transformación das súas producións agrarias.

7

7

6. Proxectos derivados de causas de forza maior

Proxectos de reacondicionamento e modernización de instalacións deterioradas por desastres naturais, incendios e outras causas de forza maior.

5

5

Total:

88

Puntuación mínima para ser subvencionable: 20 puntos. Puntuación máxima: 88 puntos.

(*) Nesta epígrafe, no caso de puntuar en máis dunha das tres subepígrafes establecidas, soamente se terá en consideración a subepígrafe de maior puntuación.

(**) No caso de empate na puntuación entre dúas ou máis solicitudes, utilizarase como criterio de desempate a maior puntuación obtida no criterio de valoración 1 (Actividade prioritaria). No caso de persistir o empate utilizaranse como criterios sucesivos de desempate a maior puntuación obtida nos criterios de valoración do 2 ao 5, por esa orde. Se aínda persistise o empate, utilizarase como criterio de desempate adicional o maior importe de investimento subvencionable.

ANEXO IV

Criterios de valoración (modalidade de axuda correspondente
á intervención 6842.2)

Criterios de valoración

Puntuación

Parcial

Máxima

1. Actividade prioritaria

1.1. A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 1 no anexo V desta orde.

22

22

1.2. A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 2 no anexo V desta orde.

14

1.3. A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 3 no anexo V desta orde.

8

2. Beneficio a produtores

2.1. O solicitante é unha cooperativa agraria galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

22

22

2.2. O solicitante é unha sociedade participada entre un 10 % e un 50 % por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

15

2.3. O solicitante é unha sociedade agraria de transformación (SAT) galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por SAT galegas, ou

12

2.4. O solicitante é un produtor agrario galego ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos, das materias primas que utiliza a industria transformadora/comercializadora obxecto da solicitude de axuda presentada. Para estes efectos, considerarase produtor agrario galego a persoa física ou xurídica titular dunha explotación agraria que obteña ingresos anuais derivados da súa actividade de, polo menos, 6.000 €.

3. Zonas de montaña e despoboadas

3.1. Investimentos localizados en concellos de montaña conforme o anexo da Directiva 86/466/CEE relativa á lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas conforme a Directiva 75/268/CEE (España) e que figura no anexo VI desta orde.

18

18

3.2. Investimentos localizados en concellos non de montaña cunha densidade de poboación (2014) inferior a 200 habitantes/km2 (anexo VII desta orde), así como noutros concellos das provincias de Lugo e Ourense.

11

4. Produtos de calidade (*)

4.1. O solicitante facturou no último ano produtos amparados pola denominación Agricultura Ecolóxica de Galicia por un importe superior a 100.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

14

14

4.2. O solicitante facturou no último ano produtos incluídos nalgún réxime de calidade recoñecido por norma comunitaria por un importe superior a 100.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

6

4.3. O solicitante facturou no último ano produtos amparados pola marca de garantía de leite «Galega 100 %» por un importe superior a 5.000.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

4

4.4. O solicitante facturou no último ano produtos amparados polo logotipo «Raza Autóctona» criados en Galicia, por un importe superior a 50.000 € ou ao 10 % da súa facturación total.

4

5. Proxectos de interese estratéxico

5.1. Proxectos cun investimento subvencionable xustificado superior a 3 mill. €, que utilicen ou vaian utilizar maioritariamente (máis do 50 %) materias primas agrarias procedentes de explotacións agrarias de Galicia, e que teñan ou vaian ter como actividade aquelas incluídas con prioridade 1 ou 2 no anexo V desta orde, ou

6

6

5.2. Proxectos cun investimento subvencionable xustificado superior a 1 mill. €, de cooperativas agrarias galegas ou sociedades participadas maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

6. Proxectos con obxectivos ambientais

Proxectos cun investimento subvencionable xustificado superior ao 30 % do investimento total subvencionable, destinado ás seguintes finalidades:

– Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais

– Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola

– Adopción de fontes renovables de enerxía

– Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro

– Mellora da xestión dos recursos hídricos

3

3

7. Proxectos de pequenas instalacións de uso colectivo

Proxectos cun investimento subvencionable non superior a 500.000 €, de sociedades de produtores agrarios para a creación ou mellora de instalacións de transformación de produtos agrarios, destinadas a dar servizo aos seus socios para a transformación das súas producións agrarias.

7

7

8. Proxectos derivados de causas de forza maior

Proxectos de reacondicionamento e modernización de instalacións deterioradas por desastres naturais, incendios e outras causas de forza maior.

5

5

Total:

97

Puntuación mínima para ser subvencionable: 20 puntos. Puntuación máxima: 97 puntos.

(*) Nesta epígrafe, no caso de puntuar en máis dunha das tres subepígrafes establecidas, soamente se terá en consideración a subepígrafe de maior puntuación.

(**) No caso de empate na puntuación entre dúas ou máis solicitudes, utilizarase como criterio de desempate a maior puntuación obtida no criterio de valoración 1 (Actividade prioritaria). No caso de persistir o empate utilizaranse como criterios sucesivos de desempate a maior puntuación obtida nos criterios de valoración do 2 ao 7, por esa orde. Se aínda persistise o empate, utilizarase como criterio de desempate adicional o maior importe de investimento subvencionable.

ANEXO V

Actividades prioritarias

Sector de actividade

Actividade

Prioridade

A) Lácteo

Transformación e/ou comercialización de leite ou de produtos procedentes de leite

Elaboración e/ou envasado de leite ou soro en po

1

Elaboración e envasado conxunto de leite condensado ou concentrado

1

Elaboración de queixo

1

Elaboración e envasado conxunto de leite pasteurizado

1

Elaboración doutros produtos derivados do leite

1

Manipulación, concentrado e/ou conservación de soro lácteo líquido

2

Elaboración de leite concentrado

3

Elaboración e envasado conxunto de leite UHT ou esterilizado, incluso enriquecido

3

B) Cárnico

Transformación e/ou comercialización de carne ou de produtos derivados da carne

Sacrificio de gando

2

Despezamento de canais

2

Elaboración de produtos cárnicos (frescos, salgados, curados, cocidos, conservas...)

2

Tratamento de subprodutos cárnicos (tripada, sangue, graxas...)

2

C) Viño

Elaboración e/ou embotellado de viño con DOP, IXP ou ecolóxico

Elaboración e embotellamento conxunto de viño con DOP, IXP ou ecolóxico

1

Elaboración ou envasado de viño con DOP, IXP ou ecolóxico

3

D) Alimentación animal

Fabricación e/ou comercialización de produtos de alimentación animal

Fabricación de produtos para alimentación animal a partir de materias primas agrarias procedentes maioritariamente (máis do 50 % en valor) de explotacións agrarias localizadas en Galicia

1

Fabricación de produtos para alimentación animal a partir de materias primas agrarias non procedentes maioritariamente (máis do 50 % en valor) de explotacións agrarias localizadas en Galicia

3

E) Pataca

Manipulación, transformación e/ou comercialización de patacas

Transformación de pataca

1

Manipulación e/ou envasado de pataca

3

F) Ovos

Elaboración de ovoprodutos

1

Manipulación, transformación e/ou comercialización de ovos

Selección, clasificación, e/ou envasado de ovos frescos

2

G) Castañas

Manipulación, transformación e/ou comercialización de castañas

Transformación de castañas

1

Manipulación e/ou envasado de castañas

2

H) Cogomelos

Manipulación, transformación e/ou comercialización de cogomelos

Transformación de cogomelos

1

Manipulación e/ou envasado de cogomelos

2

I) Mel

Elaboración e/ou comercialización de mel

Elaboración e envasado conxunto de mel

1

J) Sidra

Elaboración e/ou comercialización de sidra

Elaboración e/ou envasado de sidra

1

K) Outros sectores diferentes aos indicados anteriormente

Transformación de produtos agrarios con procedencia maioritaria (máis do 50 % en valor) acreditada de explotacións agrarias localizadas en Galicia

1

Selección, clasificación e/ou envasado de produtos agrarios con procedencia maioritaria (máis do 50 % en valor) acreditada de explotacións agrarias localizadas en Galicia

2

*Sector: un proxecto considérase incluído nalgún dos sectores indicados (salvo no K) cando máis do 50 % en peso das materias primas agrarias que procesa corresponden ás propias dese sector.

**Actividade: considérase a relativa aos investimentos (maioría dos investimentos), ou ben a realizada maioritariamente nas instalacións onde se realizan os investimentos, a máis favorable das dúas.

ANEXO VI

Concellos en zonas de montaña

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Cedeira

Abadín

Arnoia, A

Arbo

Cariño

Alfoz

Avión

Campo Lameiro

Ortigueira

Baleira

Baltar

Cañiza, A

Mañón

Baralla

Bande

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Becerreá

Barco de Valdeorras, O

Covelo

Pontes de García Rodríguez, As

Carballedo

Beariz

Crecente

Somozas, As

Cervantes

Blancos, Os

Dozón

San Sadurniño

Chantada

Bolo, O

Forcarei

Capela, A

Folgoso do Courel

Calvos de Randín

Fornelos de Montes

Monfero

Fonsagrada, A

Castrelo do Val

Lama, A

Aranga

Guitiriz

Carballeda de Valdeorras

Mondariz

Coirós

Incio, O

Castro Caldelas

Neves, As

Láncara

Chandrexa de Queixa

Pazos de Borbén

Meira

Cualedro

Ponte Caldelas

Mondoñedo

Entrimo

Muras

Esgos

Navia de Suarna

Gomesende

Negueira de Muñiz

Gudiña, A

Nogais, As

Irixo, O

Ourol

Larouco

Paradela

Laza

Pedrafita do Cebreiro

Lobeira

Pobra do Brollón, A

Lobios

Pontenova, A

Maceda

Quiroga

Manzaneda

Ribas de Sil

Melón

Ribeira de Piquín

Mezquita, A

Riotorto

Montederramo

Samos

Monterrei

Triacastela

Muíños

Valadouro, O

Nogueira de Ramuín

Xermade

Oímbra

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Padrenda

Parada de Sil

Peroxa, A

Petín

Piñor

Pobra de Trives, A

Quintela de Leirado

Rairiz de Veiga

Riós

Rúa, A

Rubiá

San Xoán de Río

Teixeira, A

Veiga, A

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilardevós

Vilariño de Conso

Xunqueira de Espadanedo

ANEXO VII

Concellos non de montaña con densidade de poboación
inferior a 200 habitantes/km2

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Abegondo

Antas de Ulla

Allariz

Agolada

Arzúa

Barreiros

Amoeiro

Barro

Baña, A

Begonte

Baños de Molgas

Caldas

Boimorto

Bóveda

Beade

Catoira

Boqueixón

Castro de Rei

Boborás

Cuntis

Brión

Castroverde

Bola, A

Estrada, A

Cabana de Bergantiños

Cervo

Carballeda de Avia

Gondomar

Cabanas

Corgo, O

Cartelle

Lalín

Camariñas

Cospeito

Castrelo de Miño

Meaño

Carnota

Foz

Celanova

Meis

Carballo

Friol

Cenlle

Moraña

Carral

Guntín

Coles

Oia

Cee

Lourenzá

Cortegada

Ponteareas

Cerceda

Monforte de Lemos

Leiro

Portas

Coristanco

Monterroso

Maside

Rodeiro

Curtis

Outeiro de Rei

Merca, A

Rosal, O

Dodro

Palas de Rei

Pereiro de Aguiar, O

Salvaterra do Miño

Dumbría

Pantón

Pontedeva

Silleda

Fisterra

Páramo, O

Porqueira

Tomiño

Frades

Pastoriza, A

Punxín

Valga

Irixoa

Pol

Ramirás

Vilaboa

Laracha, A

Portomarín

Ribadavia

Vila de Cruces

Laxe

Ribadeo

San Amaro

Lousame

Sarria

San Cibrao das Viñas

Malpica de Bergantiños

Saviñao, O

San Cristovo de Cea

Mazaricos

Sober

Sandiás

Melide

Taboada

Sarreaus

Mesía

Trabada

Taboadela

Miño

Vicedo, O

Toén

Moeche

Vilalba

Trasmiras

Muros

Viveiro

Vilamarín

Muxía

Xove

Vilar de Santos

Negreira

Xinzo de Limia

Ordes

Xunqueira de Ambía

Oroso

Outes

Oza-Cesuras

Paderne

Padrón

Pino, O

Ponteceso

Porto do Son

Rianxo

Rois

Santa Comba

Santiso

Sobrado

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Val do Dubra

Valdoviño

Vedra

Vilarmaior

Vilasantar

Vimianzo

Zas