DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3405

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

BDNS (Identif.): 881481.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881481

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das axudas correspondentes coa intervención 6842.1 convocadas destinarase un crédito máximo total de 7.920.000 € dos orzamentos de 2026, 2027 e 2028.

Para a concesión das axudas correspondentes coa intervención 6842.2 convocadas destinarase un crédito máximo total de 11.004.498 € dos orzamentos de 2026, 2027 e 2028.

Estes importes poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria será de un mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural