DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2025/178-1).

Expediente: IN407A 2025/178-1.

Promotora: Xunta de Compensación do Sector 2 San Pedro de Visma.

Denominación do proxecto: Liña 15 kV, 32 centros de transformación 630 kVA e baixa tensión para urbanización San Pedro de Visma.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 30.9.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de dar servizo eléctrico á urbanización de San Pedro de Visma.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e presuposto, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Liña 15 kV, 32 centros de transformación 630 kVA e baixa tensión para urbanización San Pedro de Visma, asinado por Sergio Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 482 de Ourense, o 17.9.2025 con nº de visado V20250303, do 17.9.2025 .

– Anexo do proxecto asinado por Sergio Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 482 de Ourense, o 19.12.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Coruña e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 19.12.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no sector 2 San Pedro de Visma, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Proxéctanse catro novos tramo de liña subterránea con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²), cunha lonxitude total de 9.785 m.

– O primeiro tramo corresponde coa liña SPV701 que anelará catro (4) dos novos centros de transformación, tendo orixe na arqueta fronte ao centro de transformación 15CPM7 estrada de Bens (punto B dos planos OE MT) e fin no centro de transformación 15CAR0 San Pedro de Visma (punto D dos planos OE MT), cunha lonxitude de 755 m.

– O segundo tramo corresponde coa liña SPV705 que anelará nove (9) dos centros de transformación, tendo orixe na arqueta fronte ao centro de transformación 15CGWT aparcadoiro Mariñeiros (punto H dos planos OE MT) e fin na mesma arqueta, realizándose empalme coa liña existente cara ao centro de transformación 15CBV9 Divina Pastora (punto G dos planos OE MT), cunha lonxitude de 1.070 m.

– O terceiro tramo corresponde cunha nova liña da subestación San Pedro de Visma –que designaremos no ámbito do presente proxecto como SPV7XX– que anelará dous (2) novos centros de transformación, tendo orixe na arqueta fronte á subestación (punto P dos planos OE MT) e fin no centro de repartición 15CKS3 CR Estadio (punto R dos planos OE MT), cunha lonxitude de 2.780 m.

– O cuarto tramo corresponde cunha nova liña da subestación San Pedro de Visma –que designaremos no ámbito do presente proxecto como SPV7YY– que anelará dezasete (17) centros de transformación, tendo orixe na arqueta fronte á subestación (punto K dos planos OE MT) e fin no centro de repartición CR Estadio (punto N dos planos OE MT), cunha lonxitude de 5.180 m.

– Proxéctanse trinta e dous novos centros de transformación 2L1P de 630 kVA cada un, manobra exterior (compacto) en caseta prefabricada de superficie con acometida subterránea.

– Na liña SPV701 anelaranse os catro seguintes novos centros de transformación, realizando entrada e saída de liña: CHE-2, RI8P, CHE-1 CT2 e CHE-1 CT1, xunto os xa existentes.

– Na liña SPV705 anelaranse os nove seguintes centros de transformación, realizando entrada e saída de liña: R12L CT2, R13L, R14L CT1, R14L CT2, R16L CT2, R16L CT1, R15P CT2, R15L CT1 e R12L CT1, xunto os xa existentes.

– Na liña SPV7XX anelaranse os dous seguintes centros de transformación, realizando entrada e saída de liña: R11L CT2 e R1L.

– Na liña SPV7YY anelaranse os dezasete seguintes centros de transformación, realizando entrada e saída de liña: R4L, R5P, R3L, R2L, R6L CT1, R8P CT1, R8P CT2, R7P, R6L CT2, R9L CT1, R10P CT1, R10P CT2, R9L CT2, R17L CT1, R17L CT2, R17L CT3 e R11LCT1.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13, sen prexuízo do indicado na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparamenta électrica.

C) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de decembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña