DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3726

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2026, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).

BDNS (Identif.): 880424.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880424

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880741 (minimis pesca)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880742 (minimis agrícola)

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Entidades beneficiarias

As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) cun centro de traballo en Galicia. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, na data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.

Segundo. Obxecto

As axudas teñen por obxecto incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2026, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).

Cuarto. Importe

O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700, por un importe de 1.000.000 €, no ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica