DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3728

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das novacións de débedas e se procede á súa convocatoria para os anos 2026/2027 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 24 de novembro de 2025, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das novacións de débedas co Igape e facultou a persoa titular da Dirección Xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicación e convocatoria das bases reguladoras

Publicar as bases reguladoras das novacións de débedas co Igape e convocar para os anos 2026/2027 as ditas actuacións, que non terán a consideración de axuda de Estado, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D).

Segundo. Tramitación anticipada

Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas operacións á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento do acordo de concesión.

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que ,conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

b) O 30.12.2026, ás 14.00 horas.

Cuarto. Dotación orzamentaria

Naqueles casos en que a concesión da novación requira crédito orzamentario, este realizarase con cargo á partida orzamentaria, importes e distribución plurianual que se indican a seguir, logo de existencia de crédito adecuado e suficiente:

Partida orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

09.A1-741A-8310

2.000.000 €

2.000.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar estes importes coas xeracións de crédito previstas no artigo 69 do Decreto lexislativo 1/1999 polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Quinto. Prazos de duración do procedemento

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de tres meses desde a data de presentación de solicitude de novación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das novacións de débedas co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG núm. 78, do 23 de abril) (en diante, Decreto 133/2002), modificado polos Ddcretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG núm. 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG núm. 48, do 10 de marzo) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG núm. 234, do 10 de decembro), habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que con carácter xeral para ese efecto aprobe.

Historicamente, o Igape puxo en marcha diversos programas de préstamos, con recursos do Banco Europeo de Investimentos, con fondos estruturais europeos, e con cargo aos seus orzamentos, tanto mediante liñas específicas para emprendedores, sector audiovisual, sector auxiliar do naval, industria 4.0 e innovación, como con liñas horizontais para facilitar o investimento e o financiamento de circulante para o crecemento, así como tamén con liñas de financiamento operativo para as pemes máis afectadas polo impacto da crise sanitaria COVID-19 e, máis recentemente, para as empresas máis afectadas polo incremento dos prezos. Demostrouse que estes programas constitúen unha ferramenta eficaz para favorecer o acceso ao crédito das empresas galegas, ao complementar e atender fallos do mercado financeiro con produtos de financiamento público axeitados ao desenvolvemento de proxectos e ás necesidades de liquidez.

Ao abeiro deste marco regulador, o Igape foi concedendo numerosos préstamos, moitos dos cales se amortizaron co cumprimento dos compromisos adquiridos polos beneficiarios, outros permanecen en vigor e outros resultaron con incidencias e dificultades de reintegro.

Na xestión das operacións con dificultades de reintegro preséntanse situacións complexas, tales como:

– Proxectos empresariais que poden ser viables, que manteñen a actividade empresarial e os postos de traballo, pero cuxos recursos xerados resultan insuficientes para cumprir cos prazos de reembolso comprometidos co Igape.

– Terceiros que prestaron o seu aval persoal ou gravaron os seu bens con hipotecas para garantir as obrigas das beneficiarias, que poderían afrontar o pagamento se este se apraza e fracciona convenientemente, evitando graves prexuízos persoais.

– Operacións de préstamo concedidas a tipo de xuro fixo, determinados no seu momento con base nun tipo de referencia moi elevado, que fai que, nestes momentos, o custo financeiro supere amplamente o de mercado. Estas situacións supoñen unha carga relevante para as empresas, o que dificulta o reembolso da débeda.

– Operacións concedidas en momentos en que as beneficiarias se encontraban en situacións nas cales a súa cualificación de risco de crédito era inferior á que podería obter na actualidade e, como consecuencia diso, o tipo de xuro aplicado resulta máis elevado que o de mercado.

Estas situacións poderían ter unha posibilidade de solución mediante a novación da débeda.

Mediante resolucións do 15 de abril de 2020 (DOG núm. 76, do 21 de abril), do 26 de marzo de 2021 (DOG núm. 68, do 13 de abril), do 12 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 15, do 24 de xaneiro), do 13 de decembro de 2022 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2023), 18 de decembro de 2023 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024), e do 27 de decembro de 2024 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2025) publicáronse as bases reguladoras das novacións para o refinanciamento de débedas co Igape e procedeuse ás súas convocatorias, en réxime de concorrencia non competitiva, para os exercicios 2020, 2021, 2022, 2023, 2024 e 2025, respectivamente, téndose fixado o prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de decembro de cada ano.

A persistencia da necesidade de darlles solución ás dificultades de reintegro que presentan determinadas operacións de préstamo, así como de facilitar a recuperación polo erario autonómico dos importes endebedados, fai aconsellable e oportuno manter a dispoñibilidade desta liña de novacións e convocala de novo en 2026, incluíndo adicionalmente a posibilidade de novacións limitadas ao cambio de tipo de xuro, xa sexa pasando de tipo fixo a variable, xa modificando o tipo que corresponda para adaptalo ás condicións de mercado.

Por todo o anterior, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 24 de novembro de 2025, adoptou o acordo de aprobar as seguintes bases polas cales se regulan as condicións, límites e procedementos para a tramitación das solicitudes de novación de débedas co Igape.

Artigo 1. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que sexan titulares de débedas vivas co Igape por préstamos en vigor, que presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo, ou que soliciten a revisión do tipo de xuro, xa sexa pasando de tipo fixo a variable, xa modificando o tipo de xuro aplicado para adaptalo ás condicións de mercado.

b) Que sexan titulares de débedas co Igape derivadas do impagamento de préstamos xa vencidos.

c) Que sexan fiadores de préstamos do Igape con débedas vencidas.

d) Que sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas do impagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Para os titulares sinalados nas alíneas a) e b) anteriores, exceptúanse as circunstancias previstas nas alíneas b), e) e g) do citado artigo 10.2, en atención á natureza das novacións reguladas nestas bases cuxa finalidade é o reintegro de débedas preexistentes.

Artigo 2. Modalidades de operacións

En función da situación da débeda que se vai novar, as operacións revestirán as seguintes modalidades:

1. Novación modificativa e, se é o caso, extintiva, de préstamos en vigor, para axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso do titular, e/ou para a revisión do tipo de xuro, xa sexa pasando de tipo fixo a variable, xa modificando o tipo de xuro aplicado para adaptalo ás condicións de mercado. En todo o non modificado na novación, mantense vixente o establecido no contrato inicial de préstamo.

2. Novación extintiva de préstamos vencidos. Poderán formalizarse tanto cos titulares iniciais como cos garantes ou fiadores, ou cos titulares de bens que garantan a débeda. En todos os casos, suporá a formalización dunha nova operación.

Artigo 3. Condicións xerais das operacións

1. Prazo e amortización.

1.1. No caso de novacións modificativas de préstamos en vigor, poderá ampliarse a vixencia dos préstamos ata o máximo de vinte e cinco (25) anos establecido no Decreto 133/2002 e poderán establecerse periodicidades de amortización e de liquidación de xuros diferentes aos establecidos inicialmente, así como incluír períodos de carencia intermedios e/ou adicionais.

No caso de novacións extintivas, dentro do prazo máximo de vinte e cinco (25) anos fixado no Decreto 133/2012, axustaranse os prazos e cadros de amortización á capacidade financeira e de reembolso dos titulares, de forma que se facilite o reintegro e a recuperación dos importes debidos ao erario público autonómico, conforme un plan económico financeiro que deberá achegar a persoa solicitante.

1.2. A persoa prestameira terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial anticipado do préstamo, mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de quince (15) días hábiles.

1.3. As novacións concedidas poderán incluír cláusulas de amortización anticipada obrigatoria en función de determinadas circunstancias que melloren a liquidez da persoa prestameira, como a obtención de EBITDA en exercicios futuros superiores a determinados limiares ou o cobramento de axudas públicas, entre outros, así como de limitacións na repartición de dividendos da sociedade titular e na devolución de préstamos a socios ou a outras persoas vinculadas. A inclusión destas cláusulas e a súa cuantificación estará fundamentada no plan financeiro achegado pola persoa solicitante.

2. Contías financiables.

Poderá novarse o importe total das cantidades debidas e poderanse incluír os xuros e demais conceptos devindicados ata a data da formalización, momento no cal quedarán fixados o importe da operación e o cadro de amortización definitivo.

3. Garantías.

As novacións que se aproben ao abeiro destas bases contarán con garantías adecuadas en función das características da operación. A cuantificación da garantía será realizada polo Igape mediante o procedemento descrito no anexo IV.

4. Xuros.

O tipo de xuro determinarase do xeito seguinte:

a) Xuros ordinarios. As novacións que o Igape conceda ao abeiro destas bases devindicarán un tipo de xuro que permita excluír a presenza de axuda de Estado, conforme o establecido na Comunicación da Comisión Europea de revisión do método de fixación de tipos de referencia e actualización 2008/ C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro).

Para iso, o Igape percibirá xuros adaptados á cualificación do risco e das garantías tomadas. Naquelas solicitudes que cumpran as condicións necesarias, o Igape realizará un estudo da cualificación de risco da solicitante seguindo a metodoloxía descrita no anexo III, do cal resultará encadrada nunha das categorías «excelente (AAA-A)», «boa (BBB)», «satisfactoria (BB)», «deficiente (B)», ou «mala/dificultades (CC)». Conforme os criterios descritos no anexo IV, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveis de colateralización: «alta», «normal» e «baixa».

O tipo de xuro ordinario será a suma do tipo base máis a marxe, que serán determinados conforme os seguintes métodos:

1º. Tipo base: determinarase con base na media do euríbor a un (1) ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior ao da concesión. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas, farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses seguintes anteriores se desvía en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícao a Comisión Europea na ligazón seguinte: https://competition-policy.ec.europa.eu/state-aid/legislation/reference-discount-rates-and-recovery-interest-rates/reference-and-discount-rates_en

2º. Marxe: determinarase, para cada operación, con base na súa cualificación do risco e das garantías achegadas, conforme a seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Deficiente (B)

2,20 %

4,00 %

6,50 %

Mala/dificultades (CC)

4,00 %

6,50 %

10,00 %

Para as persoas prestameiras que non teñan un historial crediticio, ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será, polo menos, de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior á que sería aplicable á empresa matriz.

Con base nos puntos 111 e 113 a 114 da Comunicación da Comisión 2016/C262/01, alternativamente, e no caso de que sexa posible e máis beneficioso para a titular, o tipo de xuro poderá determinarse con base na comparación con transaccións de mercado comparables, acreditadas pola solicitante con base en ofertas escritas ou noutros contratos de financiamento recentes similares.

Para as persoas titulares de préstamos en vigor a tipo de xuro fixo, que na novación unicamente soliciten o cambio de tipo de xuro de fixo a variable, o diferencial determinarase segundo a cualificación de risco e colateralización tida en conta para a concesión da operación obxecto de novación. No caso de que o dito préstamo conte cunha redución do tipo de xuro por unha subvención implícita, aplicaranse os mesmos puntos porcentuais de redución que a titular tiña concedidas, sen que o tipo de xuro resultante poida resultar inferior ao 0 %. A novación non suporá ningunha alteración da subvención implícita inicialmente concedida.

b) Xuros de demora. En caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude dos contratos de préstamo que se formalicen, a persoa prestameira incorrerá de pleno dereito en demora sen necesidade de requirimento previo e estará obrigada a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis catro puntos porcentuais. Os ditos xuros liquidaranse o último día do trimestre natural en que se xeraron.

Os xuros percibiranse por días naturais sobre a base dun ano de 360 días.

5. Os contratos mediante os cales se formalicen as novacións someteranse ao dereito privado, máximo cando a débeda a favor do Igape por razón destas operacións terá a cualificación de crédito de dereito público.

Artigo 4. Criterios de resolución

1. O Igape concederalles as operacións previstas nestas bases ás persoas solicitantes que cumpran as condicións establecidas, salvo que se aprecie algún dos seguintes motivos de denegación:

a) Falta de capacidade de reembolso da solicitante para a operación regulada nestas bases.

b) Non se supera a puntuación mínima na cualificación do risco de crédito realizada polo Igape conforme a metodoloxía descrita no anexo III.

c) Falta de coherencia do calendario proposto co plan financeiro da solicitante.

d) Vontade inxustificada de subordinación do reembolso da débeda co Igape fronte ao pagamento a outros acredores ou outras aplicacións dos recursos financeiros dispoñibles.

e) Falta de asunción de compromisos que poidan ser razoablemente exixibles, tales como o mantemento de actividades, emprego, etc.

f) O menoscabo da solvencia da parte debedora ou avalista.

g) Cando, da análise do risco e do plan económico financeiro presentado, non se infira a necesidade de novar a débeda.

2. Para a concesión de novacións modificativas dirixidas á revisión do tipo de xuro en operacións concedidas en momentos en que as beneficiarias se encontraban en situacións nas cales a súa cualificación de risco de crédito era moi inferior á que podería obter na actualidade, e como consecuencia das cales o tipo de xuro aplicado resulta máis elevado que o de mercado, a solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos específicos:

• Que a empresa estea ao día nos pagamentos e non conste historial de atraso de pagamentos nos últimos dous (2) anos superiores a tres (3) meses.

• Que a entidade rexistrase unha mellora significativa na súa capacidade financeira que permita unha cualificación de risco de crédito superior. Para iso, a proporción de patrimonio neto/total balance deberá amosar un incremento mínimo de 20 puntos porcentuais nas últimas contas anuais respecto ás do exercicio anterior á concesión do préstamo.

• Que a beneficiaria acredite, con base encontratos recentes similares con entidades bancarias ou ofertas en firme, que o tipo de mercado a que pode acceder é inferior ao cobrado polo Igape.

Tamén poderán solicitar este tipo de novacións, sen cumpriren cos anteriores requisitos, aqueles titulares de operacións que asumisen o crédito nun proceso de adquisición de unidade produtiva ou fosen obxecto dun cambio na propiedade relevante, coa toma de participación maioritaria de empresas ou grupos de maior solvencia.

3. As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e a hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, teranse en conta a data e a hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación sea anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a axuda, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para poderen presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificado dixital, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. No momento da presentación, o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato pdf asinado electronicamente que a persoa solicitante deberá obter da Oficina virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

b) Detalle da situación de débedas con Facenda, Seguridade Social e Comunidade Autónoma, incluíndo expresamente relación de aprazamentos concedidos, con indicación de calendario de pagamentos.

c) Plan económico financeiro, incluíndo contas de resultados, fluxos de efectivo e balances provisionais, e describindo as hipóteses que sustentan as previsións.

d) Memoria xustificativa da solicitude, evolución das actividades e do emprego, identificación das causas que motivan a incapacidade de cumprir cos calendarios pactados e feitos que sustentan a capacidade de reembolso futura.

e) Evolución do restante endebedamento da compañía desde a formalización do préstamo. Operacións financeiras concedidas e amortizacións pagadas a outras entidades.

f) Refinanciamento doutras débedas previstas: no caso de prever un plan de refinanciamento máis amplo, acreditación deste mediante escrito das entidades financeiras afectadas e/ou copia dos contratos.

g) Para o caso de solicitar, con base nos puntos 111 e 113 a 114 da Comunicación da Comisión 2016/C262/01, que o tipo de xuro se poida determinar, de ser máis beneficioso, con base na comparación con transaccións de mercado comparables, e/ou para o caso de novacións modificativas para a revisión do tipo de xuro nas operacións concedidas en momentos en que as beneficiarias se encontraban en situacións nas cales a súa cualificación de risco de crédito era inferior á que podería obter na actualidade, e, como consecuencia diso, o tipo de xuro aplicado resulta máis elevado que o de mercado: contratos recentes similares con entidades bancarias ou ofertas en firme, que acrediten que o tipo de mercado a que pode acceder é inferior ao cobrado polo Igape.

h) Operacións de financiamento con socios, administradores ou partes vinculadas. Detalle dos saldos con socios, relación de préstamos recibidos ou concedidos, con copia dos contratos, se é o caso.

i) Plan de amortización da débeda proposto, comparativo coa amortización do restante endebedamento financeiro.

j) Nos casos en que a persoa titular da operación sexa diferente da persoa debedora da débeda que se vai novar (fiadores, avalistas ou titulares de bens que garantan as ditas débedas):

1º. Para sociedades mercantís:

i. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.

ii. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

iii. Contas anuais correspondente ao último exercicio pechado.

iv. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

2º. No caso de persoas físicas:

i. Declaración do imposto de patrimonio.

ii. Declaración de bens e débedas persoais, especificando:

• Bens inmobles, indicando valoración aproximada ou taxación e cargas dos bens.

• Bens mobles, indicando valoración.

• Activos financeiros.

• Débedas.

• Avais prestados.

iii. No caso de exercer actividade económica: copias das declaracións do IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Exceptúase do previsto nos números 1 e 2 as solicitudes de novación de préstamos en vigor limitadas ao cambio de tipo de xuro de fixo a variable, que non requirirán presentación de documentación complementaria.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas (IAE).

f) Certificado da renda (IRPF).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Artigo 9. Órganos competentes

A competencia para a instrución do procedemento de concesión correspóndelle á Área de Financiamento do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Financiamento é a competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes obxecto de tramitación segundo estas bases e nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección do Igape. O Comité de Riscos previsto no artigo 10.4 valorará os informes técnicos e, se é o caso, avalidaraos e elevará a correspondente proposta ao Consello de Dirección do lgape, que será o órgano competente para resolver.

Malia o anterior, nas solicitudes que unicamente recollan unha modificación de tipo de xuro fixo a variable, non intervirá na tramitación o Comité de Riscos, e a persoa titular da Dirección da Xeral do Igape resolverá por delegación do Consello de Dirección.

Artigo 10. Instrución dos procedementos, resolución e notificacións

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. As solicitudes serán avaliadas polos servizos dos órganos instrutores, en función dos datos declarados na solicitude, no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que, para a cualificación do risco de crédito, se poida solicitar información da solvencia da persoa solicitante e dos seus avalistas, para o cal se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

3. Os servizos técnicos do órgano instrutor emitirán un informe co seguinte contido:

a) Descrición da persoa solicitante e da operación.

b) Comprobacións do cumprimento dos requisitos da persoa beneficiaria e da operación.

c) Determinación do importe financiable.

d) Cualificación do risco de crédito coforme a metodoloxía do anexo III.

e) Valoración das garantías conforme os criterios do anexo IV.

Nas solicitudes que unicamente recollan unha modificación de tipo de xuro fixo a variable, o informe técnico incluirá as alíneas a), b) e c) anteriores, e o detalle do tipo diferencial, e, nos casos da existencia previa de axuda implícita por redución de xuros, os puntos porcentuais de redución aplicables no tipo resultante.

4. Comité de Riscos. Estará formado por un número impar de membros e incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e, de ser o caso, das correspondentes consellerías sectoriais. Ademais poderá solicitar a presenza como asesor/a doutro persoal representante de calquera Administración pública, que non participará nas votacións.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións incluídas nos informes técnicos e poderá acordar axustes cualitativos na puntuación sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución favorable ou desfavorable. Alternativamente, poderá pospor a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación.

5. Con carácter xeral, o Consello de Dirección do Igape decidirá a concesión ou a denegación da operación, por proposta da persoa titular da Dirección Xeral do Igape, fundamentada nos acordos do Comité de Riscos. Previamente, poderá decidir, mediante acordo motivado, a realización de actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento, incluídas a ampliación de información para unha mellor avaliación e a petición de informes complementarios.

Nas solicitudes que unicamente recollan unha modificación de tipo de xuro fixo a variable, a persoa titular da Dirección da Xeral do Igape resolverá por delegación do Consello de Dirección.

6. No acordo de novación faranse constar, entre outros datos, a identificación da prestameira, o importe do préstamo novado e, se é o caso, doutros conceptos que se van refinanciar, o tipo de xuro aprobado, os prazos de vixencia, carencia e formalización, a descrición das garantías para constituír a favor do Igape, así como outras obrigas e compromisos que se lle poidan requirir á prestameira. O importe da operación poderá incluír os xuros e demais conceptos que se xeren ata a data de formalización, momento en que quedará fixado o importe definitivo, así como a contía das cotas de amortización.

Nas solicitudes que unicamente recollan unha modificación de tipo de xuro fixo a variable, na resolución faranse constar a identificación da prestameira, o tipo de referencia aplicable no momento da concesión, o diferencial e os puntos porcentuais de bonificación, de ser o caso. Neses supostos, non se alterará o calendario de amortización de principal.

No acordo ou resolución denegatoria farase constar o motivo da denegación.

7. As notificacións das resolucións e dos actos administrativos do procedemento efecctuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica do Igape e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei /2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, o Igape efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións e os acordos ditados ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra eles poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición:

– Ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas nas solicitudes de novación que unicamente recollan unha modificación de tipo de xuro fixo a variable, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

– Ante o Consello de Dirección do Igape no caso de recursos de reposición contra os acordos de concesión ou denegación da novación do préstamo.

En todos os casos, o prazo para interpor o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acordo, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acordo, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12. Formalización das operacións financeiras

1. As empresas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de novación nos prazos establecidos no acordo ou resolución de concesión.

A solicitude de formalización por parte da persoa beneficiaria deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o formulario normalizado que figura como anexo II, a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen formalización, decaerá a concesión e arquivarase o expediente, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do dito prazo.

2. Serán por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que a dita operación devindique e de cancelación das garantías unha vez amortizado o risco.

Artigo 13. Aplicación dos fondos

1. Nun prazo máximo de seis (6) meses, contados desde a data de formalización, a persoa titular do préstamo deberá presentar no Igape a primeira copia da escritura ou póliza da novación, liquidada e inscrita, se é o caso, nos rexistros competentes.

2. A aplicación dos fondos da operación á cancelación e/ou refinanciamento de débedas indicado no acordo ou resolución de novación executarase sen saída efectiva de fondos e terá efectos desde a data da formalización, aínda que se incluirá nos correspondentes contratos unha condición resolutoria para o caso de que non se cumpra o establecido no número 1 deste artigo.

No caso de novacións extintivas, a aplicación dos fondos da novación á cancelación da débeda preexistente, en canto que a extingue no mesmo acto, supón o cumprimento do requisito exixido no artigo 55.2 da vixente Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma.

Con todo, as persoas titulares deberán acreditar que están ao día no pagamento das obrigas de calquera outro préstamo, distinto do da operación que se vai novar, concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma.

Artigo 14. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O Igape poderá resolver o contrato de novación, declarando vencido anticipadamente o seu crédito nos seguintes casos:

– O incumprimento da obriga de pagamento de principal e xuros do préstamo por un importe mínimo equivalente a tres cotas trimestrais.

– A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade da información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que fose determinante para a súa aprobación.

– No caso de novacións modificativas de préstamos en vigor, nas situacións previstas para o vencemento anticipado no contrato inicial do préstamo e/ou nas bases reguladoras.

A resolución do contrato obrigará as persoas prestameiras ao reembolso do capital vivo e dos correspondentes xuros ordinarios e de demora, se é o caso.

2. A persoa prestameira quedará obrigada ao pagamento das obrigacións procedentes do contrato no termo de cinco días naturais contados desde a data da notificación da resolución do contrato. Se a persoa prestameira incumpre a obriga de pagamento no prazo antes sinalado, poderá o Igape, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son exixibles.

Artigo 15. Obrigas das prestameiras

a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da novación nos prazos, se é o caso, establecidos no acordo ou resolución de concesión.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, como a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, o Banco Europeo de Investimentos, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da novación.

d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e pagamento dos conceptos financiables durante, polo menos, un período de catro anos desde a amortización total do préstamo, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

Artigo 16. Modificacións do proxecto

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da operación poderá dar lugar á modificación do acordo ou resolución de concesión ou á súa revogación, no caso de que se considere que a modificación afecta un aspecto substancial da concesión.

2. A prestameira queda obrigada a comunicarlle ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedido o préstamo.

3. O Consello de Dirección do Igape, ou a directora xeral do Igape nas solicitudes de novación que unicamente recollan unha modificación de tipo de xuro fixo a variable, poderán acordar a modificación da concesión por instancia da prestameira nos seguintes supostos:

– Modificación do plan de financiamento previsto.

– Modificación das garantías constituídas a favor do Igape.

– Cambios de titularidade, operacións de transformación societaria, fusión ou escisión: cando a nova persoa titular cumpra cada un dos requisitos destas bases e non supoña un menoscabo da solvencia da parte prestameira ou dos avalistas.

Para iso deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supoñan a denegación da operación.

4. O acto polo cal se acorde a modificación do acordo ou resolución será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no cal se llesdará audiencia aos interesados. Con todo, poderá prescindirse deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

5. O Igape poderá rectificar de oficio o acordo cando, dos elementos que figuren neste, se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

6. Os prazos de formalización e de presentación do contrato liquidado e rexistrado poderán ser modificados, logo de solicitude das persoas interesadas, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo do informe da Área de Financiamento, nos casos en que se acredite que o atraso non é por causa imputable á persoa beneficiaria.

Artigo 17. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG núm. 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG núm. 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG núm. 48, do 10 de marzo) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG núm. 234, do 10 de decembro), que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

b) Comunicación da Comisión, relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización, 2008/C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro).

c) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015.

Artigo 18. Paralización de accións de recobramento

A presentación dunha solicitude de novación que cumpra os requisitos establecidos nestas bases poderá supor a paralización, durante o período de tramitación, daqueles procedementos de recobramento iniciados ou que procedería iniciar por parte do Igape. En caso de resolución denegatoria, continuarase coa súa tramitación.

Artigo 19. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección da Área de Financiamento para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e o cumprimento destas bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Metodoloxía de cualificación do risco de crédito

a) Para persoas que exerzan unha actividade empresarial:

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia

0-2

Calidade da xestión operativa

0-10

Capacitación técnica xeral

0-15

Risco de produto

0-9

Risco de mercado

0-9

Capacidade financeira

0-20

Risco por complexidade técnica

0-5

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

Factores atenuantes do risco

 

Cualificación do risco

0-100

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será o produto de conxugar determinados cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos previsto no artigo 10.4, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras

Historial de procesos de insolvencia

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento con Igape e fondos xestionados Xesgalicia

Inexistencia de riscos vivos con Igape e fondos xestionados Xesgalicia

Inexistencia de débedas vencidas con Igape e fondos xestionados Xesgalicia

Puntos negativos

Historial de incumprimento

Existencia de débedas impagadas

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispor de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias

Utilizar sistemas de información ERP ou prever a súa implantación no proxecto

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades

Retribución media ao persoal adecuada

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral

Xerencia e Administradores-consello de administración cualificado, achegando currículo

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos cinco (5) anos

Experiencia no produto/servizo

Dispor de persoal cualificado en persoal

Dispor de sistemas de xestión de calidade

Dispor de certificados ambientais

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos)

Grao de novidade do produto / razoablemente existirá boa demanda

Competitividade en prezo

Competitividade en calidade

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulatorios en relación co produto

O produto non está contrastado tecnicamente

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispor de cota de mercado histórica

Grao de diversificación da carteira de clientes

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda)

Existencia dun plan de márketing

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo

Dispor de rede comercial adecuada

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo

Barreiras de entrada que afecten o proxecto

Inestabilidade nos prezos

Dependencia de intermediarios

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de dous (2) anos de estados financeiros con actividade

Cociente fondos propios/pasivo total

Cociente endebedamento financeiro/EBITDA

Rotacións de circulante coherentes/fondo de manobra apropiado

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow

Gastos financeiros contidos

Resultado do exercicio/fondos propios

Magnitude do proxecto en relación coa estrutura previa

Empresas sen un mínimo de dous (2) anos de estados financeiros con actividade

Cociente débeda total/fondos propios

Financiamento que se vai conceder/fondos propios

Financiamento que se vai conceder/débeda total

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas paraa capitalizar

Cociente fondos propios/pasivo total inferior a limiar

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise

Adiamentos de débedas con administracións

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto)

O proceso carece de complexidade técnica

Experiencia exitosa en proxectos similares

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial

Viabilidade económica e financeira dá actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesouraría claro e con detalle suficiente

Achéganse balances de situación previsionais

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda

Achéganse datos suficientes para o cálculo do TIR e este, polo menos, duplica o custo medio do financiamento

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto

3. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, conforme a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

b) Para persoas físicas que non exerzan actividades empresariais, que resulten prestameiras das operacións novadas por seren avalistas ou fiadoras das débedas vencidas co Igape, ou titulares de bens que garantan as ditas débedas:

Rango de valores

Rendas

0-25

Valor patrimonial neto

0-25

Magnitude do préstamo

0-50

Factores atenuantes do risco

 

Cualificación do risco

0-100

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será o produto de conxugar determinados cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordados no Comité de Riscos previsto no artigo 10.4, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Rendas (0/25)

Factores que cómpre considerar

Estabilidade dos ingresos

Diversificación dos ingresos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras

Historial de procesos de insolvencia

Valor patrimonial neto (0/25)

Factores que cómpre considerar

Tipo de bens patrimoniais dispoñibles

Prazo de devolución das restantes débedas/rendas

Magnitude do préstamo (0/50)

Factores que cómpre considerar

Relación ingresos/préstamo solicitado

Relación préstamo/idade do titular

Relación patrimonio neto/préstamo

3. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, conforme a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

c) No caso de avalistas, fiadores ou titulares de bens que garantan as débedas vencidas, a puntuación obtida deberá acadar polo menos 50 puntos. Toda puntuación inferior a esta contía mínima suporá a desestimación da solicitude presentada.

ANEXO IV

Criterios de valoración das garantías

O nivel de garantías ofrecidas valorarase con base nunha estimación da porcentaxe de perda en caso de impagamento, conforme a seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de impagamento

Alta

71-100

<30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

>60 %

A perda en caso de impagamento será estimada conforme os seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 x (patrimonio neto conforme os seus últimos estados financeiros) / (importe operación garantida).

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador; aplicarase unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Cando as garantías consistan en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles, considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 x (valor de taxación) / (importe operación garantida)

4. Cando as garantías consistan en hipotecas ou peza sen desprazamento sobre bens mobles, considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente.

Puntos = 60 × (valor de peritación) / (importe operación garantida)

5. Cando as garantías consistan en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou peñoramento de activos financeiros líquidos ou de dereitos de crédito, considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) / (importe operación garantida) × 100

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo e acumularanse as puntuacións que correspondan.