DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5450

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

BDNS (Identif.): 881677.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de no-vembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881677

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881665

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) As empresas legalmente constituídas e as persoas autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.

Segundo. Obxecto

Concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e coas condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

Cuarto. Contía

1. A intensidade da axuda en función do regulamento de aplicación será a indicada nas seguintes subepígrafes, se é o caso, limitarase a axuda que se vai conceder cando sexan de aplicación os limiares establecidos nas restantes epígrafes deste artigo.

a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831, de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura):

A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios.

A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios.

A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

2. Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000 euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) 2023/2831, de minimis, e de 1.000.000 de euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).

3. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000 de euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2026, ás 20.00 horas.

As solicitudes presentaranse na páxina web do Inega, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia