DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5329

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de xaneiro de 2026 pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2025, que finaliza o procedemento administrativo, ao abeiro da Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento pa-ra a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades do ano 2025 (código de procedemento CT200A).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario inicial da páxina 2768 e no da páxina 2965, onde di:

«RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2026 pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2025, que finaliza o procedemento administrativo, ao abeiro da Orde do 5 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades do ano 2024 (código de procedemento CT200A)».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2026 pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2025, que finaliza o procedemento administrativo, ao abeiro da Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (código de procedemento CT200A)».