A Orde do 21 de agosto de 2025 establece as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convócaas para o ano 2025 (código de procedemento MR323C) (DOG núm. 172, do 8 de setembro).
A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva.
De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, aplicados os criterios de prioridade e formulada a proposta de resolución, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería, procede a resolver a convocatoria.
Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR323C), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, polas contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria: 15.04.712B.772.0, código de proxecto 2024 00096, para os anos 2025, 2026 e 2027.
Esta axuda está cofinanciada nun nun 60 % con fondos Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, dentro da intervención contida no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC): Intervención 68411 «Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais», Subintervención 68411_03 Equipamentos en común. Estas axudas teñen como finalidade:
– Contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, entre outras cousas reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable.
– Promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos naturais como a auga, o solo e o aire, por exemplo, reducindo a dependencia química.
Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II.
Terceiro. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde desta consellería do 21 de agosto de 2025 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.
b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
c) Todas as persoas beneficiarias deberán executar os investimentos e solicitar o pagamento no prazo máximo de 24 meses desde concesión da axuda.
d) Tendo en conta o anterior, ante a posibilidade de que se executen as actuacións subvencionadas ao longo de diferentes anualidades, establécense os seguintes prazos límite en función de cando se finalice a execución da actuación subvencionada:
a. Para as actuacións finalizadas antes do 1 de novembro de 2026, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15 de novembro de 2026.
b. Para as actuacións finalizadas entre o 1 de novembro de 2026 e os 24 meses desde a concesión, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza aos 24 meses da concesión.
e) O período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda á persoa beneficiaria ou 3 anos no caso de pemes.
Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro dereito que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Expedientes aprobados
|
Orde |
Expediente |
NIF |
Entidade solicitante |
Investimentos solicitados |
Puntuación prioridade: mínimo 3 puntos, 2 criterios |
Explotac. intensiva: límite axuda base |
Porcentaxe de axuda |
Investimento solicitado |
Motivo de redución |
Investimento elixible |
Axuda |
Axuda acumulada |
|||||||||
|
Puntos total |
a |
b |
c |
d |
e |
Básico (40%) |
a |
b |
c |
Total % axuda |
|||||||||||
|
1 |
MR323C-2025-32-0002 |
F32001976 |
Coop. Ourensanas, S. Coop. Galega |
Modernización e mellora integral de explotación porcina: – Modernización e melloras: 3.149.633,95 € – Instalación de equipos-Toubes: 1.355.482,50 € – Instalación de equipos-Gulfar: 2.438.566,70 € – Bomba calor + paneis solares: 378.910 € – Robots lavado: 93.636 € – Cámara + caseta: 78.317,10 € – Instalación materiais fixos manipul. Enriquecemento amb.: 103.308,24 € – Gastos xerais: 40.750 € |
12 |
5 |
4 |
3 |
0 |
0 |
SI |
40% |
0% |
0% |
0% |
40% |
7.637.654,51 € |
Moderación de custos e eliminación de dúas partidas de iluminación de acceso |
Total: 7.511.587,68 € – Modernización e melloras: 3.080.418,63 € – Instalación de equipos-Toubes: 1.328.117,60 € – Instalación de equipos-Gulfar: 2.407.830,11 € – Bomba calor + panelis solares: 378.910 € – Robots lavado: 93.636 € – Cámara + caseta: 78.317,10 € – Instalación materiais fixos manipul. Enriquecemento amb.: 103.308,24 € – Gastos xerais: 40.750 € |
3.000.000 € |
3.000.000 € |
|
2 |
MR323C-2025-15-0004 |
F15000177 |
Coop. Agraria Prov. de La Coruña, S.C.G. |
Centro de recría: – Nave recría 3.075 m2: 654.750 € – Fosa xurro recría 3.125 m3: 256.250,00 € – Cuberta fosa 625 m2: 40.625 € – Silo forraxeiro 2.400 m2: 118.300 € – Esterqueira cuberta con fosa lixiviados: 118.780 € – Peche finca: 46.880 € – Soleira de acceso: 95.000 € – Mellora camiños: 20.970 € – Cuberta esterqueira: 45.600 € – Cuberta materia encamado: 37.500 € – Soleiras e acceso: 62.500 € – Sistema pesaxe automático: 35.600 € – Sistema tratamento e desinfección post pre dipind muxidura: 250.000 € – Sistema detección celo: 75.000 € – Finca explotación: 200.000 € – Gastos xerais: 25.000 € |
12 |
4 |
5 |
3 |
0 |
0 |
SI |
40% |
0% |
0% |
0% |
40% |
1.833.255,00 € |
Eliminación de partidas por non pertencer ao investimento do centro de recría ou por non ser subvencionables: predio, sistemas de detección de celo, pesaxe e tratamento de ubres, peche perimetral, mellora de camiño, cuberta de material de encamado e esterqueira e soleira dunha granxa de vacún de leite |
Total: 1.249.205,00 € – Nave recría 3.075 m2: 654.750 € – Fosa xurro recría 3.125 m3: 256.250,00 € – Cuberta fosa 625 m2: 40.625 € – Silo forraxeiro 2.400 m2: 118.300 € – Esterqueira cuberta con fosa lixiviados: 118.780 € – Peche finca: 0 € – Soleira de acceso: 35.000 € – Mellora camiños: 0 € – Cuberta esterqueira: 0 € – Cuberta materia encamado: 0 € – Soleiras e acceso: 0 € – Sistema pesaxe automático: 0 € – Sistema tratamento e desinfección post pre dipind muxidura: 0 € – Sistema detección celo: 0 € – Finca explotación: 0 € – Gastos xerais: 25.000 € |
499.682,00 € |
3.499.682,00 € |
|
3 |
MR323C-2025-15-0006 |
F15964943 |
Gandeiros Xallas Barcala, S.C.G. |
Centro de recría: – 3.192 m2 de estabulación de xovencas: 851.243,80 € – 1.032,84 m2 de estabulación de recría de 1ª idade: 337.497,57 € – 1.500 m3 de esterqueira con cuberta: 108.212,50 € – 1.500 m3 de fosa de xurro con cuberta: 184.612,50 € -- Gastos xerais: 5.750 € |
11 |
5 |
5 |
0 |
0 |
1 |
SI |
40% |
0% |
0% |
0% |
40% |
1.487.316,37 € |
Total: 1.487.316,37 € – 3.192 m2 de estabulación de xovencas: 851.243,80 € – 1.032,84 m2 de estabulación de recría de 1ª idade: 337.497,57 € – 1.500 m3 de esterqueira con cuberta: 108.212,50 € – 1.500 m3 de fosa de xurro con cuberta: 184.612,50 € – Gastos xerais: 5.750 € |
594.926,55 € |
4.094.608,55 € |
|
a. Asociacionismo de titulares de explotacións agrarias.
b. Carácter colectivo do investimento, entendido como a xeración dun produto que será empregado polos titulares das explotacións agrarias asociadas.
c. Localización do investimento nunha zona de montaña.
d. Órgano de goberno cunha porcentaxe de mulleres igual ou superior ao 50 %.
e. Localización do investimento nunha zona distinta á de montaña.
ANEXO II
Expedientes denegados
|
Expediente |
NIF |
Entidade solicitante |
Puntuación prioridade: mínimo 3 puntos, 2 criterios |
Motivo de denegación |
|||||
|
Puntos total |
a |
b |
c |
d |
e |
||||
|
MR323C-2025-15-0001 |
F21925102 |
Pazo Fontán, S.C.G. |
8 |
5 |
0 |
0 |
2 |
1 |
Non acadar unha puntuación superior á do punto de corte resultado do réxime de concorrencia competitiva (artigo 18 da Orde do 21 de agosto de 2025) |
|
MR323C-2025-15-0007 |
F72537541 |
Nos Agricultores, S.C.G. |
8 |
5 |
0 |
0 |
2 |
1 |
Non acadar unha puntuación superior á do punto de corte resultado do réxime de concorrencia competitiva (artigo 18 da Orde do 21 de agosto de 2025) |
|
MR323C-2025-15-0003 |
F70591490 |
Granxamor Integración, S.C.G. |
8 |
5 |
0 |
0 |
2 |
1 |
Non acadar unha puntuación superior á do punto de corte resultado do réxime de concorrencia competitiva (artigo 18 da Orde do 21 de agosto de 2025) |
|
MR323C-2025-15-0005 |
F70171202 |
Forraxes de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega |
Os investimentos non son elixibles (artigo 3 da Orde do 21 de agosto de 2025) |
||||||
a. Asociacionismo de titulares de explotacións agrarias.
b. Carácter colectivo do investimento, entendido como a xeración dun produto que será empregado polos titulares das explotacións agrarias asociadas.
c. Localización do investimento nunha zona de montaña.
d. Órgano de goberno cunha porcentaxe de mulleres igual ou superior ao 50 %.
e. Localización do investimento nunha zona distinta á de montaña.
