Mediante a Orde de 27 de decembro de 2024, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 5 de febreiro de 2025, establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social), e procedeuse á súa convocatoria para a anualidade 2025.
A citada Orde do 27 de decembro de 2024 establece no seu artigo 13 que a concesión das subvencións se realizará en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
A concesión das subvencións previstas nos dous programas desta orde está suxeita á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente.
O artigo 39 da citada orde regula a distribución provincial do crédito que financia as axudas previstas para esta convocatoria. Este precepto tamén establece que no suposto de que o crédito asignado a unha provincia sexa superior ao número de solicitudes presentadas, de xeito que exista remanente orzamentario, procederase a realizar unha repartición deste entre as provincias restantes en función do número de solicitudes presentadas. Por último, tamén se recolle que no caso de que o orzamento asignado a cada provincia non fose suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación da solicitude.
O 15 de outubro de 2025 publicouse no DOG núm. 119 a Orde do 7 de outubro de 2025 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria e do prazo de xustificación para a concesión das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social), incrementándose en 904.380,40 euros o importe total destinado á concesión das axudas ao abeiro dos programas I e II desta orde, coa seguinte distribución:
– Programa I: 418.155,10 € (14.04.324C.470.0).
– Programa II: 486.225,30 € (14.04.324C.470.1).
Con base no anterior, unha vez atendidas todas as solicitudes presentadas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, e quedando remanente orzamentario nelas, procedeuse a unha redistribución do crédito para atender o maior número posible de solicitudes presentadas na provincia de Pontevedra, xunto cos créditos ampliados a través da Orde do 7 de outubro de 2025, por un importe total de 2.095.943,40 €, nas seguintes condicións:
|
Programa |
Código proxecto |
Aplicación orzamentaria |
Importe |
|
I |
2016 00306 |
2025.14.04.324C.470.0 |
1.121.605,10 € |
|
II |
2016 00306 |
2025.14.04.324C.470.1 |
974.338,30 € |
|
Total |
2.095.943,40 € |
||
Unha vez esgotados os recursos económicos nas aplicacións orzamentarias 14.04.324C.470.0 e 14.04.324C.470.1 correspondentes á provincia de Pontevedra, destinados ás axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2024,
DISPOÑO:
Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na dita Orde do 27 de decembro de 2024 quedou esgotado nas aplicacións orzamentarias 14.04.324C.470.0 e 14.04.324C.470.1 correspondentes á provincia de Pontevedra nas seguintes datas:
– Aplicación 14.04.324C.470.0: 7 de xullo de 2025 coa solicitude presentada ás 9.38 horas.
– Aplicación 14.04.324C.470.1: 26 de maio de 2025 coa solicitude presentada ás 10.22 horas.
Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
