DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2026, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D, competencia desta área provincial.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se lle dará por notificada.

Contra a resolución, que se notifica neste acto, poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante a Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2026

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Apartamento Cabañas Playa.

Titular: David Sanz Díez.

Enderezo: rúa Pinemar, 15, 3º B.

Concello: 15622 Cabanas.