BDNS (Identif.): 882520.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882520
Primeiro. Entidades beneficiarias
As asociacións empresariais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 da concesión de subvencións, por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de subvencionar a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial (código de procedemento TR807J).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2026, tramitada por anticipado de gasto (código de procedemento TR807J).
Cuarto. Importe
Cóntase cun orzamento de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.324A.480.6, código de proxecto 2019 00016, que se distribuirá do seguinte xeito: o 50 % para as asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
