DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2026 Páx. 7692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Resolución do 13 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se revogan a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II), situado nos concellos da Pontenova, Riotorto e Meira (Lugo), promovido por Gamesa Energía, S.A. (expediente 115-EOL).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 13 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se revoga a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II), situado nos concellos da Pontenova, Riotorto e Meira (Lugo), promovido por Gamesa Energía, S.A. (expediente 115-EOL).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan.

A dita resolución dispón o seguinte:

1. Revogar a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II), situado nos concellos da Pontenova, Riotorto e Meira (Lugo), promovido por Gamesa Energía, S.A. (expediente 115-EOL).

2. Arquivar o expediente do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II) (expediente 115-EOL).

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. O 6.5.2004, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio ditou resolución pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004, entre as cales de atopa a do proxecto do parque eólico Pousadoiro-Fonseca fase I, para unha potencia de 20 MW.

2. O 26.5.2004, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, a aprobación do proxecto sectorial e o acollemento ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica para o parque eólico Pousadoiro-Fonseca fase I.

3. O 24.5.2006, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do parque eólico Pousadoiro-Fonseca, que se fai pública mediante a Resolución do 15 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. A dita declaración de impacto é común para os proxectos dos parques eólicos Pousadoiro-Fonseca fase I e Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II).

4. O 29.1.2007, a Consellería de Innovación e Industria ditou resolución pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006, entre as cales de atopa a do proxecto do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II), para unha potencia de 26 MW.

5. O 6.2.2007, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, a aprobación do proxecto sectorial e o acollemento ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica para o parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II).

6. O 17.7.2007 fíxose pública a Resolución do 29 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se lles recoñece a condición de instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Pousadoiro-Fonseca fase I, situado nos concellos de Riotorto, A Pontenova e A Pastoriza (Lugo), promovido por Gamesa Energía, S.A. (expediente 043-EOL).

7. O 31.10.2008, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo autorizou a posta en marcha definitiva da instalación electromecánicas de xeración, transformación e inconexión do proxecto de execución denominado parque eólico Pousadoiro-Fonseca fase I.

8. O 30.4.2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informou de que non tiña obxeccións ás modificacións recollidas na fase II do parque eólico Pousadoiro-Fonseca. Así mesmo, estableceu unha serie de medidas novas que debe adoptar o promotor e sinalou que, no restante, mantiña a súa vixencia a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 24.5.2006, considerándose como resolto o tramite ambiental da fase II.

9. O 10.2.2011 fíxose pública a Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se autoriza administrativamente e se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica ás instalacións do proxecto do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II), situado nos concellos da Pontenova, Riotorto e Meira, promovido por Gamesa Energía, S.A. (expediente 115-EOL). Pola súa parte, o proxecto de execución aprobouse mediante a Resolución do 13 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

10. O 24.11.2017, a promotora comunicou o cambio da súa denominación social, de Gamesa Energía, S.A. a Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms, S.A.U.

11. O 29.10.2020, Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms, S.A.U. remitiu escrito á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais en que se solicita que se formule consulta ao órgano ambiental respecto da vixencia da declaración de impacto, xa que «... entende que as obras correspondentes ás instalacións que compoñen o parque eólico Fonseca (PE Pousadoiro-Fonseca fase II) xa foron iniciadas antes da entrada en vigor da Lei 21/2013, posto que a subestación transformadora 20/132 kV, e o seu transformador de 40/53 MVA, que é compartida polo PE Fonseca, xa foi construída e posta en servizo, tal e como se acredita neste escrito polo que se pode concluír que, atendendo á disposición transitoria primeira da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental do parque eólico Pousadoiro-Fonseca do 24.5.2006 segue vixente ao iniciar a execución do proxecto con anterioridade ao prazo máximo de seis anos».

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático