Polo Acordo da Xunta de Goberno local do 15.1.2026 aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2026, correspondente ás prazas que a seguir se citan.
Persoal funcionario:
|
Clasificación |
Grupo |
Núm. de vacantes |
Denominación |
|
Persoal funcionario |
A1 |
1 |
Técnico de RRHH e servizos |
|
Persoal funcionario |
B |
1 |
Técnico de xestión forestal |
Persoal laboral:
|
Clasificación |
Grupo |
Núm. de vacantes |
Denominación |
|
Persoal laboral |
IV/V |
1 |
Operario/a de servizos múltiples-maquinista |
Promoción interna:
|
Clasificación |
Grupo |
Núm. de vacantes |
Denominación |
|
Persoal laboral |
II |
1 |
Técnico/a de xestión cultural |
|
Persoal laboral |
II |
1 |
Técnico/a de SS |
|
Persoal laboral |
II |
1 |
Técnico/a de asuntos económicos |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Xunta de Goberno local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.
San Cibrao das Viñas, 21 de xaneiro de 2026
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
