DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8366

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2026 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre de 2025

Convenio

Data sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cervo, para a mellora da estrada ás Quintás

29.9.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Pobra do Caramiñal, para a mellora da vía situada na marxe esquerda da AG-11, p.q. 32+816, no lugar de Sende

13.10.2025

47.949,60

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Poio, para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso polo concello de Poio. 1ª fase

6.11.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Redondela, para a mellora da seguridade viaria e a reordenación da PO-363 entre Redondela e a praia de Cesantes

11.11.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Brión, para o acondicionamento do treito da estrada AC-543 entre os pp.qq. 8+390 ao 10+000 e cambio de titularidade en favor do Concello

17.10.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ferrol, para abrir Ferrol ao mar. Segunda fase das actuacións de fomento da mobilidade sustentable na fachada marítima e portuaria da cidade de Ferrol

18.11.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Autoridade Portuaria da Coruña e a Axencia Galega de Infraestruturas, para a execución dun edificio de servizos da estrutura flotante para actividades náutico-deportivas na zona do Parrote no porto da Coruña

20.11.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Addenda nº 1 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Baiona, para o financiamento das obras da fase II da humanización da travesía interior de Sabarís

26.11.2025

Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos, para a remodelación da avenida de Puxeiros-avenida do Rebullón

10.12.2025

Modifica o prazo de xustificación.