DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8365

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026 pola que se lles dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

No artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU), no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Título

Obxecto

Achega

económica

Data da sinatura

Entrada en vigor

Anexo ao convenio de adhesión entre o Concello de Amoeiro e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Modificación do convenio orixinario de adhesión do 16.4.2009

(DOG do 7.5.2009)

0,00 €

4.12.2025

17.12.2025