En sesión que tivo lugar o 19 de xaneiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2025 (DOG núm. 182, do 22 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 131, do 10 de xullo),
ACORDA:
Primeiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as seguintes preguntas:
– Da parte xeral anúlase a pregunta 4, que será substituída pola pregunta de reserva 81.
– Da parte específica anúlanse as preguntas 43 e 78, que serán substituídas polas preguntas de reserva 83 e 84.
Desestimar as restantes reclamacións presentadas ao exercicio.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, e de acordo cos criterios de corrección publicados, o exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 50 puntos.
Superarán este exercicio as persoas aspirantes que obteñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sete (7) prazas, por esta quenda, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, una vez feitos os descontos correspondentes.
En calquera caso, lémbrase que soamente superarán o proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de prazas convocadas, sete (7) prazas, sempre que cumpran as condicións previstas na convocatoria.
Terceiro. Realizada a corrección do exercicio na sesión do 13 de xaneiro de 2026, de acordo coas normas e criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 50 puntos un total de 28 aspirantes; este tribunal fixou en 47,25 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación mínima, unha vez feitas as deducións segundo o establecido nas bases da convocatoria.
Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao exame realizado o 13 de decembro de 2025, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 131, do 10 de xullo), no portal web da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica
Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, respecto ao segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, que posúe o Celga 2 ou título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa acreditase a posesión do Celga 2 ou título equivalente debidamente homologado e así conste na lista de persoas aspirantes publicada, con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica
Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
