DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8182

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes nos meses de setembro, outubro, novembro, e decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Dar publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pendentes de publicar no segundo cuadrimestre do 2025, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes

ANEXO I
Convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro
do ano 2025

Convenio

Achega económica da consellería

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o Concello de Cerdedo-Cotobade, e a empresa UTE XG-835, para a implantación dun servizo de interese municipal (SIMU).

0 €

1.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Semana Verde de Galicia para a redacción do proxecto técnico e dirección das obras de mellora das instalacións equinas do recinto da Feira Internacional de Galicia.

18.029,00 €

9.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e os concellos de Portomarín e de Palas de Rei para a execución do proxecto denominado Adquisición dun vehículo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos (RSU).

140.000,00 €

9.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ribadeo para a execución do proxecto denominado Adquisición dun vehículo para labores de protección do ambiente e do espazo natural.

7.500,00 €

9.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello dos Blancos para a adquisición dun tractor con rozadoira para o Servizo de Medio Ambiente do Concello.

47.795,00 €

11.9.2025

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello Galego dos Procuradores para compensar os/as profesionais da procuradoría designados/as en virtude de requirimento xudicial cando non exista un recoñecemento expreso do dereito de asistencia xurídica gratuíta.

75.000,00 €

12.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Teo para a execución da obra de afirmado e acondicionamento do viario municipal ao campo de fútbol de Cacheiras.

48.364,90 €

15.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Boborás para a execución do proxecto denominado Reforma urxente da rede de luz pública exterior nos núcleos de Sonelle, Pereiras, Porto Pereiras e Xendive.

40.000,00 €

15.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cariño para a execución do proxecto denominado Renovación da instalación fotovoltaica na piscina municipal.

26.882,78 €

15.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Curtis para a execución do proxecto denominado Rehabilitación e ampliación de edificación para usos públicos (calefacción, climatización e AQS).

48.243,67 €

15.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Merca para a execución do proxecto denominado Adquisición de brazo con rozadoira para tractor destinado a labores ambientais.

30.000,00 €

15.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Riós para a execución do proxecto denominado Adquisición dun vehículo todoterreo para o mantemento de espazos naturais.

38.000,00 €

15.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro para a adquisición dun vehículo de recollida de lixo.

60.000,00 €

17.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Sarria para a renovación do sistema de céspede sintético, substitución de instalacións deportivas e mellora do contorno do estadio municipal da Ribela.

516.264,64 €

22.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Outes para a execución do proxecto de mellora nas instalacións da piscina municipal de Outes no ano 2025.

65.285,55 €

24.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Cruz Roja Española para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000,00 €

29.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas federacións veciñais para o financiamento da programación e o desenvolvemento de actividades propias e gastos de funcionamento.

73.000,00 €

1.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Riós para a instalación dun sistema de aerotermia para a mellora da eficiencia enerxética no Punto de atención á infancia (PAI).

60.000,00 €

2.10.2025

3ª addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (actual Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e o Concello da Estrada para a execución das obras de execución de módulo cuberto multideporte.

0 €

9.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín para a adquisición dun vehículo de recollida de residuos sólidos urbanos.

60.000,00 €

9.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Oroso para a execución do proxecto de mellora do illamento térmico da Escola Unitaria de Vilacide.

43.620,10 €

9.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello do Valadouro para a adquisición dun camión basculante con guindastre para o servizo municipal de recollida de artigos e residuos voluminosos do concello.

45.000,00 €

9.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais para o desenvolvemento de accións de formación especializada a colexiados e atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

40.000,00 €

15.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Boimorto para a execución do proxecto de mellora interior e amoblamento do ximnasio do concello.

120.000 €

16.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para a adquisición dun vehículo cero emisións/eco para o Servizo de Medio Ambiente do Concello.

39.000,00 €

16.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cortegada para a mellora da envolvente térmica da vivenda comunitaria.

59.999,99 €

21.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Pantón para a actuacións urxentes nas instalacións de abastecemento de auga potable.

51.541,37 €

21.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Irixoa para a execución do proxecto de mellora do firme da vía Semilleiro-O Cerro, na parroquia de Churio.

48.000,00 €

24.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Oroso para a execución do proxecto denominado Adquisición dunha máquina para a limpeza ambiental.

14.363,00 €

24.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Outes para a execución do proxecto denominado Adquisición de máquina de limpeza ambiental.

14.362,70 €

24.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Fisterra para a execución do proxecto denominado Construción de beirarrúa peonil na rúa Mixirica e arranxo da capa de rodadura na vía.

45.461,88 €

28.10.2025

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Entidade American Tower España, S.L. sobre as condicións da concesión demanial da utilización dun espazo no campo de fútbol do Couto, no concello de Ourense, para a continuidade da actividade da base de telecomunicacións instalada nese espazo.

0 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Real Federación Española de Taekwondo para o desenvolvemento dun programa deportivo de tecnificación estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

30.10.2025

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Xunta de Galicia, e o Concello de Muíños para equipamentos para instalacións deportivas no concello de Muíños.

18.059,25 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cerdido para a adquisición dun vehículo eléctrico para o Servizo de Medio Ambiente do Concello.

33.275,00 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello das Neves para a execución do proxecto de renovación da iluminación deportiva no campo de fútbol municipal Pepe Capón.

54.998,61 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Avión para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

30.396,87 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Baltar para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

28.574,78 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello do Barco de Valdeorras para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

120.500,00 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Camariñas para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

262.798,01 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Cañiza para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

3.067,44 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cartelle para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

5.257,35 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Gudiña para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

43.535,91 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Larouco para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

232.565,17 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Leiro para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

22.530,33 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Monterrei para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

225.734,97 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Quiroga para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

287.845,93 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ribadavia para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

6.433,19 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Riós para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

69.786,93 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Rúa para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

263.714,48 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Rubiá para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

192.110,96 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Salceda de Caselas para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

69.591,81 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Salvaterra de Miño para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

7.825,80 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Toques para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

39.625,84 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Veiga para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

212.110,96 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilamartín de Valdeorras para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

287.845,92 €

30.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilariño de Conso para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

132.110,95 €

30.10.2025

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilasantar para a mellora das infraestruturas vinculadas á prestación do servizo municipal de iluminación pública.

16.726,27 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Carral para a execución do proxecto denominado mellora do pavimento das beirarrúas da avenida dos Mártires.

47.160,48 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Beade para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

5.993,02 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Carballeda de Avia para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

287.845,93 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Carballeda de Valdeorras para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

47.066,40 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cualedro para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

243.937,82 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Laza para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

156.259,70 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Maceda para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

62.854,97 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Mezquita para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

7.937,08 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Oímbra para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

230.962,17 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Pantón para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

18.391,07 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de San Cibrao das Viñas para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

51.930,09 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilaboa para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

7.485,70 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilar de Barrio para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

28.764,27 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Manzaneda para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

80.127,28 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Melón para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

216.761,21 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Montederramo para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

33.596,89 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello das Neves para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

48.752,15 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Petín para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

13.637,49 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Pobra de Trives para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

169.000,00 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ponteceso para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

64.468,77 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Sober para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

24.435,12 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Xinzo de Limia para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

36.522,64 €

3.11.2025

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade e mais o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

130.000,00 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade e mais o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

40.000,00 €

3.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello do Bolo para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

231.166,18 €

4.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Chandrexa de Queixa para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

57.840,61 €

5.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Viana do Bolo para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

250.207,37 €

5.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilardevós para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025.

80.092,47 €

5.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Castrelo de Miño para a execución do proxecto de reparación urxente da cuberta, carpintaría exterior e sistema de iluminación dos vestiarios do Parque Náutico de Galicia.

48.000,00 €

6.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilamartín de Valdeorras para a execución do proxecto denominado actuacións urxentes de desentullo nos núcleos da Aldea e Os Chenlos.

47.322,31 €

6.11.2025

Addenda de prórroga e modificación ao convenio entre o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e as comunidades autónomas con traspaso de funcións en materia de provisión de medios persoais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza para establecer o sistema de representación das comunidades autónomas no Consello Asesor de Asistencia ás Vítimas.

0 €

6.11.2025

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello da Avogacía Galega para compensar os profesionais da avogacía designados en virtude de requirimento xudicial ou pola asistencia prestada á persoa detida ou investigada cando non exista un recoñecemento expreso do dereito de asistencia xurídica gratuíta.

100.000,00 €

7.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e Concello do Pino para o acondicionamento do acceso á parada do autobús interurbano en Santiso (Castrofeito), termo municipal do Pino.

17.184,71 €

7.11.2025

Addenda segunda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (actual Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e o Concello de Ferrol para o desenvolvemento do proxecto denominado Ferrol, cidade do deporte.

0 €

13.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Universidade de Santiago de Compostela para realizar medicións de concentración de gas radon nos edificios xudiciais durante os anos 2025 e 2026.

43.610,82 €

13.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e as organizacións non gobernamentais Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asamblea de Cooperación por la Paz para a execución do proxecto Activistas polo mundo que queremos 2025-2026.

69.988,00 €

13.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Viveiro para a execución do proxecto obras de urxencia para a mellora da eficiencia enerxética e seguridade na piscina municipal.

48.324,48 €

17.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello do Pino para a adquisición dun brazo rozador para a protección e o mantemento do medio natural.

40.000,00 €

19.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, para a instalación dunha carpa para unha pista de xeo natural no Concello de Ribeira no Nadal de 2025.

14.000,00 €

21.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Viveiro para a execución do proxecto de obras de urxencia para a mellora da eficiencia enerxética e seguridade no pavillón polideportivo municipal.

48.355,69 €

21.11.2025

Addenda pola que se modifica o convenio de colaboración subscrito o 4 de xuño de 2025 entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), para a realización dun proxecto de adaptación de documentos xudiciais á lectura fácil en 2025.

2.500,00 €

21.11.2025

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cortegada para a execución do proxecto denominado mellora da envolvente térmica da vivenda comunitaria.

0 €

24.11.2025

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Oroso para a execución do proxecto denominado mellora do illamento térmico da Escola Unitaria de Vilacide.

0 €

24.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Expobús Iberia 2025, IV Feira do transporte de viaxeiros por estrada.

14.950,00 €

24.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Boborás para a finalización das obras de mellora e adecuación do módulo de vestiarios e salas anexas do pavillón polideportivo municipal de Boborás.

40.000,00 €

25.11.2025

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Mondariz para a adquisición dun camión compactador para a recollida de residuos de competencia municipal.

0 €

27.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a aplicación das tarxetas da mobilidade de Galicia (TMG e TMG Xente Nova).

606.684,08 €

27.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Galega contra o Narcotráfico para a realización do programa Adestrar sen pantallas, gañar en saúde.

0 €

1.12.2025

2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e a Fundación Pública Galega Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para regular o réxime de coordinación da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento da pista de atletismo cuberta do recinto feiral e deportivo de Expourense, na cidade de Ourense.

120.000,00 €

2.12.2025

Addenda pola que se modifica o convenio de colaboración subscrito o 9 de xuño de 2025 entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a colaboración na emisión de informes periciais psicolóxicos.

24.000,00 €

2.12.2025

Addenda pola que se modifica o convenio de colaboración subscrito o 13 de xuño de 2025 entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Asociación Nacional de Peritaxe Social para a colaboración na emisión de informes de traballo social.

10.000,00 €

3.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Unión de Federacións Deportivas Galegas para o desenvolvemento do proxecto Deixa xogar contra a violencia no deporte no ano 2025.

25.000,00 €

9.12.2025

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 23 de xullo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a anticipación de actuacións de promoción do transporte público que se implantarán a través da constitución da Área de Transporte de Galicia.

0 €

9.12.2025

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Xunta de Galicia e o Concello de Ortigueira para a mellora de parque biosaudable en Ortigueira.

17.560,73

11.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Universidade de Santiago de Compostela, para a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro (2025 transferencia de crédito).

350.000,00 €

11.12.2025

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Fundación Unicef Comité Español para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

30.000,00 €

11.12.2025

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

30.000,00 €

11.12.2025

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 13 de decembro de 2023 entre a Xunta de Galicia e a Naviera Mar de Ons, S.L. para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

0 €

11.12.2025

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 13 de decembro de 2023 entre a Xunta de Galicia e a Naviera de las Rías Gallegas, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

0 €

11.12.2025

Convenio entre o Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), Portos do Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña para o financiamento conxunto da contratación do servizo de elaboración do máster plan, anexos e documentos derivados para o desenvolvemento do proxecto Coruña marítima e da asistencia técnica durante o desenvolvemento do procedemento de licitación.

552.500,00 €

12.12.2025

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 13 de decembro de 2023 entre a Xunta de Galicia e a Naviera Illa de Ons, S.L. para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Moaña-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

0 €

13.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o Concello de Curtis e a empresa UTE Hércules, para a implantación dun servizo de interese municipal (SIMU).

0 €

23.12.2025

Addenda segunda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Portos de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Moaña para a execución das obras de reforma e mellora da nave de deportes náuticos no porto de Moaña.

0 €

30.12.2025

3ª addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (actual Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e a Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para regular o réxime de coordinación da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do módulo de atletismo instalado no pavillón núm. 5 do Ifevi.

120.000,00 €

30.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro (anticipado de gasto).

400.000,00 €

30.12.2025

ANEXO II
Convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
no segundo cuadrimestre de 2025

Convenio

Achega económica da consellería

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Agrupación Deportiva Escolar A Limia para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar.

3.000,00 €

8.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Agrupación Deportiva Escolar Condado Paradanta para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar.

6.000,00 €

8.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Agrupación Deportiva Escolar Baixo Miño para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar.

7.500,00 €

19.5.2025