De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por promoción interna e de provisión por mobilidade no corpo da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado mediante a Orde do 24 de outubro de 2025 (DOG núm. 213, do 4 de novembro), e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o acceso por promoción interna e de provisión por mobilidade no corpo da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial.
A Estrada, 21 de xaneiro de 2026
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo de acceso por promoción interna e de provisión por mobilidade no corpo da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial.
– Tribunal titular:
Presidente: Ángel Arjona Bernáldez, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
Vogais:
Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.
Francisco Carro Rey, inspector principal do corpo da Policia Local do Concello da Coruña.
Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.
– Tribunal suplente:
Presidenta: Enma Doval Pérez, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: María Rey Rivera, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Vogais:
Pablo Pérez Asorey, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Lalín.
Fernando Lozano Selles, inspector do corpo da Policía Local do Concello do Barco de Valdeorras.
Estrella del Rocío Rúa Piñeiro, xefa de sección do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.
