DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2026 Páx. 8445

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na publicación da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 252, do 31 de decembro de 2025, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 67369, na disposición derradeira terceira, punto 2, letra d), onde di:

«d) A dedución pola adquisición de libros de texto e material escolar, prevista no apartado vinte e cinco do artigo 5 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, na redacción dada por esta lei, que producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, segundo o disposto na disposición adicional cuarta».

Debe dicir:

«d) A dedución pola adquisición de libros de texto e material escolar, prevista no punto vinte e cinco do artigo 5 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, na redacción dada por esta lei, que producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, segundo o disposto na disposición adicional quinta».